Administración Local

Municipal

Cabanas

Taxa recollida e tratamento residuos urbanos

EDICTO

Non presentándose alegación durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno do Concello adoptado en data 14 de novembro de 2011, sobre modificación da taxa por recollida e tratamento de residuos urbanos, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA FISCAL Nº. 6 REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS URBANOS.

Artigo 1. Fundamento e natureza.

Conforme ó autorizado polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19, 20 a 27 e 57 do Texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos urbanos, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do referido Texto refundido.

Artigo 2. Feito impoñible.

1.Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos.

2. A tal efecto para a consideración de residos sólidos urbanos terase en conta o disposto no artigo 3 da lei 22/2011, de residos e solos contaminados, sobre residuos domésticos, comerciais, industriais e residuos perigosos.

Tamén terán a consideración de residuos sólidos urbanos aos efectos do establecido no apartado 1 deste artigo, os definidos no artigo 4, apartados 2 e 3 da Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia.

3. O servizo de recollida de residuos urbanos que se citan no apartado anterior, será de recepción obrigatoria para aquelas zonas ou rúas onde se preste e a súa organización e funcionamento subordinarase ás normas que dite Concello para a súa regulamentación.

4. Non está incluida na taxa, a prestación dos seguintes servicios:

a) Recollida de lixo e residuos non cualificados como resíduos urbanos, de industrias, hospitais e laboratorios.

b) Recollida de escoras e cinzas de calefaccións centrais.

c) Recollida de entullos de obras.

d) Mobles e trasgos inútiles, embalaxes, caixas e outros efectos procedentes de establecementos industriais ou comerciais.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

1.Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, con dereito o uso de vivendas e locais situados en lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, sexa a título de propietario ou de usufructuario, arrendatario ou inclusive en precario.

2. Terán a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario da vivenda ou local, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.

3. Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servicios que posibilitan a súa ocupación.

Artigo 4. Responsables.

1. Responderán de forma solidaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

En relación a responsabilidade solidaria e subsidiaria da débeda tributaria estarase ao establecido nos artigos 42 e 43, respectivamente, da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5. Base impoñible.

A base impoñible do tributo estará constituída pola clase e natureza da cada centro productor dos residuos: vivendas, aloxamentos, establecementos de alimentación, restauración, de espectáculos e outros locais industriais ou comerciais.

Artigo 6. Cota tributaria.

A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa anual por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles segundo os seguintes apartados:

Epígrafe 1º. Vivendas destinadas a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non excedan de dez prazas: 66,11 euros.

Epígrafe 2º. Aloxamentos:

A). Hoteis, moteis, de catro e cinco estrelas, hoteis-apartamentos e residencias de mais de 40 prazas 1.983,30 euros.

B). Hoteis, moteis, hostais, de tres estrelas, e residencias de menos de 40 prazas 991,62 euros.

C). Hoteis, hostais de unha e dúas estrelas, hotel-restaurante, pensións, casas de hóspedes, colexios, centros sanitarios e semellantes, 495,84 euros.

Epígrafe 3º. Establecementos de alimentación:

A). Supermercados, economatos, cooperativas, almacéns de froitas, verduras e hortalizas ó por maior 661,10 euros.

B). Pescaderías, panaderías, carnicerías, pequenos supermercados e outros establecementos de alimentación ó por menor e semellantes, 178,50 euros.

Epígrafe 4º. Establecementos de restauración:

A). Restaurantes de dous ou mais garfos, cafeterías, cafeterías espe-ciais, disco-pub, e bares especiais, 247,92 euros.

B). Bares, café-bares, tabernas, restaurante dun garfo, 178,50 euros.

Epígrafe 5º. Establecementos de espectáculos:

A). Cines e teatros, 178,50 euros.

B). Salas de festas, discotecas e salas de bingo, 297,51 euros.

Epígrafe 6º. Outros locais industriais ou mercantís.

A). Farmacias, oficinas bancarias, talleres e concesionarios vehículos que non teñan subscrito convenio de xestión integral de resíduos, ferraxerías xestorías e semellantes, 178,50 euros.

B). Outros establecementos non expresamente tarifados, 119,00 euros.

Epígrafe 7º. Despachos profesionais.

Por despacho profesional independente e talleres con convenio de xestión integral de resíduos, 119,00 euros. No suposto de que a oficina estea situada na mesma vivenda, sen separación, aplicarase unicamente a a cota deste epígrafe 7.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan revistos en normas con rango de Lei, asi como, os establecidos nesta ordenanza.

Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 24.4 do referido Texto refundido, establécense as seguintes bonificacións:

1. Gozarán da bonificación do 100 por 100 da cota no epígrafe 1º, as familias que teñan ingresos totais iguais ou inferiores ó salario mínimo interprofesional e que posúan un patrimonio inmobiliario con valor catastral igual ou menor a 50.000,00 euros. Sendo o único ben patrimonial a vivenda propia, o seu valor catastral poderá superar dita contía. A efectos desta bonificación computaranse tódolas persoas que figuren inscritas no padron municipal de habitantes na vivenda de referencia.

2. Poderán gozar de bonificación do 50 por 100 da cota no epígrafe 1º, aqueles suxeitos pasivos contribuíntes que reúnan simultáneamente as seguintes condicións:

a) Que os ingresos netos anuais por cada un dos residentes que habiten unha vivenda sexa inferior a 50 por 100 do IPREM euros.

b) Que os ingresos netos procedentes de capital sexan inferiores ó 20 por 100 dos ingreos netos totais.

Artigo 8. Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, dende o momento no que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigada do mesmo, cando se estableza o servicio de recollida de resíduos urbanos nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas e locais utilizados polos contribuíntes da taxa. Entenderánse incluídas na rúas ou lugares de prestación do servicio as vivendas ou locais situados noutras rúas ou lugares sempre que a distancia a rúa de servicio non supere os cen metros.

2. Establecido e posto en funcionamento o servicio, as cotas percibiranse o primeiro día de cada ano, salvo que a percepción da taxa se produza con posterioridade a dita data, neste caso a primeira cota percibirase o primeiro día do mes seguinte.

Artigo 9. Declaración.

1. Tódalas persoas ou entidades obrigadas ó pago deste tributo, deberán presentar no prazo de trinta días nas oficinas municipais, declaración das vivendas ou establecementos habilitados para ocupación ou funcionamento, mediante escrito dirixido ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación. Transcorrido o referido prazo sen presentarse a declaración, a Administración municipal sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta no correspondente padrón de contribuíntes pola referida taxa.

2. Os contribuíntes que desexen obter bonificación por cumprir os requisitos establecidos nesta ordenanza, deberán presentar a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do concello acompañada da documentación acreditativa, tramitándose o expediente a traves dos Servizos sociais, e incorporando certificación de empadroamento colectivo, informe da Traballadora social e se é o caso da policía local; unha vez informado por Intervención a Alcaldía resolverá sobre a solicitude presentada.

O prazo para presentar as solicitudes de bonificación será o mes de xaneiro de cada exercicio para contribuíntes incluidos no correspondente padrón, no caso de novas altas, modificación de circunstancias ou de non formular a solicitude no devandito prazo, a bonificación outorgarase a partir do primeiro día do mes seguinte a data da resolución. Cando se modifiquen as circunstancias da bonificación o contribuínte está obrigado a comunicar ditas modificacións a Alcaldía no prazo de dez días para que resolva ó efecto.

Artigo 10. Liquidación e ingreso.

O tributo recadarase anualmente nos prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recadación para os tributos de notificación colectiva e periódica, salvo que, para un exercicio en concreto o Pleno da Corporación dispoña outra disposición. A liquidación correspondente o alta inicial no padrón de contribuíntes ingresarase nos prazos indicados no citado Regulamento para os ingresos directos.

Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados nas matrículas, levaranse a cabo nestas as modificacións correspondentes, que produciran efecto a partir do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectúe a declaración. No caso de baixas en locais por cese actividade producirán efecto a partir do mes seguinte o da data de rexistro da comunicación no Concello, fraccionándose a cuota anual que corresponda.

O cobramento das cotas efectuarase mediante recibo derivado do correspondente padrón que se aprobará anualmente.

Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias,así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e outras normas que resulten de aplicación.

Disposición final.

A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión realizada o catorce de novembro de dous mil once, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir día un de xaneiro do ano dous mil doce, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Disposición derrogatoria.

A partir da data de entrada en vigor desta Ordenanza fiscal, queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal número 6 reguladora da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos publicada no B.O.P nº 277 de data 3 de decembro de 2005, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión do día 24 de novembro de 2005.

Cabanas, 31 de decembro de 2011.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2012/72