Administración Local

Municipal

Cabanas

Liquidación auga e saneamento 3º T/2009.

EDICTO

Aprobado por resolución desta Alcaldía de data 10 de novembro de 2009 o resumo de facturación e padrón de contribuíntes correspondente o 3ºT/2009 polo servicio de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración, sométese a información pública na Secretaría do Concello polo prazo de quince días contados a partir da publicación do presente anuncio no B.O.P. a efectos de exame e reclamacións.

Cabanas, 10 de novembro de 2009.

O Alcalde

Asdo.: Germán Castrillón Permuy.

2009/16735