Administración Local

Municipal

Cabanas

Expediente de modificación de créditos número 5/2010

EDICTO

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria realizada o día 29 de outubro de 2010, aprobou o expediente de modificación de créditos número 5/10, por importe de cento cincuenta e un mil setecentos trinta e sete euros con setenta céntimos (151.737,70); no cumprimento do disposto no artigo 177 en relación co 169 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, sométese a información pública na Secretaría do Concello por prazo de quince días hábiles, que se contarán desde o seguinte o da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que poida examinarse ó expediente e presenta-las reclamacións que se consideren oportunas, que serán dirixidas ó Sr. alcalde-presidente deste Concello.

Cabanas, 2 de novembro de 2010.

O alcalde

Asdo.: Germán Castrillón Permuy

2010/15902