Miércoles, 8 de agosto · Número 150
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Imposición taxa pola prestación servizos de emerxencias

E D I C T O

O Pleno da Corporación na sesión extraordinaria realizada o día 24 de xullo de 2012 acordou:

1.º.–Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa pola prestación de servizos de emerxencias e outros análogos, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.

2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 17 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Cabanas, 30 de xullo de 2012.

O Alcalde,

Asdo.:Germán Castrillón Permuy.

2012/10009

©2009 Deputación da Coruña