Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva taxa servizo axuda no fogar

EDICTO

Non presentándose alegación durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno do Concello adoptado en data 8 de xuño de 2010, sobre modificación da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA FISCAL Nº 17 REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR.

Artigo 1. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 o 27 e 57, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, que constitúe un servizo público municipal que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, Regulamento municipal e disposicións da presente Ordenanza.

Artigo 2. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza, en concepto de suxeitos pasivos, aqueles que se beneficien dos servicios ou actividades do programa de axuda no fogar. Para ser beneficiario do devandito serevizo, estarase ó disposto no Regulamento Municipal de Axuda no fogar..

Artigo 3. Contía.

1.A contía da taxa regulada nesta Ordenanza fixarase de conformidade coas tarifas contidas no apartado seguinte, e a súa determinación ou liquidación realizarase no momento de concesión do servicio polo órgano municipal competente.

Para o cálculo dos ingresos de solicitantes e capacidade económica terase en conta o establecido ao efecto no regulamento municipal de axuda no fogar e a mencionada orde do 22 de xaneiro de 2009.

2.. Para obte-lo importe que deberá repercutirse a cada peresoa beneficiaria do servizo, aplicarase unha porcentaxe sobre o prezo/hora de custo do servizo, tomando como tal o fixado pola Comunidade Autónoma que para o ano 2009 é de 12,00 euros. No caso de non fixarse este prezo en exercicios futuros, dito prezo/hora incrementarase anualmento na porcentaxe en que se incremente o índice xeral de prezos de consumo mediante Resolución da Alcaldía que se publicará no Boletín Oficial da Provincia.

3.As tarifas da taxa regulada nesta ordenanza fixaranse de conformidade coas seguintes contías sobre a capacidade económica de acordo co establecido na presente ordenanza.

A) Persoas usuarias de acceso directo por Dependencia.

RENDAS PERSOAIS

% DO CUSTO HORA A ABOAR

Capacidade económica inferior ou igual o 100% do Iprem

Exentas

Capacidade económica superior ao 100% ata o 150% do IPREM

10 %

Capacidade económica superior ao 150% ata o 200% do IPREM

15%

Capacidade económica superior ao 200% ata o 300% do IPREM

20%

Capacidade económica superior ao 300 % ata o 350% do IPREM

30%

Capacidade económica superior ao 350 % ata o 450% do IPREM

40%

Capacidade económica superior ao 450% ata o 500% do IPREM

60%

Capacidade económica Superior ó 500% do IPREM

65%

B) Persoas usuarias de libre concorrencia (sen resolución de PIA de axuda no fogar a traves do Sistema Galego de Atencion á Dependencia)

RENDAS PERSOAIS

% DO CUSTO HORA A ABOAR

Capacidade económica inferior ou igual o 100% do IPREM

exentas

Capacidade económica superior ao 100% ata o 150% do IPREM

10%

Capacidade económica superior ao 150% ata o 200% do IPREM

15 %

Capacidade económica superior ao 200% ata o 300% do IPREM

20%

Capacidade económica superior ao 300% ata o 400% do IPREM

50%

Capacidade económica superior ao 400% ata 500% do IPREM

60%

Capacidade económica superior ao 500% do IPREM

65%

Artigo 4. Normas de xestión.

1. As solicitudes de prestación do servicio serán presentadas polos interesados no Rexistro Xeral do Concello, e despois do informe-proposta da Traballadora Social e da Inter-vención, serán resoltas pola Alcaldía.

2. As contías esixibles de acordo coas tarifas anteriores segundo a Resolución da Alcaldía, serán recadadas mensualmente pola Tesourería municipal.

3. O pagamento desta taxa realizarase polos beneficiarios, preferentemente mediante domiciliación bancaria.

Artigo 5. Obrigación de pagamento.

A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza, nace dende o día en que se inicie a prestación do servicio de axuda a domicilio, rateándose cando se liquiden meses incompletos. Posteriormente e con periodicidade mensual practicaranse liquidación a cargo dos beneficiarios, e no caso de non estar domiciliadas, serán notificadas ós mesmos para o seu ingreso na Tesourería municipal no prazo de oito días contados a partir do día seguinte o da notificación.

Artigo 6. Execcións e bonificacións.

1. Estarán exentos do pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os beneficiarios que os seus ingresos non acaden a contía mínima establecida no artigo 3.

Disposición final.

A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión realizada o oito de xuño de dous mil dez, derroga a publicada no BOP nº 210 de 25 de setembro de 2009, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir día primeiro do mes seguinte a súa entrada en vigor,continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Cabanas, 6 de agosto de 2010.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2010/11853