Administración Local

Municipal

Cabanas

Establecemento servizo público PAI “As Viñas” e aprobación provisional regulamento réxime interno

EDICTO

O Pleno da Corporación en sesión realizada o 26 de maio de 2010 acordou:

1º. Aproba-lo expediente tomando en consideración a memoria xustificativa e estudo de viabilidade realizado pola empresa Nordorián, para establecer a prestación do servizo de Punto de Atención a Infancia de As Viñas.

2º. Considerar como forma de xestión do servizo público do devandito PAI, a concesión administrativa.

3º. Aprobar inicialmente o Regulamento de réxime interno do Punto de Atención a Infancia de As Viñas.

4º. Someter o expediente aprobado coa documentación anexa e Regulamento de réxime interno a exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións, mediante anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

5º.–No caso de que non se presentaren reclamacións ou suxestións no prazo anterior, o acordo adoptado e Regulamento, entenderanse definitivamente aprobados, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

Cabanas, 30 de xuño de 2010.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2010/10310