Administración Local

Municipal

Cabanas

Convocatoria xuíz de paz sustituto

A N U N C I O

De conformidade coa autorización formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, esta Alcaldía, formula a seguinte convocatoria pública:

1º.-Obxecto: Elección de Xuíz de Paz substituto deste Concello de Cabanas.

2º.-Prazo de presentación de solicitudes: Quince días hábiles a contar desde a data da última publicación do anuncio no B.O.P.

3º.-Condicións dos solicitantes: ser español, maior de idade, e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei Orgánica 6/1985.

4º.-Documentos a presentar:

a) Instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo.

b) Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do D.N.I.

c) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1.a) referente a si se atopa inculpado ou procesado.

d) Declaración responsable de non estar incurso en causa de incapacidade.

e) Xustificación de méritos que alegue o solicitante, así como actividades que realiza.

5º.-Elección: O Pleno do Concello co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros entre as persoas que reunindo as condicións legais así o soliciten.

Cabanas, 22 de setembro de 2010.

O Alcalde-Presidente,

Asdo.:Germán Castrillón Permuy.

2010/13843