Administración Local

Municipal

Cabanas

Licitación xestión servizo público Punto de Atención a Infancia de As Viñas

ANUNCIO DE LICITACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO DENOMINADO: “Punto de Atención a Infancia de As Viñas”

1.- Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Perfil do contratante : www.cabanas.es

2.- Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: “Xestión do servizo denominado Punto de Atención a Infancia de As viñas”.

b) Duración do contrato: 4 anos. Prórroga: dúas de 1 ano.

c) Modalidade de contratación: Concesión.

3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

4.- Orzamento base de licitación:

- Prezo sen ive : 24 euros/hora/alumno/mes; horas soltas: 4 euros/hora/alumno.

- Imposto sobre o valor engadido: ---

- Orzamento total : 24 euros/hora/alumno/mes; horas soltas: 4 euros/hora/alumno.

- Valor estimado do contrato: 69.120 euros/ano.

5.- Garantías:

Provisional: 3% do prezo do contrato.

Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o ive.

6.- Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Enderezo: Rúa do Concello 3.

c) Localidade e código postal: 15621 – CABANAS

d) Teléfono: 981 49 59 59

e) Fax: 981 43 19 44

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior ó de finalización de presentación de ofertas.

7.- Requisitos específicos do contratista:

Clasificación : Non se esixe.

8.- Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación de ofertas: en horas de oficina de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 8 días naturais a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

b) Documentación que se terá que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

Sobre A, subtitulado “Documentación Administrativa”, segundo establece o prego na cláusula 10.2.1.

Sobre B, subtitulado “Documentación técnica”, segundo establece o prego na cláusula 10.2.2.

Sobre C, subtitulado “Oferta económica”, segundo establece o prego na cláusula 10.2.3.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Cabanas, Rexistro Xeral.

Domicilio: Rúa do Concello 3.

Localidade e código Postal: 15621 – CABANAS

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses a contar dende a apertura da proposicións.

9.- Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Enderezo: Rúa do Concello 3.

c) Localidade: Cabanas

d) Data: as sinaladas na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.- Gastos de anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cabanas, 6 de outubro de 2010

O Alcalde,

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2010/14639