Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva do prezo público PAI das Viñas

EDICTO

Non presentándose alegación durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno do Concello adoptado en data 27 de xullo de 2011, sobre modificación do prezo público pola prestación do servizo do punto de atención á infancia, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO PUNTO DE ATENCIÓN DA INFANCIA “AS VIÑAS”. CONCELLO DE CABANAS

Artigo 1.º.–Fundamento legal.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola pres-tación do servizo público do punto de atención á infancia que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2.º.–Natureza.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a inclusión no programa desenvolto polo Concello de Cabanas no punto de atención á infancia das Viñas.

Artigo 3.º.–Obrigados ó pago.

Están obrigados ó pago do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficien dos servizos prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior. En concreto, os pais/nais, titores/ras e, en xeral, aquelas persoas que ostentan a patria potestade dos nenos/as, que estean matriculados no PAI.

Artigo 4 .º.–Contía.

1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:

A) Servizos básicos do centro de luns a venres (cinco días a semana).

Estancia de 4 horas catro horas) no centro: 73,04 € mes.

Estancia de 6 horas (seis horas) no centro: 106,68 € mes.

Estancia de 8 horas (oito horas) no centro: 110,00 € mes.

B) Servizos complementarios.

– Ampliación estancia de hora adicional no centro: 13,75 € mes.

– BONOS por horas para todos os fogares, que por calquera circunstancia desexen deixar os seus nenos/as o coidado no PAI en momentos concretos (sempre e cando o permita a ocupación). Estos BONOS terán un custo de:

35 € para bonos de 10 horas (dez horas).

65 € para bonos de 20 horas (vinte horas).

– Para horas soltas o prezo será de 5 € hora.

– Comedor para tódolos usuarios que desexen que se lles dé a alimentación os seus fillos (a cal terán que traer cada día) establécese unha tarifa de 20 € cada mes. No caso de días soltos a tarifa será de 2 € por día.

2. Prezo de matrícula.

Engadirase en concepto de matrícula o importe de 95 € para a primeira matrícula no centro e 60 € para renovación en exercicios posteriores, que se fará efectivo nun solo pago cada ano.

Artigo 5.º.–Exencións e bonificacións.

1. De conformidade co disposto no artigo 9 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.

2. Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 44.2 do referido texto refundido, establecénse as seguintes exencións e bonificacións:

A) Sobre as contías dos prezos establecidos no artigo 4.º.1.A), apricaranse as seguintes bonificacións:

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar:

– Inferior ó 50 por cento do SMI, bonicación do 100%.

– Entre o 50 e o 75 por cento do SMI, bonificación do 70%.

– Superiores o 75 por cento e inferiores o 100 por cento do SMI, bonificación do 40%.

– Entre o 100 e o 150 por cento do SMI, bonificación do 10%.

B) Sobre as contías dos prezos establecidos no artigo 4.º.1.B), apricaranse as seguintes bonificacións:

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar:

– Inferior ó 30 por cento do SMI, bonificación do 100%.

– Entre o 30 e o 100 por cento do SMI, bonificación do 50%.

C) Ademais, sobre as contías dos prezos establecidos no artigo 4.º.1.A) e B), apricaranse as seguintes bonificacións:

Segundo as circunstancias da unidade familiar:

– Nenos/as pertencentes a familias numerosas, bonificación do 20%.

– Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, bonificación do 20%.

– Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns, bonificación do 20%. No caso de que nacesen en parto múltiple a bonificación será do 30%.

3. As bonificacións anteriores cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

4. Para o cálculo da renda per cápita dividirase a suma dos ingresos totais da unidade familiar polo número de persoas que a compoñen.

A estes efectos enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18 cunha minusvalidez superior ao 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita ó que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

Teñen a consideración de ingresos a efectos deste cálculo, a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do nínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicarlles aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Articulo 6.º.–Obriga de pagamento.

A obrigación do pago de prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a prestación do servizo.

Artigo 7.º.–Normas de xestión.

A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberase aboar polos interesados nos 10 primeiros días de cada mes, na entidade/s financeiras que indique o Concello, a tal efecto os usuarios preferentemente deberán domicilia-los recibos.

O prezo de matrícula aboarase no momento de formalizar a inscrición.

No relativo ao pagamento da tarifa que corresponda ó período no suposto que o centro permanecera pechado por vacacións ou por calquera outro motivo, estarase ao disposto no Regulamento do servizo do PAI.

Disposición final.

A presente ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo do punto de atención á infancia “As Viñas” do Concello de Cabanas foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 27 de xullo de 2011, derroga a publicada no BOP n.º 158, do 19 de agosto de 2010, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir da súa entrada en vigor, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Cabanas, 12 de setembro de 2011.

O alcalde

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2011/12048