Administración Local

Municipal

Cabanas

Conta Xeral exercicio 2008

EDICTO

Formulada e rendida a conta xeral do orzamento desta Entidade correspondente ao exercicio de 2008, sométese a información pública, xunto cos seus xustificantes e o informe da Comisión Especial de Contas, durante quince días contados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Neste prazo e oito días máis, os interesados poderán presentar reclamacións reparos ou observacións, as cales serán examinadas pola devandita Comisión que practicará cantas comprobacións estime necesarias, emitindo novo informe, antes de somete-las o Pleno da Corporación, para que poidan ser examinadas e –no seu caso- aprobadas, de conformidade co disposto no artigo 212, números 2 y 3 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

Cabanas, 7 de xullo de 2009.

O Alcalde

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2009/10501