Administración Local

Municipal

Cabanas

Convocatoria probas selectrivas para provixión dunha praza de auxiliar administrativo

EDICTO

Por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión realizada o 26 de agosto de 2009, aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo deste concello de Cabanas, por promoción interna, mediante concurso oposición. No cumprimento do devandito acordo faise pública a convocatoria para a provisión da devandita praza.

BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN POR PROMOCIÓN INTERNA DUNHA PRAZA DE FUNCIONARIO AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL DO CONCELLO DE CABANAS.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria e a provisión en propiedade a través do sistema de concurso oposición, pola quenda de promoción interna, dunha praza de auxiliar de administración xeral, vacante no cadro de persoal e incluída na oferta de emprego público correspondente o ano 2009.

O posto de traballo de referencia cubrirase en base os criterios de publicidade de convocatoria, igualdade, mérito e capacidade dos candidatos, de conformidade co establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Lei 30/1984, de 2 de agosto, Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo polo que se aproba o Texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia; Real Decreto 364/95, do 10 de marzo, Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, Lei 7/2007, de 12 de abril, e disposicións concordantes que resulten de aplicación.

2. Características da praza.

2.1. Esta praza está incluída no cadro de persoal funcionario de carreira do Concello de Cabanas, escala de Administración Xeral, subescala auxiliar, denominación do posto auxiliar administrativo, dotada cos niveis e retribucións que se detalla na Relación de Postos de Traballo aprobada polo Pleno da Corporación en data 13 de maio de 2009.

2.2. O cometido funcional deste posto de traballo encádrase dentro da área de Secretaría-Intervención, consistindo as súas funcións nas establecidas na Relación de Postos de Traballo aprobada polo Pleno da Corporación en data 13 de maio de 2009.

2.3. A persoa que obteña a praza obxecto desta convocatoria estará sometida ó réxime de incompatibilidades que establece a Lei 53/1984, do 26 de decembro e disposicións concordantes.

3. Requisitos dos aspirantes.

Para tomar parte no proceso selectivo os aspirantes ademais dos requisitos xerais establecidos no artigo 56 do EBEP e disposicións concordantes, deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de carreira do Concello de Cabanas e pertencer á escala de Administración Xeral, Subescala de Subalternos, e grupo de clasificación outras agrupacións profesionais (antigo grupo E).

b) Ter unha antigüidade de, cando menos, dous anos na escala de Administración Xeral, subescala de subalternos, estando en servizo activo no concello de Cabanas.

c) Estar en posesión do titulo de graduado en ESO, Graduado escolar ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes da data en que remate o prazo de solicitudes

Todos estes requisitos deberán ser referidos a data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

4. Solicitudes.

4.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán presentar solicitude no modelo que figura como Anexo I, dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas na que se fará constar:

Que reúne todos e cada un dos requisitos establecidos nas bases desta convocatoria, e se compromete no caso de obte-la praza a cumprir con tódolos requisitos que a lexislación vixente establece para o persoal ó servicio das administracións públicas.

4.2. As solicitudes presentaranse no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado, no Rexistro Xeral do Concello de Cabanas, en horas de nove a trece, en calquera dos días laborables do prazo indicado, ou nos lugares que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

4.3. Xunto coa solicitude achegaranse os xustificantes dos méritos alegados para a fase de concurso, que deberán ser orixinais ou fotocopias compulsadas.

5. Admisión de aspirantes e comezo das probas.

5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde-Presidente do Concello, dictará resolución no prazo máximo de vinte días, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos, a cal publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, indicando no seu caso, as causas de exclusión e concedendo un prazo de dez días hábiles ós aspirantes excluídos para rectificación de erros ou reclamacións de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que serán resoltas pola Presidencia da Corporación.

5.2. Nesta resolución, a Presidencia aprobará a lista definitiva e determinará o lugar e data de comezo dos exercicios, orde de actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente e a composición nominal do Tribunal cualificador.

5.3. A publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia servirá de emprazamento os/as opositores/as para o comezo das probas selectivas. Os anuncios de realización das restantes probas publicaranse sucesivamente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

5.4. As probas selectivas non poderán comezar ata transcorridos dous meses dende a data da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador que estará constituído segundo os criterios establecidos no artigo 60 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, contará cos seguintes membros:

Presidente: O Secretario da Corporación.

Vocais: Tres funcionarios designados pola Alcaldía.

Secretario: Un funcionario de habilitación de carácter estatal.

Para cada un dos membros do Tribunal designarase un suplente.

A pertenza ao tribunal, órgano de selección, será a título individual, non podendo ostentar esta en representación ou por conta de ninguén; e non poderán formar parte do mesmo o persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.

6.2. O nomeamento das persoas que constituirán o Tribunal cualificador e suplentes realizarase por resolución da Alcaldía, debendo posuír, en calquera caso, titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza que se convoca. Poderanse nomear asesores do tribunal, que deberán facerse públicos xunto con el, e que poderán actuar con voz e sen voto.

6.3. O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes. En todo caso, requírese a asistencia do Presidente e do Secretario.

6.4. Os membros do Tribunal deberan absterse de intervir, notificando ó superior inmediato, cando concorran circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Así mesmo, os interesados poderán promove-la recusación de acordo co sinalado no artigo 29 da citada Lei.

6.5. O Tribunal resolverá, por maioría de votos dos membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolve-las cuestións que poidan suscitarse durante a realización do concurso-oposición, así como para adopta-las medidas necesarias que garantan a debida orde daquel en todo o que non estea previsto nestas bases.

As resolucións do Tribunal vinculan a Administración, sen prexuízo de que esta, no seu caso, poida proceder a revisión de acordo co previsto nos artigos 102 e seguintes da Lei 30/1992; neste caso deberán practicarse de novo as probas ou trámites afectados polas irregularidades.

6.6. Os membros do Tribunal, así como de se-lo caso, os asesores, terán dereito por concorrencia ás sesións, ó pagamento de asistencias na contía establecida, de conformidade co previsto no artigo do Real Decreto 462/2002, do 24 de maio.

7. Procedemento de selección.

O sistema de selección será o de concurso oposición. As probas selectivas serán de carácter teórico e práctico, terán carácter eliminatorio, non podendo pasar á proba seguinte sen supera-la anterior.

O procedemento de selección dos aspirantes constará de dúas fases: a primeira de concurso e a segunda de oposición.

A) Fase de concurso. Será previa a de oposición, non terá carácter eliminatorio, nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición

Consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados documentalmente polos aspirantes, de acordo seguinte baremo:

a) Experiencia profesional:

- Por servicios prestados no Concello de Cabanas na subescala do grupo E, 1 punto por ano, máximo 5 puntos.

b) Formación:

- Por cursos realizados sobre aplicacións informáticas Ágora relativos arquivo oficina, internet, correo electrónico, tratamento de textos, e rexistro impartidos pola Deputación Provincial ou sobre Eido Local impartidos pola EGAP ata 15 horas 0,30 puntos por curso, e de mais de 15 horas, 0,50 puntos por curso, máximo 3 puntos.

- Por cursos oficiais de linguaxe galega de perfeccionamento ou superior 1 punto, solo se valorará un curso.

O Tribunal examinará os méritos alegados e xustificados polos aspirantes. A cualificación da fase de concurso realizarase sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de asistentes, constituíndo o cociente a cualificación desta fase.

B) Fase de oposición. Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

a) Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio: Consistirá en contestar por escrito no tempo máximo de sesenta minutos un cuestionario de trinta preguntas con respostas alternativas relacionadas coas materias comprendidas no programa que figura no Anexo

b) Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio: Consistirá en realizar un suposto práctico proposto polo Tribunal, relacionado coas funcións propias do posto de traballo no tempo máximo de trinta minutos.

c) Terceiro exercicio: Consistirá en traducir do castelán ó galego un texto sinalado polo tribunal nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio cualificarase como “apto” ou “non apto”

Estarán exentos de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten a súa capacidade mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de lingua galega Celga 4, ou equivalente expedido polo organismo oficial competente, no prazo de presentación de instancias

8. Cualificación das probas.

8.1. As probas serán cualificadas polo Tribunal de acordo co seguinte baremo: o primeiro e segundo exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos e será preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos en cada un deles para superalos. A puntuación total obterase sumando a obtida en tódolos exercicios.

8.2. A cualificación de cada proba será o resultado de dividi-la suma das puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal entre o número de asistentes ó mesmo.

8.3. A puntuación final obterase sumando as obtidas nas fases de concurso e de oposición.

9. Relación de aprobados e proposta do Tribunal.

9.1 Rematada a cualificación das probas, o Tribunal publicará a relación dos aprobados pola orde de puntuación, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. O Tribunal non poderá, en ningún caso, aprobar ou declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas; calquera proposta que contradiga este mandato será nula de pleno dereito.

9.2. Con pleno sometemento ás determinacións dos apartados anteriores, o Tribunal elevará proposta á Alcaldía-Presidencia, xunto coa acta da última sesión realizada, para que proceda ó nomeamento correspondente.

10. Presentación de documentos.

10.1. No prazo de vinte días naturais, contados dende o seguinte ó da publicación da relación de aprobados no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, o/a aspirante aprobado/a deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello os seguintes documentos:

a). Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, xunto co seu orixinal para a súa compulsa.

b). Fotocopia do título de Graduado en ESO, Graduado Escolar, Formación profesional de primeiro grao ou equivalente. No suposto de que se alegue estar en posesión dun título equivalente, deberá achegarse certificación do órgano competente acreditativa da equivalencia.

c). Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que imposibilite o normal exercicio da súa función.

d). Declaración xurada de non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

e). Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade, de conformidade coa lexislación vixente, referida ó momento da súa toma de posesión.

10.2. Tendo a condición de funcionario de carreira ó servicio da Administración Pública, o/a proposto/a, estará exento de xustificar as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación acreditativa da súa condición e circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos.

10.3. O que dentro do prazo indicado, agás nos casos de forza maior, non presentase a documentación esixida, non poderá ser nomeado, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera incorrer por falsidade na solicitude.

13. Nomeamento e toma de posesión.

13.1. Cumpridos os requisitos precedentes o Presidente da Corporación efectuará o nomeamento do/a aspirante proposto/a.

13.2. Notificado o nomeamento, o/a interesado/a deberá tomar posesión no prazo máximo de vinte días naturais, contados dende a súa notificación. Neste prazo resolverase, de se-lo caso, o disposto na Lei 53/84, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades.

14. Impugnación e recursos.

As presentes bases e cantos actos administrativos se deriven desta convocatoria e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

ANEXO I

Modelo de solicitude:

Don/dona………………………, provisto do D.N.I. número……………………, con domicilio, para os efectos de notificación, en rúa……………………….., localidade,……………………….. provincia……………….teléfono……………………,

EXPOÑO:

Que vista a convocatoria publicada polo Concello de Cabanas no B.O.P. nº.......de data .........de.......de 200.., desexo participar nas probas selectivas por promoción interna para o acceso á praza de auxiliar de Administración Xeral, vacante no cadro de persoal .

Declaro que reúno todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria, referidas a data de remate do prazo de presentación de instancias sinalado nas bases que declaro coñecer, e que me comprometo no caso de obte-la praza a cumprir con tódolos requisitos que a lexislación vixente establece para o persoal das Administracións Públicas.

Que a tal efecto achego a seguinte documentación:

-Fotocopia do D.N.I.

-Xustificantes dos méritos alegados para a fase concurso:

................................................................................................

...............................................................................................

................................................................................................

................................................................................................

................................................................................................

SOLICITO:

Ser admitido/a no concurso-oposición para prove-la praza indicada.

Cabanas,......de...............de 200....

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS

ANEXO II

Programa.

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Características e estructura. Principios xerais.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.

Tema 3.-A Coroa. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

Tema 4.-A Administración do Estado: O Goberno, O Presidente do Goberno. Os Ministros.

Tema 5.-A organización territorial do Estado. As Comunidades Autónomas. A Administración Local.

Tema 6.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia. A Xunta e o seu presidente. Os Conselleiros. O Valedor do Pobo.

Tema 7.-A Administración local. Entidades que comprende. Regulación actual.

Tema 8.-O concello. O termo municipal. A poboación e o empadroamento.

Tema 9.-O alcalde. Os concelleiros.

Tema 10.-O Concello Pleno. A Xunta de Goberno Local. Delegacións. Comisións informativas.

Tema 11.-Os órganos colexiados locais: convocatorias, orde o día, actas e certificacións de acordos.

Tema 12.-0 procedemento administrativo local. Principios xerais. O rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 13.-Ordenanzas e regulamentos municipais. Os tributos locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 14.-O orzamento das entidades locais. Concepto. Clasificación de ingresos. Clasificación de gastos. Procedemento de aprobación.

Tema 15.-Os contratos administrativos na esfera local. Selección do contratista e adxudicación dos contratos.

Tema 16.-Os bens das entidades locais. Concepto. Clasificación.

Tema 17.-Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18.-O Estatuto básico do empregado público. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. A función pública local: Clases de funcionarios.

Tema 19.-Réxime xurídico dos funcionarios locais. Formación e perfeccionamento. A carreira administrativa. Situacións administrativas. Dereitos e deberes dos empregados públicos locais. Réxime económico. Responsabilidade e réxime disciplinario.

Tema 20. O Concello de Cabanas. Descrición e división territorial.Organización municipal de Cabanas. Servicios Públicos municipais de Cabanas.

Cabanas, 28 de agosto de 2009.

O Alcalde accidental.

Asdo. José C. Rey García.

2009/12976