Miércoles, 16 de mayo · Número 92
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Creación ficheiros datos carácter persoal

EDICTO

Creación de ficheiros de carácter persoal

O pleno da Corporación en sesión realizada o 26 de abril de 2012, acordou inicialmente a creación dos ficheiros de datos de carácter persoal dependentes do Concello de Cabanas que se citan a continuación, e sométense a información pública por prazo de trinta días aos efectos oportunos.

No caso de non presentarse alegacións no referido prazo, o acordó inicial quedará elevado a definitivo sen máis trámite.

NOME DO FICHEIRO: “Agentes de promoción económica”

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:

Xestionar os datos dos axentes de promoción económica que prestan servizo no Concello, co fin de poder ser identificables polos usuarios aos que dirixen as súas accións.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Axentes de emprego contratados polo Concello.

c) Procedemento de recollida de datos:

Os datos obteranse por medio de comunicación oral, escrita ou telemática, recolléndose nos distintos formularios cumprimentados polo/a traballador/a, tanto en soporte papel coma informático ou electrónico.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipo de datos:

Datos identificativos (nome, apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono, email).

e) Cesións de datos de carácter persoal e transferencias de datos a países terceiros:

Os datos de carácter persoal contidos neste ficheiro serán cedidos á Consellería de Traballo e Benestar, e ao C.E.E.I. Galicia S.A. (BIC Galicia). Así mesmo, poderán transferirse a outras administracións publicas cando sexa óbice para as materias da súa competencia.

Non se prevé a cesión de ditos datos a países terceiros.

En todo caso, a cesión de datos que contén este ficheiro sen necesidade de consentimento por parte da persoa afectada, só se realizará a favor doutras administracións públicas competentes na materia e ó abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e no Real decreto 1720/2007, que aproba o Regulamento de desenvolvemento de dita lei.

f) Órgano responsable do ficheiro:

A persoa que exerza o posto de Alcaldía do Concello de Arzúa , como responsable superior de todo o persoal e impulsor de tódolos servizos administrativos; dito ficheiro manterase, conservarase e actualizarase polos axentes de promoción económica.

g) Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Os axentes de promoción económica, serán perante quen se poderán executar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición destes datos.

h) Sistema de tratamento: mixto.

i) Nivel de protección:

As medidas de seguridade para este ficheiro son de carácter básico.

NOME DO FICHEIRO: “Participantes en acciones de promoción de empleo”

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro:

Xestionar os datos das persoas asesoradas ou participantes en actividades de formación e apoio a emprendedores, empresarios e persoas en busca de emprego.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos:

Emprendedores, empresarios, persoas en busca de emprego, ou que queiran participantes en actividades de formación.

c) Procedemento de recollida de datos:

Os datos obteranse por medio de comunicación oral, escrita ou telemática, recolléndose nos distintos formularios cumprimentados polo/a persoa asesorada ou participante en actividades, tanto en soporte papel coma informático ou electrónico.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipo de datos:

Datos identificativos (nome, apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono, fax e. email); datos do proxecto de creación de empresa (Nome do proxecto, tipo, descrición, estado, data de inicio e fin).

e) Cesións de datos de carácter persoal e transferencias de datos a países terceiros:

Os datos de carácter persoal contidos neste ficheiro serán cedidos á Consellería de Traballo e Benestar, a C.E.E.I. Galicia S.A. (BIC Galicia). Asi mesmo, poderán transferirse a outras administracións publicas cando sexa óbice para as materias da súa competencia.

Non se prevé a cesión de ditos datos a países terceiros.

En todo caso, a cesión de datos que contén este ficheiro sen necesidade de consentimento por parte da persoa afectada, só se realizará a favor doutras administracións públicas competentes na materia e ó abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e no Real decreto 1720/2007, que aproba o Regulamento de desenvolvemento de dita lei.

f) Órgano responsable do ficheiro:

A persoa que exerza o posto de Alcaldía do Concello de Arzúa, como responsable superior de todo o persoal e impulsor de tódolos servizos administrativos; dito ficheiro manterase, conservarase e actualizarase polos axentes de promoción económica.

g) Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Os axentes de promoción económica, serán perante quen se poderán executar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición destes datos.

h) Sistema de tratamento: mixto.

i) Nivel de protección:

As medidas de seguridade para este ficheiro son de carácter básico.

Cabanas, a 8 de maio de 2012

O alcalde

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2012/5896

©2009 Deputación da Coruña