Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación inicial modificación taxa polo servizo de axuda no fogar

EDICTO

O Pleno da Corporación na sesión extraordinaria realizada o día 25 de xuño de 2009 acordou:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa polo servizo de axuda no fogar, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 17 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Cabanas, 20 de xullo de 2009.

O Alcalde

Asdo.: Germán Castrillón Permuy

2009/11284