Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva modificación Ordenanzas fiscais

EDICTO

O Pleno da Corporación en sesión realizada o 6 de novembro de 2009 aprobou provisionalmente a modificación dos tributos e das correspondentes ordenanzas fiscais reguladoras seguintes:

- Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

- Imposto sobre bens inmobles.

Unha vez publicado o correspondente anuncio co texto das ordenanzas fiscais no B.O.P. número 246 de data 18 de novembro de 2009, sen que durante o prazo de exposición pública se houbese formulado reclamación algunha contra os referidos acordos, de conformidade co disposto no artigo 17.3 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, considérase dito acordo definitivamente adoptado.

Contra este acordo que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do contencioso ou do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o obxecto do devandito recurso, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende a data da notificación, sen prexuizo do exercicio de calquera outro recurso que se estime oportuno.

Cabanas, 28 de decembro de 2009.

O Alcalde,

Asdo.: Germán Castrillón Permuy.

2009/19225