Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación inicial modificación Ordenanzas fiscais

EDICTO

O Pleno da Corporación na sesión extraordinaria realizada o día 6 de novembro de 2009 acordou:

1º. Aprobar provisionalmente a modificación dos tributos locais, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora que a seguir se detalla:

-Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

-Imposto sobre Bens Inmobles.

2º. Someter a información pública os referidos acordos e o texto das ordenanzas reguladoras, polo prazo de trinta días, publicando a tal efecto anuncio no B.O.P. e no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3º. No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, os acordos adoptados entenderanse definitivamente aprobados.

O que se fai público no cumprimento no disposto no artigo 17 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, incluíndose como Anexo ó presente Edicto o Texto das Ordenanzas mencionadas no apartado 1º.

Cabanas, 9 de novembro de 2009.

O Alcalde,

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

ORDENANZA FISCAL NÚMERO 1. REGULADORA DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

Artigo 1º. Fundamento legal.

No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como no Título II, artigos 92 e seguintes, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regúlase mediante a presente Ordenanza fiscal o exercicio das facultades deste Concello sobre o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

Artigo 2º. Natureza e feito impoñible.

1.- O Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular pola vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

2.-Considerarase vehículo apto para a circulación o que se matriculou nos rexistros públicos correspondentes e mentres non cause baixa neles. Para os efectos deste imposto, tamén se consideraran aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.

3.-Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ós desta natureza, así como, os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilos.

Artigo 3º. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos deste imposto as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.

Artigo 4º. Bases e cota tributaria.

1.-De conformidade co previsto no artigo 95. 1 e 4 do Texto Refundido da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o coeficiente de incremento das cotas e tarifas do IVTM aplicable neste Concello serán os seguintes:

Potencia y clase de vehículo

Coeficiente

Cota

A)Turismos

-De menos de 8 cabalos fiscais

1,20

15,14

-De 8 ata 11,99 cabalos fiscais

1,20

40,90

-De 12 ata 15,99 cabalos fiscais

1,20

86,33

-De 16 ata 19,99 cabalos fiscais

1,20

107,53

-De 20 cabalos fiscais en adiante

1,30

134,40

B)Autobuses

-De menos de 21 prazas

1,20

99,96

-De 21 a 50 prazas

1,20

142,37

-De mais de 50 prazas

1,20

177,96

C) Camións

-De menos de 1.000 Kg. de carga útil

1,20

50,74

-De 1.000 a 2.999 Kg. de carga útil.

1,20

99,96

-De 2.999 a 9.999 Kg. de carga útil

1,20

142,37

-De mais de 9.999Kg. de carga útil

1,20

177,96

D)Tractores

-De menos de 16 cabalos fiscais

1,20

21,20

-De 16 a 25 cabalos fiscais.

1,20

33,32

-De mais de 25 cabalos fiscais.

1,20

99,96

E)Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción

mecánica:

 

 

-De menos de 1.000 e mais de 750 Kg. de carga útil

1,20

21,20

-De 1.000 a 2.999 Kg. de carga útil.

1,20

33,32

-De mais de 2.999 Kg. de carga útil.

1,20

99,96

F) Outros vehículos:

-Ciclomotores

1,40

6,19

-Motocicletas ata 125cc.

1,50

6,63

-Motocicletas de mais de 125cc ata 250cc.

1,40

10,60

-Motocicletas de mais de 250cc ata 500cc.

1,40

21.21

-Motocicletas de mais de 500cc ata 1.000cc.

1,40

42.41

-Motocicletas de mais de 1.000cc.

1,40

84,81

2.-A efectos de aplicación das tarifas e determinación das diversas clases de vehículos, estarase o disposto no Real Decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro polo que se aproba o regulamento xeral de vehículos e outras disposicións complementarias.

3.- En todo caso, a rúbrica xenérica tractores a que se refire o epígrafe D) do cadro de tarifas comprenderá os tracto-camións e tractores de obras e servizos.

Os vehículos definidos como mixtos, todo terreo, mixtos adaptables, mixto todo terreo, furgoneta mixta, furgón mixto adaptable e semellantes polo literal da clave numérica reflectida na ficha técnica, tributarán como turismo, pola súa potencia fiscal, agás nos seguintes casos:

- Si o vehículo está autorizado para o transporte de mais de nove persoas, incluído o conductor, tributará como autobús.

- Si o vehículo está autorizado para o transporte de mais de 750 kg de carga útil, tributará como camión.

- Os motocarros tributarán como outros vehículos no epígrafe F) segundo a súa potencia fiscal.

- Os vehículos articulados tributarán simultaneamente e por separado o vehículo que leve a potencia de arrastre e o/s remolque/s ou semirremolque/s arrastrados.

- Os vehículos denominados autocaravanas serán considerados como furgonetas ós efectos deste imposto.

Artigo 5º. Exencións.

1. Estarán exentos do imposto:

a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.

b) Os vehículos de representación diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.

Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.

c) Os vehículos respecto dos cales así se derive do disposto en tratados ou convenios internacionais.

d) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria, ou ao traslado de feridos ou enfermos.

e) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida que se refire a letra A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as devanditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.

As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultáneamente.

Para os efectos do disposto neste parágrafo, se consideran persoas con minusvalía quen teña esa condición legal en grao igual ou superior ao 33 por cento.

f) Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servicio de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do conductor.

g) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos da libreta de inspección agrícola.

2. Para poder gozar das exención a que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar súa concesión, con anterioridade ao devengo do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matricula, a causa do beneficio e acreditar mediante a presentación da documentación na que consten a realidade do alegado. A notificación na que se resolva a concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia. Esta solicitude deberá renovarse cada ano presentando os documentos necesarios. En caso de presentar a solicitude con posterioridade ao devengo do imposto, a concesión da exención terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.

Xunto coa petición de exención regulada no parágrafo e) do apartado 1 deste artigo os interesados deberán adxunta - la seguinte documentación:

Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:

a’). Fotocopia do certificado do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste o grao e a clase de discapacidade padecida.

b’). Fotocopia do permiso de conducción (anverso e reverso). Exhibición do orixinal no momento da presentación.

c’). Fotocopia do permiso de circulación a nome do minusválido. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

d’). Fotocopia da póliza de seguro do vehículo no que figure o conductor habitual do mesmo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

e’). Fotocopia DNI.

f’). Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

g’). Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.

h’). Estar empadroado no Concello de Cabanas.

En caso de que o que se solicite sexa unha renovación da exención, tan só deberán aportarse os documentos indicados en a’) e d’). Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por todos os conceptos.

Vehículos destinados ao transporte de minusválidos:

a’’). Fotocopia do certificado do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste ademais do grao de minusvalía, si o minusválido ten necesidade de asistencia de terceiras persoas e si ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.

b’’). Fotocopia do permiso de circulación a nome do minusválido. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

c’’). Fotocopia da póliza de seguro do vehículo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

d’’). Fotocopia DNI do minusválido e do conductor habitual do vehículo.

e’’). Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

f’’). Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.

g’’). Estar empadroado no Concello de Cabanas.

En caso de que o que se solicite sexa unha renovación da exención, tan só deberán aportarse os documentos indicados en a’’) e c’’). Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por todos os conceptos, así como ao oportuno informe, en caso necesario da policía local.

As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por mais dun vehículo simultaneamente.

Non se considerará que o vehículo é para uso exclusivo do minusválido, e polo tanto non se entenderá xustificado o destino de dito vehículo, cando do certificado expedido pola Consellería de Asuntos Sociais non se deduza que o minusválido ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.

Artigo 6º. Bonificacións.

Establécese unha bonificación do 100 por cento da cota do imposto, para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vintecinco anos, contados a partir da data da súa fabricación. Se non se coñecese a data da súa fabricación, tomarase como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data no que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.

Para gozar desta bonificación os interesados deberán solicitar a súa concesión indicando as características do vehículo e matrícula achegando os documentos xustificativos que acrediten o dereito a bonificación

Artigo 7º. Período impositivo e obriga de contribuír.

1.-O período impositivo coincide co ano natural, agás no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso, o período impositivo comezará o día no que se produza a adquisición.

2.-O imposto percibirase no primeiro día do período impositivo.

3.-O importe da cota do imposto repartirase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa do vehículo.

4.-O pagamento do imposto acreditarase mediante a declaración-liquidación ou recibo debidamente validado pola entidade recadadora.

Artigo 8º. Normas de xestión.

1.-A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria corresponde ó Concello do domicilio no que conste o permiso de circulación do vehículo, e por delegación á Deputación Provincial da Coruña.

2.-No caso de primeira adquisición dun vehículo ou cando este se reformen de maneira que altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, o suxeito pasivo presentará no lugar que determine a Deputación Provincial da Coruña, no prazo de trinta días, contados dende a data da adquisición ou reforma, a declaración-liquidación por este imposto segundo o modelo aprobado pola mesma Corporación. Achegarase a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, o certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou o código de identificación fiscal do suxeito pasivo.

Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante dela. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que a oficina xestora non comprobe que se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto. A autoliquidación formulada polo suxeito pasivo suporá a alta no correspondente padrón do imposto.

3.- No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación en exercicios anteriores, a recadación das correspondentes cotas tributarias realizarase mediante a expedición de recibos en base a un padrón anual no que figurarán todos os vehículos suxeitos ó imposto que figuren inscritos no correspondente rexistro público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste termo municipal.

O padrón do imposto expoñerase ao público por un prazo de vinte días para que os interesados poidan examinalo e, de ser o caso, formular as reclamacións oportunas.

Dita exposición pública anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación colectiva á que se refire o artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Non será necesaria a notificación expresa das modificacións do padrón do imposto cando estas sexan consecuencia de declaracións, documentos ou impresos presentados polo suxeito pasivo.

Artigo 9º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria, e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal derroga a publicada no BOP do 23 novembro de 2007, entrará en vigor o día seguinte ó da publicación de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 se xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ORDENANZA FISCAL Nº 2. REGULADORA DO IMPUESTO SOBRE BENS INMOBLES

Artigo 1º. Fundamento legal.

No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como no Título II, artigos 60 e seguintes, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regúlase mediante a presente Ordenanza fiscal o exercicio das facultades deste Concello sobre o Imposto sobre Bens Inmobles.

Artigo 2º. Natureza e feito impoñible.

O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo de carácter real, cuxo feito impoñible está constituído pola propiedade dos bens inmobles de natureza rústica e urbana sitos no termo municipal, ou pola titularidade dun dereito real de usufructo ou de superficie, ou pola titularidade dunha concesión administrativa sobre ditos bens ou sobre os servizos públicos ós que estean afectos e grava o valor dos referidos inmobles.

Artigo 3º. Tipo de gravame.

De acordo co previsto no artigo 72.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles neste municipio queda fixado nos seguintes termos:

1.-O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable ós bens de natureza urbana queda fixado no 0,55 por cento.

2.- O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable ós bens de natureza rústica queda fixado no 0,55 por cento.

3.- O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable os bens inmobles de características especiais, definidos no artigo 2.7 da Lei 48/2.002, de 23 de Decembro, Lei do Catastro Inmobiliario e sitos no termo municipal de Cabanas, queda fixado no 1,3 por cento.

Artigo 4º. Exencións.

1. Estarán exentos deste imposto os Bens Inmobles recollidos no artigo 62.1 e 2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais

2. De conformidade co disposto no artigo 62.4 do devandito Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, por criterios de eficiencia e economía na xestión de recadación do tributo, establécese unha exención por contía mínima que se aplicará da seguinte forma:

a) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza urbana que teñan unha cota líquida inferior ou igual a 3,00 euros.

b) Quedarán exentos os bens inmobles de natureza rústica dun mesmo suxeito pasivo sitos neste municipio que teñan unha cota líquida agrupada segundo o previsto no artigo 77.2 da referida lei inferior ou igual a 3,00 euros.

Artigo 5º. Bonificacións.

1. En virtude do artigo 73.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 50 % na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta e non figuren entre os bens do seu inmovilizado.

O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación das mesmas, sempre e cando durante ese período se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso poida exceder de tres períodos impositivos.

Para aproveitar a citada bonificación, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos:

a) Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construcción de que se trate, a que se fará mediante certificación do Técnico-Director competente delas, visado polo Colexio Profesional.

b) Acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria mediante a presentación dos Estatutos da Sociedade.

c) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado mediante a presentación de certificación do Administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a A.E.A.T., a efectos do Imposto sobre Sociedades.

d) A solicitude da bonificación pódese formular dende o momento no que se pode acreditar o inicio das obras.

2. Segundo o disposto no artigo 73.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ó outorgamento da cualificación definitiva, para as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia. Dita bonificación concederase a petición do interesado que poderá efectuarse en calquera momento anterior ó remate dos tres períodos impositivos de duración da mesma e producirá efectos no seu caso dende o período impositivo seguinte a aquel no que se solicite.

3. Terán dereito a unha bonificación do 95 % da cota íntegra e, no seu caso, do recargo do imposto a que se refire o artigo 153 da referida Lei, os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas.

4. En virtude do artigo 74.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aplicarase unha bonificación do 50 % na cota íntegra do imposto a favor de aqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, previa solicitude do interesado e previa acreditación por parte do mesmo desa condición, sempre e cando os bens inmobles sobre os que se pretenda aplicar a bonificación non teñan un valor catastral superior ós 25.000 euros.

Así mesmo deberá acreditarse por parte do interesado, que o inmoble sobre o que pretende que se lle aplique a bonificación, constitúe a súa vivenda habitual, e que están empadroados nela todos e cada un dos membros que constitúen a unidade familiar numerosa.

5. As bonificacións ás que fan referencia os apartados anteriores deste artigo terán carácter rogado, e será necesaria a acreditación do suxeito pasivo de estar incurso nalgún ou nos tres supostos establecidos para cada unha delas, presentando a documentación demostrativa dos mesmos.

No caso de concorrer simultaneamente máis dun suposto dos referidos nos parágrafos anteriores, aplicarase a bonificación que resulte mais vantaxosa para o suxeito pasivo.

Disposición adicional.

Para o non previsto nesta Ordenanza fiscal estarase ó disposto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal derroga a publicada no BOP do 23 de novembro de 2007, entrará en vigor o día seguinte ó da publicación de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

2009/16734