Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación provisional modificación taxa licenzas urbanísticas

EDICTO

O Pleno da Corporación na sesión extraordinaria realizada o día 8 de xuño de 2010 acordou:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: Taxa por licenzas urbanísticas, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 17 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Cabanas, 15 de xuño de 2010.

O Alcalde,

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2010/9808