Miércoles, 16 de mayo · Número 92
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Modificación inicial regulamento Punto de Atención a Infancia das Viñas

EDICTO

Modificación do regulamento de réxime interno do PAI das Viñas.

O pleno da Corporación en sesión realizada o 26 de abril de 2012, acordou:

1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do regulamento de réxime interno do Punto de Atención a Infancia (PAI) de As Viñas.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e texto do regulamento modificado, polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

Cabanas, 8 de maio de 2012.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2012/5892

©2009 Deputación da Coruña