Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva modificación taxa por licenzas urbanísticas

EDICTO.

Non presentándose alegación durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno do Concello adoptado en data 8 de xuño de 2010, sobre modificación da taxa por licenzas urbanísticas, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS

Artigo 1. Fundamento e natureza.

Conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co previsto 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por outorgamento de licenzas urbanísticas, que se regulará pola presente Ordenanza.

Artigo 2. Feito impoñible.

1.Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación dos servizos técnicos e administrativos previos á concesión ou denegación das licenzas que preceptivamento deban solicitarse do Concello para a execución de calquera clase de construcción, instalación ou obra dentro do termo municipal, así como a prestación doutros servizos urbanísticos.

2. En concreto, e sin que a enumeración teña carácter limitativo, quedan englobados no feito impoñible da presente taxa os seguintes servizos urbanísticos:

a) Licenza de obras ou instalacións (icluídas obras de demolición, desmonte ou explanación).

b) Sinalamento de aliñacións e rasantes.

c) Licenzas de parcelación.

d) Cambio de titularidade ou transmisión de licenzas.

e) Consultas previas, informes e certificados urbanísticos.

f) Proxectos de delimitación de ámbitos de actuación, áreas de reparto ou unidades de execución.

g) Proxectos de compensación ou de reparcelación.

h) Expropiación forzosa a prol de particulares.

3. Non estarán suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan solicitantes da licenza ou servizo, ou que executen as construccións, instalacións ou obras sin obter previamente a preceptiva licenza.

2. En todo caso terán a condición de substitutos do contribuínte os promotores e contratistas das obras.

3. Os solicitantes e/ou titulares da licenza deberán facer constar na solicitude, se actúan no seu propio nome, ou en representación do contribuínte ou substituto do contribuínte, reflectindo, no seu caso, a autorización co nome, DNI e domicilio fiscal destes últimos.

Artigo 4. Responsables.

1. Responderán de forma solidaria da débeda trilbutaria, as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Base impoñible.

1. Constitúe a base impoñible da taxa:

a) O custo real e efectivo da obra civil, cando se trate de movementos de terra, obras de nova planta, modificación de estructuras ou aspecto exterior das edificacións existentes.

b) O valor que teñan sinalados os terreos e construccións a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles cando se trate de modificación do uso de edificios, segregacións, parcelacións e de demolición de construccións.

c) A superficie dos carteis de propaganda colocados en forma visible desde a vía pública.

d) A prestacións de servizos urbanístos nos outros casos.

2. Do custo sinalado nas letras a) e b), do número anterior, exclúese o correspondente á maquinaria e instalacións industriais e mecánicas.

Para determinar o custo real das obras do apartado a) estarase ao disposto na ordenanza do imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Artigo 6. Cota tributaria.

A cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible do artigo anterior o tipo de gravame que se fixa no 1,00 por 100 da mesma cunha cota mínima de 36,00 euros.

Para os informes urbanísticos, transmisión de licenzas, expedientes de iniciativa particular, certificacións urbanísticas e outros informes técnicos, non incluídos no apartado anterior, establécese unha cota fixa igual a cota mínima de 36 euros.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuenca do establecido nos Tratados o Acordos Internacionais ou veñan revistos en normas con rango de Lei.

Artigo 8. Devengos.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada a devandita actividade na data de presentación da solicitude de licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase ésta de forma expresa.

2. Cando as obras foran iniciadas ou executadas sen ter obtida a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie a actividade municipal encamiñada a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición, se non foran autorizadas

3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún modo pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

Artigo 9. Declaración.

1. As persoas interesadas en obter unha licenza de obras, presentarán no Rexistro Xeral do Concello a oportuna solicitude acompañada de proxecto técnico, na que especificarán detalladamente a natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga consta-lo importe estimado da obra, medicións e destino do edificio.

2. Cando se trate de licenza para aqueles actos que non sexa esixible a formulación do proxecto subscrito por técnico competente, á solicitude achegarase unha memoria- presuposto das obras que se realizarán, con unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais que se empregarán e, en xeral, das características da obra ou acto, permitindo os seus datos comproba-lo custo daqueles.

3. Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da Administración municipal achegando o novo presuposto ou o reformado e, de-se lo caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.co mesmo detalle e condicións que se esixen na declaración prevista no número anterior.

Artigo 10. Liquidación e ingreso.

1. Cando se trate de obras e actos a que se refire o artigo 5º 1.a) e c):

a) Unha vez concedida a licenza urbanística practicarase a liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.

b) A Administración municipal poderá comproba-lo custo real e efectivo unha vez rematadas as obras e a superficie dos carteis declarada polo solicitante é, á vista do resultado de tal comprobación , practicará a liquidación definitiva que proceda, con deducción do, se é o caso, ingreso provisional.

2. No caso de parcelacións, informes, cambio de uso e outros, a liquidación que se practique, unha vez concedida a licenza, sobre a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo salvo que o valor sinalado no imposto sobre bens inmobles non teña este carácter.

3. Tódalas liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan en casa caso, estarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 8 de xuño de dous mil dez, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir da súa entrada en vigor, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Cabanas, 12 de agosto de 2010.

O Alcalde accidental.

Asdo. José C. Rey García

2010/12148