Administración Local

Municipal

Cabanas

Derrogación taxa comedor sobre rodas

EDICTO

O Pleno da Corporación en sesión realizada o 8 de xuño de 2010 acordou:

1º.-Aprobar provisionalmente a supresión do tributo local: Taxa polo servizo de comedor sobre rodas, así como a derrogación da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2º.-Someter a información pública este acordo polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.

3º.-No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior o acordo adoptado entenderáse definitivamente aprobado.

Cabanas, 15 de xuño de 2010.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2010/9802