Martes, 10 de julio · Número 130
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Notificación incoación expediente sancionador

ANUNCIO

TITULO: Imposibilidade de practicar a notificación

1º.- De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal a FORESTAL A CABANA, S.L.no último domicilio coñecido, sen que puidese practica-la mesma por ser devolta pola Oficina de Correos, sen ser posible a súa realización por causas non imputables a Administración, comunícolle que polo Sr. Alcalde-Presidente deste Concello con data do 16 de abril de 2012, dictouse a seguinte resolución:

RESOLUCIÓN 089/2012: Incoación expediente sancionador.

Vistos os informes da Policía Local incorporados ao presente expediente no que consta a realización de saca de madeira por vías municipais sen a correspondente autorización e ocasionando danos nos camiños de Lugar de Valedoso parroquia de Salto, no termo municipal de Cabanas, do que se deduce unha presunta infracción, pola empresa FORESTAL A CABANA, do establecido na Ordenanza reguladora da protección do medio natural do Concello de Cabanas y da Ordenanza municipal de policía de camiños e vías rurais.

Visto que os feitos anteriormente expostos constitúen unha infracción segundo artigo 30.d da Ordenanza reguladora da protección do medio natural do Concello de Cabanas, sanción tipificada como leves no artigo 31.c que leva implícita unha sanción de 300 a 6.000 euros segundo o disposto no artigo 33.1, de dita norma. A dita sanción deberanse engadir a infracción da Ordenanza municipal de policía de camiños e vías rurais así como os danos ocasionados pola saca de madeira.

Visto o Informe de Secretaría sobre o procedemento a seguir, e de conformidade coas atribucións establecidas no artigo 21.1. da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local en relación co artigo 61.1. da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, RESOLVO:

1º. Inicial o expediente sancionador contra a empresa FORESTAL A CABANA de conformidade co disposto nos artigos 134 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e artigo 13 do Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora.

2º. Nomear instructor do expediente a Isabel Rodríguez Fraga, funcionaria do Concello de Cabanas; sendo o réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

3º. Notificar o instructor e aos interesados (entendendo en todo caso entre eles ao inculpado), a incoación do presente expediente sancionador, indicando o inculpado a posibilidade de recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade e resolver o procedemento coa imposición da sanción que corresponda así como conceder un prazo de quince días, a partir do seguinte a recepción da notificación, para que acheguen cantas alegacións estimen convenientes en defensa dos seus dereitos e propoñer a práctica das probas que estime oportunas.

4º O órgano competente para resolver o presente procedemento será a Alcaldía.

2º O que se lle traslada aos efectos establecidos na anterior resolución.

3º A notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Cabanas, 28 de xuño de 2012.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2012/8775

©2009 Deputación da Coruña