Administración Local

Municipal

Cabanas

Conta xeral do exercicio 2010

EDICTO

Formulada e rendida a conta xeral do orzamento desta entidade correspondente ao exercicio de 2010, sométese a información pública, xunto cos seus xustificantes e o informe da Comisión Especial de Contas, durante quince días, contados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Neste prazo e oito días máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións, as cales serán examinadas pola devandita Comisión, que practicará cantas comprobacións estime necesarias, emitindo novo informe, antes de somete-las ó Pleno da Corporación, para que poidan ser examinadas e –no seu caso– aprobadas, de conformidade co disposto no artigo 212, números 2 e 3 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

Cabanas, 31 de marzo de 2011.

O alcalde

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2011/4580