Administración Local

Municipal

Cabanas

Inicio procedemento desafectación escolas unitarias de Porto

EDICTO.

O Pleno da Corporación en sesión realizada o 26 de marzo de 2010, acordou iniciar o procedemento para a desafectación dos edificios das escolas unitarias de Porto, para que deixen de estar destinados a centro escolar.

De conformidade co artigo 8 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, o expediente queda sometido a información pública polo prazo dun mes a contar desde o día seguinte o da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello; no devandito prazo os interesados poderán presentar as alegacións que estimen pertinentes.

Cabanas, 26 de marzo de 2009.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2010/4515