Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva da delegación de competencias na Deputación Provincial

EDICTO

O Pleno da Corporación, en data 29 de xullo de 2009, acordou delegar na Deputación Provincial da Coruña as competencias para instrucción dos expedientes sancionadores por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

Unha vez sometido a información pública o devandito acordo polo prazo de trinta días hábiles, segundo anuncio publicado no BOP n.º 242, do 12 de novembro de 2009, sen que se presentasen alegacións, dito acordo quedou elevado a definitivo.

Cabanas, 12 de xaneiro de 2010.

O alcalde

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2010/517