Martes, 27 de noviembre de 2012 · Número 226
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Notificacións limpeza de terreos

ANUNCIO

TITULO: Imposibilidade de practicar a notificación

1º.- De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, sen que puidese practica-la mesma por ser devolta pola Oficina de Correos, sen ser posible a súa realización por causas non imputables a Administración, emprázase os interesados que se sinala no anexo para concederlles un prazo de 15 días, a partir do día da publicación no BOP, para que de conformidade có artigo 17 da Ordenanza reguladora da protección do medio natural do Concello de Cabanas, segundo o cal:

“Os propietarios de toda clase de terreos,...,teñen a obrigación de mantelos en condicións de limpeza e hixiene adecuadas á súa natureza, libres de silvas, mato e batumada, contribuíndo a previr ou evitar os incendios forestais. Esta obriga deberá ser especialmente observada ó chega-la época de máximo perigo de lume forestal sinalada pola Consellería Competente”.

2º.- En caso de incumprimento, o Concello de Cabanas poderá proceder a execución subsidiaria, así como a imposición de multas coercitivas de 300 a 1.000.000 euros, segundo o artigo 18 da Ordenanza reguladora da protección do medio natural do Concello de Cabanas, segundo o cal:

“O incumprimento do deber regulado,...,poderá comportar a iniciación do correspondente expediente sancionador, coa imposición da multa que corresponda segundo a lexislación aplicable e sen prexuízo das responsabilidades nas que poida incorre-lo responsable...”

3º.- A notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Expediente

Ref. Catastral

Titular

047-012-PA

6485106NJ6068N0000KM

Herederos de María Coira Leira

046-012-PA

7881807NJ6078S0001JD

Paz Díaz Domínguez

034-012-PA

15015A011018470000GS

Jesús Rodríguez López

Cabanas, 12 de novembro de 2012.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2012/14560

©2009 Deputación da Coruña