Administración Local

Municipal

Cabanas

Expediente avaliación de incidencia ambiental

E D I C T O

Solicitando desta Alcaldía ARRAELA, S.L. licenza municipal para establecemento de actividade en NAVE INDUSTRIAL DUNHA ACTIVIDADE ADICADA Á INVESTIGACIÓN E DESENROLO DE FORMIGÓNS DE ALTA RESISTENCÍA situada na parcela M-3 (Local A) do Polígono de Vilar do Colo-Laraxe-Cabanas cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, coa din de que durante o mesmo –que comezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examina-lo expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Cabanas, 23 de decembro de 2010.

O Alcalde,

Asdo.:Germán Castrillón Permuy.

2010/18847