Martes, 23 de abril de 2013 · Número 77
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Ordenanza reguladora da taxa por utilización de infraestruturas municipais

EDICTO

Aprobado definitivamente por acordo do Pleno do Concello adoptado en data 30 de xaneiro de 2013, a taxa por utilización de infraestruturas municipais para colocación de tubaxes, fíos condutores, cables e outros elementos, en postes ou en galerías de servizo de titularidade municipal, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA FISCAL N.º 26, REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN DE INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS

Artigo 1.–Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co previsto nos artigos 15 a 19 e 57 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, o concello de Cabanas establece a taxa por utilización de infraestruturas municipais para colocación de tuberías, fíos condutores, cables e outros elementos, en postes ou en galerías de servizo de titularidade municipal, a que se refire o artigo 20.4.q) do citado Real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.–Feito impoñible.

Está constituído pola utilización de calquera infraestrutura de tipo canalización, rede ou tendido de titularidade municipal para a instalación de tuberías, fios condutores, cables e outros elementos, para calquera servizo ou suministro de electricidade, auga, gas, voz, datos, imaxe e outros semellantes.

Artigo 3.–Obriga de contribuír.

A obriga de contribuir nace cando se inicie a actividade administrativa dirixida ao outorgamento da autorización necesaria para a instalación das conduccións utilizando as infraestruturas de titularidade municipal, cando exista solicitude previa. De non existir solicitude previa a obriga de contribuír nacerá e devengarase a taxa, cando se inicie a utilización do servizo. No caso de que a utilización do servizo teña unha duración superior a un ano, as sucesivas cuotas anuais devengaranse o 1 de xaneiro de cada ano natural.

Artigo 4.–Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 35.2 da Lei xeral tributaria, a cuxo favor se preste o servizo que orixina o feito impoñible desta taxa.

Artigo 5.–Responsables.

5.1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

5.2. Serán responsables subsidiarios as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

5.3. O alcance e contido da responsabilidade tributaria será o definido no artigo 41 da da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 6.–Beneficios fiscais.

Non poderán concederse outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 7.–Base impoñible.

A base impoñible estará constituída polos metros liñeais ou fraccións de cable, tubería fio ou elemento, que se instalen nas infraestruturas e da sección destas que se ocupen. As taxas por utilización das canalizacións municipais solo afectarán as infraestruturas de canalización propiedade do Concello ou as que teña en réxime de cesión por parte doutro organismo, empresa, ente ou fundación, quedando excluídas as derivacións particulares que se instalen sobre estas canalizacións existentes.

Artigo 8.–Cota tributaria.

A cota tributaria a aplicar pola taxa reguladora nesta ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes:

8.1. Por metro liñal ou fracción de elemento que se instale en infraestruturas de titularidade municipal, anual en función da porcentaxe da sección de tubo, galería ou condución ocupado polo elemento instalado:

a) Menos do 25% da sección, por m.l ou fracción/ano: 2,05 €.

b) Do 25% e inferior ao 50% da sección, por m.l. ou fracción/ano: 2,46 €.

c) Do 50% e inferior ao 75% da sección, por m.l. ou fracción/ano: 2,87 €.

d) Do 75% da sección en adiante, por m.l. ou fracción/ano: 3,28 €.

8.2. Tarifa mínima.–Sempre que por aplicación da tarifa anterior resulte unha cifra inferior, esixirase con carácte mínimo unha cota anual de 205,26 €.

Artigo 9.–Normas complementarias.

9.1. O outorgamento das licenzas a que se refire a taxa desta ordenanza, suxeitarase as dispoñibilidade de espazo nos tubos e galerías, así como as esixencias técnicas e de seguridade, dando preferencia en todo caso as instalacións para servizos muncipais.

9.2. As licenzas concederanse discrecionalemente pola Xunta de Goberno Local, de acordo coas normas contidas nas disposicións de carácter xeral, previa petición dos interesados e a emisión dos informes dos servizos técnicos municipais e outros que se estimen oportunos.

9.3. Terminado o prazo de vixencia do permiso outorgado, os interesados que desexen continuar o exercicio da actividade deberán obter a renovación da licenza.

Artigo 10.–Normas de xestión.

10.1. As cuotas que resulten de aplicación das tarifas serán irreducibles, inda que o titular da licenza non exerza a actividade durante a totalidade do ano.

10.2. O outorgamento das licenzas axustarase ás disposicións contidas na lexislación sectorial e ordenanzas municipais.

10.3. Esixirase o depósito previo da taxa regulada nesta ordenanza, sin cuxo requisito non se tramitará o outorgamento das licenzas, poderá establecerse a obriga de autoliquidar o importe e ingresar simultaneamente a cantidade resultante. O depósito a constituír referirase ao ano no que se solicita a autorización. Unha vez concedida a licenza, aplicarase á liquidación que resulte o importe do depósito e si, por causas non imputables ao interesado, deixara de prestarse o servizo, devolverase a cantidade entregada agás en caso de que houbera exercido a actividade.

10.4. As taxas aquí reguladas son compatibles cos dereitos que proceda esixir como consecuencia da realización doutros aproveitamentos privativos ou utilizacións especiais do dominio público local.

10.5. Para o pagamento das sucesivas anualidades, os suxeitos pasivos deberán formular, dentro do primeiro mes de cada exercicio económico unha declaración-liquidación dos metros liñeais e sección das conduccións que continúen ocupando, procedendo ao ingreso da cuota resultante. Os servizos técnicos municipais comprobarán a realidade do declarado, aplicándose os procedementos de regularización tributaria e sancionadores que procedan.

Artigo 11.–Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias, ademais do previsto nesta ordenanza, aplicaráse o disposto no artigo 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Disposición final.

A presente ordenanza aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 30 de xaneiro de dous mil doce, entrará en vigor ó día seguinte de publicada no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir da súa entrada en vigor, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Cabanas, 12 de abril de 2013.

O alcalde

Asdo.: Germán Castrillón Permuy

2013/4802

©2009 Deputación da Coruña