Martes, 23 de abril de 2013 · Número 77
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Ordenanza taxa polo servizo de axuda no fogar

EDICTO.

Non presentándose alegación durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno do Concello adoptado en data 30 de xaneiro de 2013, sobre modificación da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA FISCAL Nº 17 REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR.

Artigo 1. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 o 27 e 57, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, que constitúe un servizo público municipal que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, Regulamento municipal e disposicións da presente Ordenanza.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia e a prestación do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no Programa individualizado de Atención de recursos teñaan o SAF como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

Serán xuxeitos pasivos da taxa regulada na presente ordenanza:

a) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a súa modalidade) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

Se o/a beneficiario/a carece de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

Artigo 4. Base impoñible.

A base impoñible desta taxa, referida a unha hora de prestación do servizo, virá determinada polo custo que para o Concello supoña a hora ordinaria de servizo prestado, con ive engadido. Para establecer o prezo/hora de custo do servizo tomarase como tal o fixado pola Comunidade Autónoma para o ano de 2009 establecido en 12,00 euros. No caso de non fixarse este prezo en exercicios futuros, dito prezo/hora incrementarase anualmente na porcentaxe en que se incremente o índice xeral de prezos de consumo mediante Resolución da Alcaldía que se publicará no Boletín Oficial da Provincia.

A base impoñible total será o resultado de multiplicar a base impoñible referida a unha hora de prestación do servizo polo número de horas de prestación efectiva do mesmo.

Artigo 5. Cota tributaria.

A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será o resultado de aplicar á base impoñible total as seguintes porcentaxes:

a) Servizo das persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, usuarias do servizo de axuda no fogar:

- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar, para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

- Nos demais supostos, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicarase a táboa establecida polo Decreto 99/2012, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado. A táboa vixente segundo o artigo 61 do Decreto 99/2012 é a seguinte:

Grao I

Grao II

Grao III

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Capacidade económica (referida ao IPREM)

20 horas

30 horas

40 horas

55 horas

70 horas

90 horas

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

Maior do 100% e menor ou igual ao 115% do IPREM

4,52%

6,56%

8,59%

11,42%

14,47%

18,09%

Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM

5,41%

7,84%

10,28%

13,66%

17,31%

21,64%

Maior do 125% e menor ou igual ao 150% do IPREM

5,55%

8,05%

10,54%

14,01%

17,76%

22,19%

Maior do 150% e menor ou igual ao 175% do IPREM

5,65%

8,19%

10,73%

14,26%

18,07%

22,59%

Maior do 175% e menor ou igual ao 200% do IPREM

5,72%

8,30%

10,87%

14,45%

18,31%

22,89%

Maior do 200 % e menor ou igual ao 215% do IPREM

5,81%

8,42%

11,03%

14,66%

18,58%

23,23%

Maior do 215 % e menor ou igual ao 250% IPREM

6,03%

8,75%

11,46%

15,24%

19,31%

24,14%

Maior do 250 % e menor ou igual ao 300% IPREM

6,24%

9,05%

11,86%

15,76%

19,97%

24,97%

Maior do 300 % e menor ou igual ao 350% IPREM

6,42%

9,30%

12,19%

16,20%

20,53%

25,66%

Maior do 350 % e menor ou igual ao 400% IPREM

6,54%

9,48%

12,42%

16,51%

20,93%

26,16%

Maior do 400 % e menor ou igual ao 450% IPREM

6,63%

9,62%

12,60%

16,75%

21,22%

26,53%

Maior do 450 % e menor ou igual ao 500% IPREM

6,70%

9,72%

12,74%

16,93%

21,45%

26,82%

Superior ao 500% do IPREM

6,76%

9,80%

12,84%

17,07%

21,63%

27,04%

- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

- En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo.

a) Servizo das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia:

- Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, establécese dentro dos límites establecidos no artigo 62 do Decreto 99/2012, a seguinte táboa de copagamento en porcentaxe sobre a capacidade económica:

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1 veces o IPREM

10 %

Maior de 1 e menor ou igual a 1,25 o IPREM

15 %

Maior de 1,25 e menor ou igual a 1,50 IPREM

20 %

Maior de 1,50 e menor ou igual a 1,75 IPREM

25 %

Maior de 1,75 e menor ou igual a 2,00 IPREM

30 %

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

40 %

Maior de 2,50 e menor ou igual a 2,50 IPREM

60%

Maior de 2,50 e menor ou igual a 4,00 IPREM

65 %

Maior de 4,00 e menor ou igual a 5,00 IPREM

75 %

Maior de 5,00 IPREM

90%

- Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

- En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Renda: Capacidade económica calculada segundo o disposto no artigo seguinte.

IPREM: Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples.

Art. 6. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo.

A determinación da capacidade económica a que fan referencia as tarifas do artigo anterior, será a que resulte de aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, para as persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido e do disposto no artigo 60 de dito Decreto para persoas usuarias doutros servizos en que se aplique o copagamento, así como, no Regulamento municipal de axuda no fogar.

Os Servizos Sociais do Concello realizarán a revisión anual para a actualización da información relativa á capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar.

7. Exencións e bonificacións.

Agás o establecido no artigo 5, non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados de tratados internacionais, nos termos establecidos no artigo 9 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

8. Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo.

A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza, nace dende o día en que se inicie a prestación do servizo de axuda no fogar, rateándose cando se liquiden meses incompletos. As liquidacións practicaranse a posteriori, por meses naturais en función do servizo prestado.

9. Normas de xestión.

1. As solicitudes de prestación do servicio serán presentadas polos interesados no Rexistro Xeral do Concello, e despois do informe-proposta da Traballadora Social e da Intervención, serán resoltas pola Alcaldía.

2. As contías esixibles de acordo coas tarifas establecidas nesta ordenanza, liquidaranse mensualmente, a tal efecto elaborarase un recibo individual onde se detalle o servizo prestado e o seu importe, realizándose o seu pagamento a través da entidade bancaria elixida pola persoa usuaria onde o teña domiciliado; no caso de non ter domiciliado o pago, remitirase a persoa usuaria para que efectúe o correspondente ingreso na conta bancaria do Concello, todo elo dentro dos quince primeiros días do mes seguinte ao liquidado.

3. Como norma xeral o pagamento desta taxa realizarase polas persoas beneficiarias do servizo mediante domiciliación bancaria.

4. Anualmente, no mes de xaneiro, ou no caso de producirse cambios na situación persoal, as persoas usuarias do servizo requiriráselles polos Servizos Sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a pagar, segundo se establece no Regulamento do servizo de axuda no fogar.

5. As cotas non satisfeitas polos usuarios non satisfeitas polos obrigados ao seu pagamento no período voluntariio, poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a actual ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio aprobada polo Pleno da Corporación en data,8 de xuño de 2010 e publicada no Boletín Oficial da Provincia número 154 de data.13 de agosto de 2010.

Disposición final.

A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 30 de xaneiro de dous mil trece, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir día primeiro do mes seguinte a súa entrada en vigor,continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Cabanas, 12 de abril de 2013.

O Alcalde. Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2013/4795

©2009 Deputación da Coruña