Martes, 23 de abril de 2013 · Número 77
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Ordenanza promoción de condutas cívicas e protección espazos públicos

E D I C T O

O pleno da Corporación na sesión realizado o 26 de setembro de 2012, aprobou inicialmente a ordenanza municipal reguladora da promoción de condutas cívicas e protección dos espazos públicos no concello de Cabanas. Transcorrido o prazo de información pública sen que se presentasen alegacións, o devandito acordo elévase a definitivo, en virtude do disposto no apartado terceiro do artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril e procédese á publicación da devandita ordenanza.

ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE PROMOCIÓN DE CONDUCTAS CÍVICAS E PROTECCIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS

ÍNDICE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Obxecto.

Artigo 2. Competencia municipal e ámbito de aplicación.

TÍTULO II. PROMOCIÓN DO CIVISMO

Artigo 3. Disposición xeral.

Artigo 4. Actuacións educativas.

Artigo 5. Convenios.

Artigo 6. Comunicación pública.

TÍTULO III. COMPORTAMENTO CIDADÁN

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 7. Principios de convivencia.

CAPÍTULO II. DETERIORO DOS BENS

Artigo 8. Deterioro e alteracións. Condutas vandálicas.

Artigo 9. Pintadas e grafismos.

Artigo 10. Parques e xardíns públicos. Instalacións deportivas.

Artigo 11. Papeleiras e contedores.

Artigo 12. Estanques e fontes.

Artigo 13. Praias e zonas de baño.

CAPÍTULO III. OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA

Artigo 14. Ocupación da vía pública. Instalacións de sinais e outros elementos afectos a servizos públicos.

CAPÍTULO IV. REGULACIÓN DA PUBLICIDADE NO DOMINIO PÚBLICO

Artigo 15. Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 16.. Competencias municipais.

Artigo 17. Publicidade. Normas xerais.

Artigo 18. Carteis, pancartas e banderolas.

Artigo 19. Tipos de publicidade permitida.

Artigo 20. Características que teñen que cumprir as instalacións publicitarias.

Artigo 21. Licenza municipal para os elementos de publicidade exterior.

Artigo 22. Vixencia das licenzas.

Artigo 23. Medidas complementarias.

CAPÍTULO V. ACTUACIÓNS CIDADÁS

Sección Primeira. Actividades contrarias ó uso normal de bens o servizos.

Artigo 24.-Actividades contrarias ó uso normal da vía ou espazos públicos.

Artigo 25.-Actividades contrarias ó uso adecuado dos servizos públicos.

Sección segunda. Actividades específicas.

Artigo 26.-Ruídos.

Artigo 27.-Residuos e lixo.

Artigo 28.- Necesidades fisiolóxicas.

Artigo 29.- Consumo de bebidas alcohólicas.

Artigo 30.- Medidas complementarias.

Artigo 31.-Acampada e esparcimento.

Sección terceira. Obrigas singulares.

Artigo 32.-Actividades comerciais.

Artigo 33.-Establecementos públicos.

Artigo 34.-Actos públicos.

Artigo 35.-Mendicidade.

Artigo 36.-Limpeza de vías, fachadas e patios privados.

Artigo 37.-Roupa tendida, horario de rego en terrazas e sacudir alfombras.

TITULO VI. RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 38.-Disposicións xerais.

Artigo 39.-Clasificación das infraccións.

Artigo 40.-Infraccións leves.

Artigo 41.-Infraccións graves.

Artigo 42.-Infraccións moi graves.

Artigo 43.-Sancións.

Artigo 44.-Reparación de danos.

Artigo 45.-Persoas responsables.

Artigo 46.-Gradación das sancións.

Disposición final.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Considérase que a convivencia en comunidade é a base do progreso humano e implica a aceptación e cumprimento dalgunhas normas sociais.

A finalidade desta Ordenanza é incidir naqueles ámbitos da realidade cidadá diaria que se manifestan na vía pública, da cal a súa repercusión, pode xerar unha alteración daquelo que socialmente se acepta como a convivencia cidadá. Preservar o espazo público como un lugar de convivencia e civismo, no que tódalas persoas poidan desenrolar en liberdade as súas actividades de libre circulación, de ocio, de encontro e de recreo, con pleno respecto á dignidade e ós dereitos dos demais. A harmonía, a calidade e o equilibrio neste espazo común é unha responsabilidade compartida entre a Administración e a cidadanía.

En definitiva, o principal obxectivo desta Ordenanza de promoción das condutas cívicas e protección dos espazos públicos, non é outro que contribuír a mellorar a calidade de vida dos veciños de Cabanas.

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

O fundamento xurídico da Ordenanza atópase tanto na Constitución de 1978 como, máis tarde, nos artigos 139 a 141 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, introducido pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, que recolle expresamente un título competencial en virtude do cal establécese a posibilidade de que os concellos, para a adecuada ordenación das relacións sociais de convivencia de interese local e do uso dos seus servizos, equipamentos, infraestruturas, instalacións e espazos públicos, en defecto de normativa sectorial específica, poidan establecer os tipos de infraccións, e impoñer sancións polo incumprimento de deberes, prohibicións ou limitacións.

Tamén, de acordo co disposto no artigo 3.1.b) da lei de Costas, de 28 de xullo de 1988, as praias de Cabanas constitúen bens de dominio público marítimo terrestre estatal, consonte o artigo 132.2 da Constitución Española. O artigo 115 da Lei de Costas atribúe competencias municipais no dominio público marítimo terrestre estatal.

As medidas de protección de competencia municipal previstas na presente ordenanza enténdense sen prexuízo dos dereitos, facultades e deberes que corresponden ós propietarios dos bens afectados e das competencias doutras Administracións Públicas e dos Xulgados e Tribunais reguladas polas leis. Esta nova Ordenanza enfócase cara a regulación das relacións cívicas, resultando necesario que combine tres principios fundamentais: a prevención, a sanción das condutas incívicas e a rehabilitación dos infractores. En primeiro lugar, a Ordenanza persigue a promoción de valores e condutas cívicas, a participación cidadá activa, como obxectivo municipal e como medio de prevención das actuacións perturbadoras da convivencia cidadá. Para conseguir este fin, poderán consignarse varias medidas, tanto educativas, divulgativas como doutra natureza, que fomenten os valores nos que se funda a convivencia en toda sociedade democrática.

En segundo lugar, este texto normativo ten como obxectivo, así mesmo, a protección tanto dos bens públicos como dos espazos visibles desde a vía pública, aínda cando sexan de titularidade privada, se ve perturbado o ornato público.

Artigo 1. Obxecto.

1.1. A protección dos bens públicos de titularidade municipal e todos aqueles elementos que forman parte do patrimonio urbanístico e arquitectónico do municipio de Cabanas, calquera que sexa a súa natureza e a súa titularidade, fronte ás agresións, alteracións e usos ilícitos de que poidan ser obxecto, nos termos establecidos, nas disposicións da mesma.

1.2. A conservación en boas condicións de limpeza, hixiene, salubridade e seguridade, dos espazos e do mobiliario urbano público do Concello de Cabanas, así como a regulación dos comportamentos das persoas usuarias do mesmo.

1.3. A regulación dos comportamentos que poidan afectar á boa veciñanza e a consecución dunha convivencia cidadá correcta, e respectuosa co dereito á mesma de tódolos veciños e visitantes de Cabanas e cun uso adecuado tanto do espazo público como do mobiliario urbano e das infraestruturas presentes.

1.4. A presente ordenanza desenrola igualmente a competencia municipal en materia de concreción dos tipos de infraccións das cales as sancións corresponden ó Concello de Cabanas no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 29 da Lei Orgánica 1/92 de 21 de febreiro de Protección da Seguridade Cidadá.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

2.1. As medidas de protección reguladas na presente ordenanza refírense ós bens de titularidade municipal e ós espazos públicos do Concello de Cabanas, tales como rúas, prazas, paseos, parques e xardíns, pontes, pasarelas, aparcamentos, fontes, edificios públicos, centros culturais, colexios públicos, cemiterios, centros deportivos e campos de deporte, estatuas, esculturas, bancos, farolas, elementos decorativos, sinais viarias, árbores e plantas, contedores de residuos, papeleiras, vallas e calquera outro mobiliario urbano municipal da mesma ou semellante natureza.

2.2. Así mesmo, quedan comprendidos nas medidas de protección reguladas os bens de titularidade doutras Administracións e entidades públicas ou privadas que forman parte do mobiliario urbano de Cabanas ou que estean destinados a un uso ou servizo público, tales como marquesiñas e elementos de transporte, vallas, carteis, anuncios e outros elementos publicitarios, sinais de tráfico e demais bens da mesma ou semellante natureza.

Cando sexa o caso, o Concello impulsará a subscrición de convenios específicos cos titulares de ditos bens co fin de dotar da cobertura xurídica necesaria a intervención municipal.

2.3. Na medida en que forman parte do patrimonio e da paisaxe urbana, as medidas de protección contempladas nesta ordenanza alcanzan tamén ás fachadas dos edificios e outros elementos urbanísticos e arquitectónicos de titularidade pública ou privada, tales como portais, patios, soares, pasaxes, xardíns, setos, xardineiras, farolas, elementos decorativos ou outros bens da mesma ou semellante natureza, sempre que se sitúen na vía pública ou sexan visibles desde a mesma, e sen prexuízo dos dereitos que individualmente correspondan ós propietarios.

2.4. Quedan comprendidas igualmente na presente ordenanza as condutas que dean lugar a alteracións leves da seguridade cidadá efectuadas en vías ou espazos públicos do municipio de Cabanas e das cales a competencia sancionadora se encontra atribuída ás Corporacións Locais.

TÍTULO II.-PROMOCIÓN DO CIVISMO

Artigo 3. Disposición Xeral.

O Concello promoverá o desenrolo dos valores cívicos, entendidos estes como aqueles que permiten a adecuada convivencia dos cidadáns nunha sociedade democrática, caracterizada pola existencia de dereitos persoais, dos cales o seu respecto conleva a existencia e cumprimento de correlativos deberes por parte de cada cidadán. Fomentará así mesmo a participación activa da poboación nesta materia a través de diversos canais, foros, comisións, sondaxes de opinión, buzón de suxestións e teléfono de atención ó cidadán a través da Policía Local e de Protección Civil, que supoñan unha resposta efectiva ás inquietudes, suxestións e denuncias por parte da cidadanía de Cabanas. De igual maneira, e especificamente, o Concello fomentará, no exercicio das competencias que legalmente ostenta, a máis plena concienciación dos cidadáns no correcto uso dos espazos comúns da vila e na preservación do entorno. Velará polo cumprimento desta Ordenanza, implicando ós elementos públicos e privados do municipio, na consecución da mesma.

Artigo 4. Actuacións educativas.

O Concello potenciará a transmisión e o fortalecemento dos valores e condutas cívicas no desenrolo das actuacións educativas e de formación das cales lles corresponde a competencia. De igual maneira, e no exercicio das súas competencias, o Concello procurará divulgar e fomentar os valores que sustentan o comportamento social, desde o exercicio por cada cidadán da súa liberdade constitucional co límite do respecto ós dereitos e valores dos demais e a preservación dos bens públicos de tal maneira que poidan ser utilizados por todos.

Artigo 5. Convenios.

O Concello formalizará Convenios tanto con outras Administracións ou Institucións Públicas como con entidades privadas que fomenten tanto a concienciación cívica como a formación, a educación e a adecuación das actividades privadas ós obxectivos da Ordenanza. A través dos citados convenios promoveranse as iniciativas cidadás que potencien actuacións cívicas de índole cultural, deportiva e de ocio nos espazos públicos. Fomentarase igualmente o embelecemento dos espazos públicos e a mellora do medio ambiente.

Artigo 6. Comunicación pública.

O Concello difundirá os valores e condutas cívicas mediante campañas divulgativas dirixidas a toda a poboación, ou a sectores específicos desta.

TÍTULO III. COMPORTAMENTO CIDADÁN

Capítulo I. Disposicións Xerais

Artigo 7. Principios de convivencia.

7.1. Principios de convivencia: Os cidadáns empadroados, os residentes ocasionais e os visitantes teñen a obriga de respectar a convivencia cidadá e o deber de usar os bens e servizos públicos conforme ó seu destino, respectando o dereito do resto dos cidadáns ó seu disfrute, quedando prohibidos, nos termos establecidos nesta Ordenanza, os comportamentos que alteren a convivencia cidadá, ocasionen molestias ou falten ó debido respecto ás persoas.

7.1.1 En xeral, non está permitido provocar ruídos que perturben o descanso nocturno dos veciños.

7.1.2 Todo cidadán absterase de realizar na vía pública prácticas abusivas ou discriminatorias, ou intimidatorias ou que comporten violencia física o moral.

7.1.3 Non se permitirá a venta nin o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública salvo en terrazas, veladores, casetas con permiso municipal ou festas patronais.

7.2. Da solidariedade na vía pública. O Concello estimulará o comportamento solidario dos cidadáns co fin de prestar axuda ás persoas que así o necesiten para transitar polas vías públicas ou outros lugares (nenos, persoas maiores, persoas discapacitadas, ...)

Capítulo II. Deterioro dos bens.

Artigo 8. Deterioro e alteracións. Condutas vandálicas.

8.1. Non poderá realizarse ningunha actuación sobre os bens protexidos por esta Ordenanza que sexa contraria ó seu uso ou destino, que leve o seu deterioro ou degradación, ou menoscabe a súa estética, nos termos establecidos no artº. 1.

8.2. Están prohibidas as condutas vandálicas, agresivas ou neglixentes no uso do mobiliario urbano que xeren situacións de risco ou perigo para a saúde e a integridade física das persoas ou bens, ou que provoquen estragos dos espazos públicos ou as súas instalación ou elementos, entre eles, as seguintes:

a) Arrincar os bancos que estean fixados, trasladalos que estean soltos e realizar pintadas ou inscricións sobre eles, así como calquera outro acto contrario á súa normal utilización ou que deteriore a súa conservación.

b) O mobiliario dos parques infantís (tobogáns, balancíns, bambáns , etc.), só poderá ser utilizado por nenos de idades comprendidas entre as establecidas nas correspondentes sinalizacións de uso, dándolles un uso normal, de maneira que non supoña ningún risco para os seus usuarios ou para os propios elementos do parque.

c) Non se permitirá subirse, abanearse, ou facer calquera acto que deteriore ou lixe elementos de mobiliario urbano como farolas, cruceiros, sinais de tráfico, marquesiñas, semáforos e similares.

Artigo 9. Pintadas e grafismos.

9.1. Prohíbense as pintadas, escritos, inscricións e grafismos en calquera ben público ou privado, protexido por esta Ordenanza.

Está prohibido realizar todo tipo de grafito, pintada, mancha, garabato, escrito, inscrición ou grafismo, con calquera materia (tinta, pintura, etc) ou ben raiando a superficie, sobre calquera elemento do espazo público (farolas, papeleiras, bancos, etc), incluídas as calzadas, beirarrúas, muros e fachadas, marquesiñas, árbores, vallas permanentes ou provisionais, farolas, sinais, mobiliario e instalacións en xeral, así como no interior ou exterior de equipamentos, infraestruturas ou elementos dun servizo público e instalación en xeral, incluídos transporte público, equipamentos, mobiliario urbano e vías públicas en xeral. Quedan excluídos os murais artísticos que se realicen con autorización do propietario ou con autorización municipal.

Só se poderán facer pintadas ou grafitos naqueles bens privados que estean situados de maneira visible ou permanente na vía pública, coa conseguinte autorización municipal.

9.2. Exceptuase da prohibición recollida no apartado anterior a realización dos murais artísticos que se plasmen, con autorización do Concello sobre vallas de soares, cerramentos de obras, paredes medianeiras e similares. A concesión de autorización municipal incorporará as condicións e requisitos ós que terá que suxeitarse a actuación autorizada.

9.3. Os axentes da Autoridade poderán retirar ou intervir os materiais ou utensilios empregados cando as actuacións se realicen sen a preceptiva autorización municipal.

9.4. Cando un edificio público ou elemento do mobiliario urbano teña sido obxecto de pintadas, colocación de papeis, raiado ou rotura de cristais, pegado de carteis ou calquera outro acto que o deteriore, o Concello poderá imputar á empresa, entidade ou persoa responsable o custo das correspondentes indemnizacións e das facturas de limpeza, reposición e acondicionamento ou restauración ó seu anterior estado,á marxe da sanción que corresponda.

9.5. No caso de realización de pintadas ou grafitos que polas súas características sexa posible a limpeza e a restitución ó seu estado anterior, os axentes da autoridade, “instarán” persoalmente á persoa infractora para que proceda á súa limpeza, sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan pola infracción cometida. O Concello, subsidiariamente, poderá limpar ou reparar, por si mesmo ou a través de terceiros, os danos causados pola infracción, con cargo á persoa ou persoas responsables e sen prexuízo da imposición das sancións correspondentes.

Artigo 10.-Parques e xardíns públicos. Instalacións deportivas.

10.1. E obriga dos cidadáns respectar os parques, xardíns e instalacións deportivas do Concello de Cabanas.

10.2. Para unha boa conservación e mantemento quedan prohibidos os seguintes actos:

a) A subtracción, arrancado ou dano a flores ou plantas e, en xeral, calquera uso indebido de parques ou xardíns, praderías ou plantacións.

b) Danar o céspede, acampar sobre el, excepto nos espazos dos parques en que expresamente se autorice. Cortar, podar ou romper árbores, así como utilizar vehículos de motor e ciclomotores en prazas, parques e xardíns.

c) Gravar ou pintar as súas cortizas, cravar puntas, atar ós mesmos escaleiras, ferramentas, soportes de estadas e colocar carteis.

d) Amontoar, aínda de forma transitoria, materiais de obra sobre calquera das árbores ou verter sobre eles calquera clase de produtos tóxicos.

e) Arroxar nas zonas verdes lixos, residuos, pedras, grava ou calquera outro produto que poidan danalas ou atentar a súa estética e bo gusto.

f) Deixar excrementos sobre o céspede e xardíns.

g) Acender lumes ou fogueiras nos parques e xardíns.

h) Consumir bebidas alcohólicas de forma masiva por grupos de cidadáns, salvo organización autorizada de acto público de natureza festiva ou similar, así como o consumo doutro tipo de sustancias como drogas.

i) Deixar pacer gando de ningunha clase nas praderías, parterres e plantacións.

j) Que os xogos infantís sexan utilizados por adultos ou darlles un uso distinto do previsto para os mesmos.

k) A práctica de xogos de pelota, lanzamento de voadores, utilización de monopatíns ou similares está sometida ó principio xeral de respecto ós demais e en especial, a súa seguridade e tranquilidade, así como o feito de que non impliquen perigo para os bens, servizos ou instalacións, tanto públicos como privados.

l) Prohíbese a práctica de xogos no espazo público e de competicións deportivas, masivas e espontáneas que perturben os lexítimos dereitos da veciñanza ou das demais persoas usuarias do espazo público.

m) Está especialmente prohibida a práctica de xogos con instrumentos ou outros obxectos que poidan poñer en perigo a integridade física das persoas usuarias dos espazos públicos, así como a integridade dos bens, servizos ou instalacións, tanto públicos como privados.

n) Está prohibida a práctica de acrobacias e xogos de habilidade con bicicletas, patíns ou monopatíns fóra das áreas destinadas para tal efecto, así como nas escaleiras para peóns, elementos para accesibilidade de persoas con eivas, varandas, bancos, pasamáns, ou calquera outro elemento do mobiliario urbano.

Artigo 11. Papeleiras e contedores.

11.1. Está prohibida toda manipulación das papeleiras ou contedores, situados nas vías ou espazos públicos, que lles provoque danos, deteriore a súa estética ou estorbe o seu uso. Especialmente queda prohibido movelos, arrancalos, incendialos, derrubalos ou baleirar o seu contido no chan, facer inscricións ou adherirlles papeis ou adhesivos.

11.2. Os residuos sólidos de pequeno volume tales como cabichas apagadas, cáscaras, chicles, papeis, bolsas, envoltorios ou similares, deben depositarse nas papeleiras, e si se trata de materiais reciclaves, utilizaranse os contedores de recollida selectiva instalados na vía pública.

11.3. Prohíbese deixar nas papeleiras materiais, instrumentos ou obxectos perigosos, como animais e restos de animais, xiringas e útiles para o consumo de sustancias estupefacientes, materiais utilizados na atención sanitaria que poidan ser susceptibles de contaxiar ou propagar enfermidades, así como todo tipo de estupefacientes, produtos tóxicos, químicos, radioactivos, pirotécnicos ou explosivos; así como pequenos residuos sólidos acendidos e calquera outra materia acendida.

Artigo 12.-Estanques e fontes.

Non está permitido realizar calquera manipulación non autorizada nas instalacións ou elementos dos estanques e fontes. Especialmente queda prohibido introducirse ou lavar calquera obxecto nelas, lavarse ou bañarse, abrevar animais e efectuar vertidos de sustancias ou obxectos.

Artigo 13.- Praias e zonas de baño.

13.1. Uso da praia.

a) A utilización das praias será libre, pública e gratuíta para os usos comúns e acordes coa natureza daquela, sempre que se realicen de acordo coas leis, regulamentos, e coa presente ordenanza.

b) O paseo, a permanencia e o baño pacífico na praia e no mar teñen preferencia sobre calquera outro uso.

c) Prohíbese expresamente o uso privativo das praias.

d) Prohíbese a ocupación de espazo público sen autorización, así como o abandono en zona pública de obxectos, artefactos ou elementos como embarcacións, remolques, táboas de windsurf, velas, remos e similares.

e) Prohíbese en toda a extensión da praia o estacionamento e a circulación de vehículos de calquera tipo, de dous ou máis rodas, por tracción mecánica ou animal, e expresamente as motos e os quads. Exímense de devandita prohibición os vehículos de urxencia, seguridade e servizos municipais ou outros expresamente autorizados para as persoas con dificultade funcional, así como a utilización na auga do mar dos deseñados especialmente para tal fin.

f) Desenvolvemento de actividades, como xogos de pelota, palas e outros exercicios poderanse realizar sempre que non supoñan unha molestia para o resto dos usuarios ou que a dimensión da praia permítao.

g) Non se permitirá o uso de aparellos sonoros ou instrumentos musicais cando poidan molestar ao resto dos usuarios da praia.

h) Queda prohibido dar un uso diferente ao propio das duchas, lavapés, aseos situados nas praias, así como limpar os utensilios de cociña, lavarse utilizando xabón, xel ou champú ou calquera outro produto deterxente. Ao mesmo tempo, fomentarase o aforro na utilización da auga.

En todo caso, a utilización de calquera outro elemento do mobiliario urbano, en xeral, corresponderá ao fin para o que está destinado.

i) Queda prohibido calquera acto que puidese ensuciar as nosas praias, estando obrigado o responsable á limpeza inmediata, sen prexuízo das sancións que puidesen derivarse por tales feitos.

j) Prohíbese aos usuarios da praia ou da auga do mar arroxar calquera tipo de residuos á praia ou ao mar, tales como papeis, restos de comida, latas, botellas, cascas de froitos secos, etc., así como deixar abandonados mobles, carriños, caixas, embalaxes, etc. debéndose utilizar as papeleiras ou colectores que se instalen a tal fin, distribuídos pola praia ou nas proximidades dos accesos principais.

13.2. Naquelas zonas onde se realice algún tipo de actividade, xa sexa permanente ou temporal, os seus responsables deberán manter durante o seu exercicio, as debidas condicións de limpeza e salubridade.

Os titulares dos servizos de tempada están obrigados a evitar que se produza acumulación de lixo na zona onde estean implantados, polo que deberán proceder á súa limpeza coa frecuencia adecuada á intensidade do seu uso, depositando os restos nos colectores habilitados.

13.3. Seguimento das indicacións.

a) A autoridade municipal ou os seus axentes, poderán apercibir verbalmente aos que infrinxan calquera das disposicións contidas na presente ordenanza, para o fin de que de forma inmediata cesen a actividade prohibida ou realicen a obrigación debida, iso sen prexuízo da incoación de expediente sancionador cando proceda, ou no seu caso, que se remita a denuncia á Administración competente.

b) O persoal de salvamento ou socorrismo e protección civil apoiará aos anteriores no labor de información do establecido na presente ordenanza, comunicando particularmente as infraccións e apercibindo ao posible infractor que, de persistir na súa actitude, trasladarán unha denuncia á autoridade.

c) O público bañista queda obrigado a seguir as orientacións e indicacións que por seguridade poidan realizar os servizos de Salvamento e Socorrismo, así como cantas disposicións existentes ou que poidan ditarse en adiante polos organismos competentes.

d) Queda prohibido o baño cando se atope izada a bandeira de cor vermella. A bandeira verde indica que non hai perigo e que se permite o baño, a bandeira amarela permite o baño pero con precaucións.

f) Os que vulneren a prohibición de bañarse cando se atope izada a bandeira de cor vermella, a requirimento verbal dos axentes da autoridade ou persoal de salvamento, deixarán de tomar o baño de inmediato, sen prexuízo de que vire parte de denuncia, en orde á instrución do oportuno expediente sancionador.

g) As persoas que desexen bañarse fóra da tempada de baño ou fóra do horario establecido para os servizos de salvamento e socorrismo farano baixo a súa exclusiva responsabilidade.

h) Tamén o farán baixo a súa exclusiva responsabilidade, aínda bañándose dentro da tempada de baño e dentro do horario establecido para os mencionados servizos, cando o fagan sen seguir as orientacións e indicacións dos servizos e fóra das zonas balizadas para o baño ou sinalizadas como tal mediante bandeiras ou outros medios ou indicacións.

i) Recoméndase que as persoas que padezan algún tipo de dificultade funcional ou enfermidade, para as que o baño poida constituír algún risco, que poñan esta circunstancia en coñecemento dos servizos de salvamento e socorrismo para os efectos de que adopten, no seu caso, e de ser posible, as medidas pertinentes.

13.4. Nas zonas de baño ou durante a tempada de baño, prohíbese a pesca desde a beira da praia e desde os espigóns, excepto entre as 21 e as 9 horas ambas inclusive, para evitar os danos que os aparellos utilizados poidan causar ao resto dos usuarios.

No entanto, calquera actividade de pesca deportiva realizada dentro do horario establecido, quedará supeditada á ausencia de usuarios na praia.

En casos excepcionais, tales como feiras, concursos, etc. poderá autorizarse a práctica da pesca, debendo respectar os participantes os lugares, horarios e condicións que estableza a autorización do organismo competente.

Capítulo III. Ocupación da vía pública.

Artigo 14. Ocupación da vía pública. Instalacións de sinais e outros elementos afectos a servizos públicos.

14.1. Toda ocupación da vía pública, sexa de carácter permanente ou temporal, requirirá a obtención de licenza e o pagamento das taxas establecidas nas ordenanzas municipais.

14.2. A adxudicación de espazos para uso privativo na vía pública con destino á instalación de quioscos fixos de utilización permanente, requirirá a tramitación prevista en materia de concesións administrativas sobre o dominio público, a cuxo réxime se acomodará o seu uso, así como o previsto nas Ordenanzas Municipais.

14.3. A ocupación da vía pública ou espazos de uso público con mesas, cadeiras, carteis publicitarios de calquera tipo, etc. precisará autorización municipal que se outorgará de acordo coas disposicións da ordenanza específica regulamentaria.

14.4. As persoas interesadas na instalación na vía pública de calquera tipo de valos publicitarios, sinais informativos, comerciais ou industriais, de reserva de espazo ou paso, ou elementos de mobiliario urbano, deberán contar coa preceptiva autorización municipal que establecerá os requisitos e as condicións de instalación.

14.5. As persoas propietarias de terreos ou inmobles están obrigadas a permitir a instalación en fachadas, reixas ou valos da súa propiedade, tanto rótulos de denominación de vía como de sinais de circulación.

Capítulo IV. Regulación da publicidade no dominio público.

Artigo 15. Obxecto e ámbito de aplicación.

O Capítulo IV da presente ordenanza ter por obxecto regular as condicións en que se debe desenrolar a publicidade no termo municipal de Cabanas, coa finalidade de manter as adecuadas condicións de limpeza urbana.

O ámbito de aplicación abrangue os espazos e as vías públicas en xeral, así como bens privados que son perceptibles desde a vía pública.

Enténdese por publicidade, toda forma de comunicación realizada por unha persoa física ou xurídica, pública ou privada, no exercicio dunha actividade comercial, industrial, artesanal ou profesional, co fin de promover de forma directa ou indirecta a contratación de bens mobles e inmobles, servizos, dereitos e obrigacións; así como calquera outra manifestación, oral ou escrita, que teña uns destinatarios públicos, e que non se realice con fins lucrativos ou comerciais.

Quedará sometida ó Capítulo IV desta ordenanza toda actividade publicitaria que utilice como soporte transmisor da mensaxe calquera medio material susceptible de atraer a atención, xa sexa cartel, valla, pegatina, pancarta, bandeirola, etc. , excepto a publicidade levado a cabo polos partidos ou organizacións políticas en períodos electorais que se rexerá pola correspondente regulamentación electoral.

Artigo 16. Competencias municipais.

A regulación da publicidade contida no Título IV da presente ordenanza basease nas competencias municipais que recolle o artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local modificada polas Leis 11/99 do 21 de abril e 57/2003 de 16 de decembro.

Será normativa supletoria do presente capítulo a normativa comunitaria, estatal e autonómica sobre a materia e en particular a Lei 34/1998, de 11 de novembro, Xeral de Publicidade e a normativa que a desenvolva e complemente.

Artigo 17. Publicidade. Normas xerais.

17.1. Está prohibida a colocación de carteis, valos, rótulos, pancartas, adhesivos, papeis pegados ou calquera outra forma de publicidade, anuncio ou propaganda sen a correspondente autorización municipal.

17.2. Está prohibida a colocación de calquera tipo de publicidade ou anuncio sobre elementos da paisaxe (árbores, formacións rochosas, etc) , mobiliario urbano ou mobiliario afecto a usos públicos, como farolas, contedores, postes da luz, marquesiñas, sinais de tráfico, casetas de información e turismo, semáforos, muros, túneles, etc, e en especial en lugares de interese medioambiental e de masiva afluencia de visitantes como poida ser o piñeiral da praia da Madalena ou o paseo da Madalena.

17.3. Non se permitirá manifestación de actividade publicitaria algunha sobre edificios ou outro tipo de construcións declarados como monumentos ou históricos, tales como cruceiros, igrexas, atrios, pazos, construcións megalíticas ou castrexas, etc., así como naqueles espazos que posúan algún tipo de protección medioambiental como as Fragas do Eume.

17.4. Prohíbese colocar publicidade sobre a parte exterior dos cristais dos vehículos suxeitada polo limpaparabrisas, así como esparexer e tirar toda clase de folletos ou papeis de publicidade comercial ou calquera material similar na vía pública e nos espazos públicos.

17.5. Prohíbese tamén a colocación de carteis de venda de coches nos cristais dos mesmos, excepto os daquelas empresas que se dediquen profesionalmente á venda de vehículos. De todas maneiras, o cartel de venda debe de levar o logo da empresa responsable. Exceptúase do anterior, a venda dun vehículo dun particular, cando acredite documentalmente a súa propiedade e dispoña de autorización previa do Concello.

17.6. As persoas que reparten publicidade domiciliaria non poderán deixar propaganda fóra do recinto da portería dos edificios ou dos buzóns.

17.7. En período electoral a publicidade que se faga por parte dos partidos ou organizacións políticas estará suxeita á lexislación do réxime electoral.

17.8. Prohíbese esgazar, arrincar e tirar ó espazo público carteis, anuncios, pancartas e obxectos similares.

17.9. O reparto de folletos publicitarios debe facerse na man para evitar enlixar a vía pública, quedando prohibido o lanzamento de follas voantes.

17.10. Está prohibida a publicidade nos lugares nos que poida prexudicar ou comprometer o tránsito rodado ou a seguridade do viandante.

17.11. Está prohibida a colocación de rótulos, carteis ou placas que pola súa forma, cor, debuxo ou inscricións poidan inducir a confusións con sinais regulamentarias de tráfico, impidan a súa visibilidade ou produzan deslumbramentos ós condutores dos vehículos.

Artigo 18.-Carteis, pancartas e banderolas.

18.1. A colocación de carteis e banderolas na vía pública poderá autorizarse expresamente polo Concello nos seguintes supostos:

a) Cando se celebren no municipio acontecementos culturais, artísticos ou deportivos de releve.

b) Cando contribúan a realzar a celebración de concertos, actos ou exposicións de interés para o municipio.

c) En campañas electorais, nos espazos debidamente autorizados.

d) Con fins publicitarios.

De modo excepcional, poderá autorizarse a colocación de carteis e banderolas na vía pública en supostos diferentes ós sinalados.

18.2. A solicitude de autorización á que se refire este artigo deberá incluír, como mínimo, as seguintes precisións:

a) Contido e dimensións dos carteis o banderolas.

b) Lugares de situación dos mesmos.

c) Tempo e datas nos que permanecerán instalados.

d) Compromiso de retiralos e reparar os danos que puideran ocasionar.

e) Esbozo que reflicta a forma de suxeición das banderolas ás farolas ou puntos de luz, asegurando que o soporte no sufra ningún dano na súa pintura ou galvanizado.

18.3. Os carteis e banderolas ateranse ás especificacións autorizadas.

18.4. Os carteis e banderolas deberán axustarse ás condicións da autorización e retiraranse polo solicitante da autorización tan pronto transcorra o prazo concedido. En caso contrario, caberá a execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co establecido no artigo 23.

18.5 O concello reservase o dereito a solicitar unha fianza que será remitida cando se retiren os carteis ou banderolas.

Artigo 19. Outros tipos de publicidade permitida.

19.1. Tamén se poderán permitir os seguintes tipos de publicidade:

a) Medianeiras e cerramentos laterais.

b) Superficies publicitarias sobre fachadas.

c) Superficies publicitarias en soares e obras.

d) Instalacións de mesas no dominio público.

e) Reparto de folletos en man, reparto de publicidade nos portais, etc.

19.2. Nos puntos a), b), c) e d) anteriores, será necesaria a previa tramitación da correspondente autorización municipal na que se establecerán as especificacións autorizadas.

Artigo 20. Características que teñen que cumprir as instalacións publicitarias.

20.1. O deseño e a construción dos soportes publicitarios, tanto nos seus elementos e estruturas de sustentación como no seu conxunto, deberán reunir as necesarias condicións de seguridade, estabilidade, calidade e estética.

20.2. Con carácter xeral as superficies publicitarias, iluminadas ou non, deberán ser construídas de forma tal que tanto de día como de noite se respecte a estética do inmoble e do entorno onde se sitúen, así como a súa perspectiva desde a vía pública.

20.3. Os elementos publicitarios non poderán producir deslumbramento, fatiga ou molestias visuais nin inducir á confusión con sinais de tráfico.

20.4. Non se permitirán instalacións publicitarias en curvas, cambios de rasante, confluencia de vías, e en xeral, naquelas zonas nas que se poida prexudicar, comprometer ou afectar o tránsito rodado ou a seguridade vial.

20.5. Tampouco se permitirán instalacións publicitarias naquelas áreas que impiden ou dificulten a contemplación de edificacións ou conxuntos de edificios.

20.6. Os elementos publicitarios situados en obras, soares, edificios, etc, nos cales os propietarios do elemento publicitario non coincide cos propietarios do inmoble deberán ter permiso por escrito destes últimos para poder instalalos.

Artigo 21. Licenza municipal para os elementos de publicidade exterior.

21.1. Tódolos actos de instalación de elementos de publicidade exterior deberán de solicitar autorización municipal. A efectos do réxime xurídico aplicable, as referidas instalacións terán a consideración de obras menores.

22.2. A persoa física ou xurídica propietaria das instalacións publicitarias está obrigada a conservalas mesmas, a cumprir as normas sobre este tipo de instalación, a estar en posesión dunha póliza de seguros que cubra os danos que poidan derivarse da colocación e explotación das mesmas, dos que serán responsables.

22.3. Con carácter xeral, e en función das características da instalación publicitaria, acompañarán á petición de licenza os seguintes elementos:

a) Memoria ou proxecto técnico subscrito por facultativo competente que inclúa memoria, planos, prego de condicións e presuposto, da maneira regulamentaria correspondente.

b) Referencia á dirección facultativa, de selo caso

c) Plano parcelario oficial a escala 1/ 2.000 marcando claramente os límites do lugar onde se pretenda realizar a instalación.

d) Fotografías do emprazamento desde diferentes ángulos e tomadas desde a vía pública, de maneira que permitan a perfecta identificación do mesmo.

e) No caso de instalacións publicitarias en plantas de piso, luminosas ou iluminadas, autorización dos propietarios das vivendas que teñan ocos situados a unha distancia inferior a tres metros.

f) Fotocopia da licenza de obras, cando a instalación se realice nun emprazamento onde se están executando ou vaian a iniciarse obras.

Artigo 22. Vixencia da licenza.

A licenza estará vixente durante cinco anos, excepto as referidas a unha actividade autorizada e situada nun inmoble onde se exerza, que terán vixencia mentres se desenrole dita actividade.

Cando se extinga a vixencia da licenza, o titular da mesma, está obrigado á desmontaxe dos elementos publicitarios no prazo dun mes e sufragando tódolos custes ocasionados por dita desmontaxe.

Artigo 23. Medidas complementarias.

23.1. O Concello poderá ordenar a retirada, limpeza ou desmontaxe dos elementos publicitarios que non cumpran esta ordenanza. Farase con cargo ó responsable ou responsables, e sen prexuízo das sancións que correspondan.

23.2. Así mesmo o Concello tamén poderá ordenar a desmontaxe de calquera instalación publicitaria por razóns de seguridade e con cargo ós responsables, sen prexuízo das sancións que puideran corresponder.

23.3. Non será necesario requirimento previo, podendo procederse de modo inmediato á execución, cando da persistencia da situación puidera derivarse un perigo inminente para a seguridade pública, das persoas ou bens, os recursos naturais ou o medio ambiente.

Capítulo V. Actuacións cidadás.

Sección Primeira. Actividades contrarias ó uso normal de bens o servizos.

Artigo 24. Actividades contrarias ó uso normal da vía ou espazos públicos.

24.1. Os cidadáns utilizarán as vías ou espazos públicos conforme ó seu destino e non poderán, salvo nos casos legalmente previstos e nas súas condicións, impedir ou dificultar deliberadamente o normal tránsito peonil ou de vehículos polos lugares habilitados ó efecto. Prohíbese a práctica na vía pública ou espazos públicos de actividades, sexa cal sexa a súa natureza, que, atendendo a cada caso concreto e á vista das circunstancias concorrentes, poidan causar danos ás persoas ou bens, ou molestias notables á cidadanía. Non será aplicable esta prohibición nos casos en que se houbera obtido autorización previa ou se trate de lugares especialmente habilitados ou dedicados á realización de tales actividades, nas condicións establecidas.

24.2. Está prohibido utilizar os bancos e os asentos públicos para usos distintos ós que están destinados.

24.3. Tamén está prohibido, lavar ou baldear vehículos e realizar operacións de reparación ou cambio de aceite ou pezas de vehículo na vía pública, excepto cando se trate de emerxencia ou accidente, así como tirar á vía pública calquera tipo de residuo ou lixo.

24.4. Prohíbese tamén acender ou manter acesas fogueiras, grellas ou lume de calquera clase en espazos públicos ou comunitarios, así como o aproveitamento e utilización dos mesmos, agás nos espazos e datas habilitados.

24.5. Non pode efectuarse nos espazos públicos calquera tipo de instalación ou colocación de ningún elemento sen a pertinente autorización municipal.

Artigo 25. Actividades contrarias ó uso adecuado dos servizos públicos.

Queda prohibido calquera comportamento que supoña a utilización inadecuada dos servizos públicos, e, especialmente, a provocación maliciosa da mobilización dos servizos de urxencia.

Sección Segunda. Actividades específicas.

Artigo 26. Ruídos.

Tódolos cidadáns están obrigados a respectar a tranquilidade e o descanso dos veciños e a evitar a produción de ruídos que alteren a normal convivencia tanto nos termos establecidos na lexislación vixente sobre niveis sonoros, como de acordo coas particularidades seguintes, reguladas por esta Ordenanza de promoción de condutas cívicas:

a) Os condutores de vehículos absteranse de poñer a elevada potencia os aparatos musicais dos mesmos. Considerarase que concorre unha elevada potencia cando o nivel desta cando o nivel desta supere os niveis establecidos na lexislación vixente.

b) Queda prohibido disparar petardos, foguetes, bengalas e toda clase de artigos pirotécnicos que poidan producir ruídos ou incendios, sen autorización municipal.

c) As obras realizaranse en horario diúrno, salvo que, por razóns xustificadas, o Concello autorice un horario especial.

d) Non poderán utilizarse ou instalarse altofalantes tanto na vía pública como dirixidos a ela, sexa en inmobles ou vehículos, salvo se se obtivo autorización.

e) Con carácter xeral non se permitirán actividades que xeren molestias ó vecindario, en especial en horario nocturno.

Artigo 27. Residuos e lixo.

27.1. Queda prohibida calquera actividade ou operación non autorizada que poida enlixar as vías e espazos de uso público, incluídos soares, predios sen valar, beiras e cauces fluviais.

A título enunciativo, prohíbese o vertido de cabichas de tabaco, envoltorios, chicles e desperdicios sólidos ou líquidos, ou baleirado de cinceiros e recipientes, a rotura de botellas, ou depósito de lixo ó lado de contedores ou papeleiras, cando estas se atopen baleiras e outros actos similares.

27.2. Os cidadáns teñen a obriga de depositar os residuos urbanos nas papeleiras e contedores correspondentes. Os residuos urbanos que non poidan arroxarse ás papeleiras haberán de depositarse nos contedores instalados a tal efecto.

27.3. Queda expresamente prohibido depositar ou abandonar calquera obxecto de vidro, íntegro ou roto, en calquera espazo de uso público.

27.4. Queda prohibido extraer e estender os residuos depositados nas papeleiras ou contedores.

27.5. Queda prohibido tirar calquera tipo de residuos desde os vehículos, xa sexa en marcha ou detidos.

Artigo 28. Necesidades fisiolóxicas.

Está prohibido facer necesidades fisiolóxicas, como por exemplo defecar, ouriñar, cuspir en calquera espazo dos protexidos nesta ordenanza, agás en instalacións ou elementos que estean destinados especialmente á realización de tales necesidades.

Artigo 29. Consumo de bebidas alcohólicas.

29.1. Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas no espazos públicos cando poida causar molestias ás persoas que utilizan o espazo público ou á veciñanza ou alterar a convivencia cidadá.

29.2. Dita prohibición quedará sen efecto nos supostos en que o consumo de bebidas alcohólicas teña lugar en establecementos e outros espazos reservados expresamente para aquela finalidade, como terrazas e veladores, e cando dito consumo conte coa autorización regulamentaria.

29.3. Considerarase que se alterou a convivencia cidadá cando concorre algún dos seguintes supostos:

a) Cando pola morfoloxía ou natureza do lugar público, o consumo se poida facer de forma masiva por grupos de cidadáns ou invite á aglomeración destes.

b) Cando, como resultado da acción do consumo, se poida deteriorar a tranquilidade da contorna ou provocar situación de insalubridade.

c) Cando o consumo se escenifique de forma denigrante para os viandantes ou demais persoas usuarias dos espazos públicos.

d) Cando os lugares nos que se consume se caracterizan pola afluencia de menores ou a presenza de nenas e nenos ou adolescentes.

29.4. Todo recipiente de bebida debe de ser depositado nos colectores correspondentes ou nas papeleiras situados no espazo público. Queda prohibido tirar ó chan ou depositar na vía pública recipientes de bebidas como latas, botellas, vasos, ou calquera outro obxecto.

Artigo 30. Medidas complementarias.

No caso de que se cometa algunha das infraccións mencionadas anteriormente, os axentes da autoridade, retirarán as bebidas, os envases e demais elementos obxecto das prohibicións, así como os materiais ou os medios empregados. As bebidas alcohólicas e os alimentos intervidos poderán ser destruídos inmediatamente por razóns hixiénico-sanitarias.

Artigo 31. Acampada e esparcimento.

31.1. Non se poderá acampar, instalar tendas de campaña ou vehículos (caravanas) a tal efecto habilitados, en terreos públicos ou privados, carecendo de Autorización.

31.2. Os axentes da autoridade requirirán ós propietarios ou usuarios das tendas de campaña, vehículos ou de calquera tipo de material que ocupe indebidamente a vía pública, para que desista da súa actitude, sen prexuízo de efectuar a denuncia correspondente. En caso de negativa, ou de imposibilidade de localizar ós propietarios ou usuarios, os axentes da autoridade poderán articular os medios necesarios para a retirada inmediata dos mesmos, correndo no seu caso os infractores e, solidariamente, os propietarios cos gastos que se orixinen.

Sección Tercera. Obrigacións singulares.

Artigo 32. Actividades comerciais.

32.1. Cando unha actividade comercial, industrial ou de servizos xere sucidade con frecuencia, nas súas proximidades, ou no espazo autorizado (terrazas e similares), o titular do establecemento deberá manter limpa a parte de vía pública afectada, sen prexuízo das medidas correctoras e demais obrigacións derivadas do réxime aplicable ás preceptivas licencias.

32.2. Os titulares de quioscos, postos ambulantes, terrazas de café, veladores, bares e restaurantes, así como locais caracterizados pola venda de artigos susceptibles de producir residuos como chicles, cáscaras de froitos secos, envoltorios, etc., están obrigados a colocar recipientes adecuados para o vertido de ditos residuos. Así mesmo deben manter limpa a área de vía pública afectada pola súa actividade. Esta obriga será esixible, tanto á apertura e peche da actividade, como durante o funcionamento da mesma.

Por razóns de estética, de hixiene e de seguridade está prohibido almacenar ou amontoar produtos, mobiliario de terrazas ou materiais nas terrazas e xunto ás mesmas. En ningún caso poderá ocuparse maior espazo que o autorizado, nin utilizar elementos provisionais, fixos ou ancorados ó pavimento sen a correspondente autorización municipal.

O Concello poderá proceder á retirada de calquera elemento ou mobiliario autorizado, esixindo o custe de tal retirada ó responsable da instalación, sen prexuízo da correspondente sanción.

Artigo 33. Establecementos públicos.

Os propietarios ou titulares de establecementos de pública concorrencia, ademais da observancia doutras disposicións, procurarán evitar actos incívicos ou molestos dos clientes á entrada ou saída dos locais. Cando no poidan evitar tales condutas, deberán avisar ós servizos de policía para manter o orden e a convivencia cidadá, colaborando en todo momento cos axentes que interveñan.

Artigo 34. Actos públicos.

34.1. Os organizadores de actos públicos como circos, feiras, teatros ambulantes, concertos e eventos de natureza cultural, lúdica, festiva ou deportiva, etc. son responsables da sucidade ou deterioro de elementos urbanos ou arquitectónicos que se deriven da súa celebración, podendo obrigalos a Administración a repoñer ó seu estado previo os bens que se utilicen ou deterioren.

Así mesmo, os organizadores de actos celebrados nos espazos públicos deben de garantir a seguridade das persoas e os bens, debendo cumprir coas condicións de seguridade xerais fixadas polo órgano competente, e velarán para que non se produzan durante a súa celebración condutas que poidan incumprir as disposicións da presente Ordenanza. No suposto de que durante a celebración destes actos se observaran este tipo de condutas, será comunicado inmediatamente ós axentes da autoridade por parte dos responsables de organizar o evento.

34.2. O Concello poderá esixir a ditos organizadores a constitución dunha fianza que garanta a responsabilidade derivada tanto dos traballos de limpeza e medio ambientais como doutros posibles danos e prexuízos que puideran derivarse da celebración do acto. De atoparse o espazo público afectado en perfectas condicións, a fianza será devolta. En caso contrario, poderase deducir da mesma o importe dos traballos extraordinarios realizados.

O Concello outorgará a licenza para a celebración de actos públicos de carácter festivo, cultural, deportivo ou de índole similar atendendo sobre todo a razóns de seguridade.

34.3. En todo caso, os organizadores de actos públicos deberán ter formalizado o correspondente contrato de seguro de responsabilidade civil que garanta os posibles danos, á vista da natureza concreta do acto.

Artigo 35.-Mendicidade.

35.1. Os efectos desta Ordenanza, considerarase mendicidade o exercicio na vía ou espazos de uso público de actividades tales como a petición de limosna.

35.2. Queda prohibida a petición de diñeiro ou limosna exercida de forma intimidatoria ou molesta de palabra ou obra. Así mesmo queda prohibido o ofrecemento de obxectos ou servizos a cambio de diñeiro efectuado con maneiras intimidatorias ou molestas.

35.3. En caso de menores vinculados á mendicidade, estarase ó que dispoña a lexislación vixente en materia de protección de menores.

35.4. Os axentes da autoridade impedirán a mendicidade prohibida e preceptivamente informarán ó necesitado da existencia dos servizos sociais públicos, a fin de que poida solicitar o socorro e axuda necesarios.

Artigo 36. Limpeza de vías, patios, fachadas e outros elementos de propiedade particular.

Os propietarios ou comunidades de propietarios de terreos, construcións e edificios teñen o deber de mantelos en condicións de seguridade, salubridade, ornato público e decoro, realizando os traballos e obras precisas para conservalos ou rehabilitalos, a fin de manter en todo momento as condicións requiridas para a habitabilidade ou o uso efectivo.

Artigo 37. Roupa tendida, rego en terrazas, horario de sacudir alfombras.

37.1. Con carácter xeral, evitarase colocar roupa tendida en balcóns, terrazas ou azoteas de tal maneira que poida ser vista desde a rúa.

37.2. O horario de rego de plantas en terrazas e fiestras, e de sacudir alfombras, tapices, esteiras, sabas e demais roupa de uso doméstico é desde as 6 da mañá ata as 10 horas.

37.3. Non poderán regarse as plantas colocadas nos balcóns das vivendas con fachada á vía pública de maneira que pinguen. De igual modo, as macetas ou recipientes que albergan as plantas deberán de estar suxeitas para evitar que poidan caer á vía pública.

TITULO VI. RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 38. Disposicións Xerais.

38.1. A imposición de sancións axustarase ó procedemento legal e regulamentariamente establecido para o exercicio da potestade sancionadora nesta materia.

38.2. Cando o órgano competente para iniciar o procedemento sancionador tivera coñecemento de que os feitos, ademais de poder constituír unha infracción administrativa, puideran ser constitutivos dunha infracción penal, comunicarao ó órgano xudicial competente, absténdose de proseguir o procedemento sancionador, unha vez incoado, mentres a autoridade xudicial no se teña pronunciado. Durante o tempo que estivera en suspenso o procedemento sancionador, entenderase suspendido tanto o prazo de prescrición da infracción como a caducidade do propio procedemento.

Artigo 39. Clasificación das infraccións.

As infraccións ó establecido nesta Ordenanza, sexan accións ou omisións, terán a consideración de leves, graves ou moi graves.

Artigo 40. Infraccións leves.

40.1. Perturbar levemente a convivencia cidadá mediante actos que incidan na tranquilidade ou no exercicio de dereitos lexítimos doutras persoas, no desenrolo normal de actividades de toda clase conforme á normativa aplicable en salubridade ou ornato públicos, sempre que se trate de condutas non tipificadas na lexislación sobre protección de seguridade cidadá. En todo caso, constituirá infracción:

a) Perturbar levemente o uso dun servizo público ou dun espazo público por parte das persoas con dereito á súa utilización. En todo caso, constituirá infracción:

b) Instalar terrazas ou veladores na vía ou espazos públicos sen dispoñer de autorización municipal ou excedéndose do espazo autorizado.

c) Non manter en perfecto estado de limpeza as terrazas, fachadas, entradas de comercios e negocios de hostalería ou negocios.

d) Sacudir alfombras ou outros e regar fóra do horario establecido.

e) Colocar calquera elemento nos espazos públicos sen autorización.

f) Producir ruídos e proferir sons que excedan manifestamente dos niveis establecidos na lexislación vixente.

g) Lavar ou baldear vehículos e realizar operacións de reparación ou cambio de aceite ou pezas de vehículo na vía pública, excepto cando se trate de emerxencia ou accidente.

h) A práctica de xogos no espazo público e de competicións deportivas, masivas e espontáneas que perturben os lexítimos dereitos da veciñanza ou das demais persoas usuarias do espazo público, especialmente aqueles os que se levan a cabo con instrumentos ou outros obxectos que poidan poñer en perigo a integridade física das persoas usuarias, bens, servizos ou instalación.

i) A práctica de acrobacias e xogos de habilidade con bicicletas, patíns ou monopatíns fóra das áreas destinadas para tal efecto, así como nas escaleiras para peóns, elementos para accesibilidade de persoas con eivas, varandas, bancos, pasamáns, ou calquera outro elemento do mobiliario urbano.

j) Nos usos da praia, os incumprimentos do estipulado no artigo 13 cando non se consideren falta grave ou moi grave.

40.2. Perturbar levemente o normal funcionamento dos servizos públicos. Constituirá, en todo caso, infracción:

a) Lavarse, bañarse ou lavar roupa en fontes, estanques ou similares.

b) Malgastar a auga das fontes e duchas públicas ou utilizar estes servizos para outras actividades como lavar utensilios ou obxectos.

c) Utilizar os bancos e os asentos públicos para usos distintos ós que están destinados.

40.3. Deteriorar levemente os bens dun servizo ou un espazo público. En todo caso, constituirá infracción:

a) Realizar todo tipo de grafito, pintada, mancha, garabato, escrito, inscrición ou grafismo, con calquera materia (tinta, pintura,etc) ou ben raiando a superficie, sobre calquera elemento do espazo público(farolas, papeleiras, bancos, etc), así como no interior ou exterior de equipamentos, infraestruturas ou elementos dun servizo público e instalación en xeral, incluídos transporte público, equipamentos, mobiliario urbano, árbores, xardíns e vías públicas en xeral . Quedan excluídos os murais artísticos que se realicen con autorización do propietario ou con autorización municipal.

b) Utilizar os elementos dos parques infantís persoas adultas ou persoas que sobrepasen o límite de idade establecido.

40.4. Perturbar levemente a salubridade ou ornato públicos. En todo caso, constituirá infracción:

a) Difundir propaganda ou publicidade, colocar carteis, banderolas, etc, infrinxindo o establecido nesta Ordenanza.

b) Esgazar, arrincar e tirar ó espazo público carteis, anuncios, pancartas e obxectos similares.

c) Tirar cabichas, cáscaras, papeis, chicles, materias esbaradizas, pegañentas ou similares ou deixar lixo ou calquera elemento líquido ou sólido abandonado na vía pública.

d) Facer necesidades fisiolóxicas, como por exemplo defecar, ouriñar, cuspir en calquera espazo dos protexidos nesta ordenanza, agás en instalacións ou elementos que estean destinados especialmente á realización de tales necesidades.

40.5. Non permitir a instalación en fachadas, reixas ou valos, das cales sexan propietarios, de rótulos de denominación de vía como de sinais de circulación ou informativos, elementos de iluminación pública, telefonía, gas, electricidade ou calquera outra instalación de servizo público, respectar a súa permanencia, repoñelos ó seu cargo nas súas mesmas condicións en caso de execución de obra particulares que lles afecten, así como facilitar as tarefas que fose preciso realizar para o seu mantemento ou substitución.

40.6. As accións e omisións contrarias ó establecido nesta Ordenanza que non estean tipificadas nos artigos seguintes.

Artigo 41. Infraccións graves.

41.1. Perturbar gravemente a convivencia cidadá mediante actos que incidan na tranquilidade ou no exercicio de dereitos lexítimos doutras persoas, no normal desenrolo de actividades de toda clase conforme á normativa aplicable na salubridade ou ornato públicos, sempre que se trate de condutas non tipificadas na lexislación sobre protección da seguridade cidadá. En todo caso, constituirá infracción a práctica da mendicidade de maneira intimidatoria.

41.2. A mofa, maltrato vexatorio a persoas, se non constitúe infracción de maior gravidade, especialmente se se trata de anciáns, nenos ou persoas física ou psíquicamente diminuídas.

41.3. Perturbar gravemente o uso dun servizo público ou dun espazo público por parte das persoas con dereito á súa utilización. En todo caso, constituirá infracción:

a) Instalar terrazas o veladores na vía ou espazos públicos sen dispoñer de autorización municipal.

b) Dificultar deliberadamente o normal tránsito peonil ou de vehículos polos lugares habilitados ó efecto.

c) Bañarse cando estea izada a bandeira vermella.

d) O incumprimento das normas de limpeza por parte dos titulares dos servizos de tempada da praia.

e) O depósito, en papeleiras e similares, de materiais de combustión por parte dos usuarios da praia.

f) Dificultar, de xeito intencionado, as funcións do servizo público de salvamento.

41.4. Deteriorar gravemente os bens dun servizo ou un espazo público. En todo caso, constituirá infracción:

a) As pintadas ou grafitos que se realicen nos sinais de tráfico ou de identificación viaria, ou de calquera elemento do mobiliario urbano, cando implique a non utilización ou perda total ou parcial da funcionalidade do elemento.

b) Arrincar os bancos que estean fixados, trasladar os que estean soltos e realizar pintadas ou inscricións sobre eles, así como calquera outro acto contrario á súa normal utilización ou que deteriore a súa conservación.

c) Darlle un uso indebido ós elementos dos parques infantís ou as papeleiras de xeito que se produzan roturas ou se estraguen.

d) Subirse, abanearse, ou facer calquera acto que deteriore ou lixe elementos de mobiliario urbano como farolas, cruceiros, sinais de tráfico, semáforos e similares.

e) O uso de vehículos non permitidos por toda a extensión da praia, en particular motos e quads.

41.5. Perturbar gravemente a salubridade ou ornato públicos. En todo caso, constituirá infracción tirar lixo ou residuos sólidos ou líquidos á rede de saneamento ou á vía ou espazos públicos que dificulten o tránsito ou xeren riscos de insalubridade.

41.6. A ocupación do espazo público por calquera das formas mencionadas na Ordenanza, sen a correspondente licenza municipal.

41.7. A reiteración de tres ou máis infraccións leves no transcurso dun ano.

Artigo 42. Infraccións moi graves.

42.1 Unha perturbación relevante da convivencia que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ó exercicio de dereitos lexítimos doutras persoas, unha actitude que poña en risco a integridade física de terceiros, e impida o normal desenrolo de actividades de toda clase conformes coa normativa aplicable ou a salubridade ou ornato públicos, sempre que se trate de condutas no subsumibles nos tipos previstos no Capítulo IV de a Lei 1/1992, de 21 de febreiro, de Protección da Seguridade Cidadá ou normativa que o puidera substituír. Constituirán infracción en todo caso as seguintes condutas:

a) A exhibición de armas, obxectos perigosos para a integridade física das persoas con fins intimidatorios.

b) As condutas de grupo constitutivas de actos de gamberrismo ou de feitos vandálicos. Así como xogos bélicos, molestos, insalubres ou perigosos na vía pública.

c) Alteracións na vía pública como pelexas, altercados ou calquera tipo de actuacións que, non supoñendo delito ou falta penal ou non sendo susceptibles de ser cualificada como grave conforme á Lei Orgánica 1/92 do 21 de febreiro, supoña a produción de alteracións da orde na vía pública.

d) Actos ou omisións contrarios ó previsto nesta Ordenanza que poñan en perigo grave a saúde ou a integridade física ou moral das persoas.

e) Provocación inadecuada e maliciosa da mobilización dos servizos de urxencia.

42.2. O impedimento do uso dun servizo público por outra ou outras persoas con dereito á súa utilización.

42.3. O impedimento ou a grave e relevante obstrución ó normal funcionamento dun servizo público.

42.4. Os actos de deterioro grave e relevante de equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos dun servizo público ou privado.

42.5. O impedimento do uso dun espazo público por outra ou outras persoas con dereito á súa utilización. En todo caso, constituirá infracción impedir sen autorización, deliberada e gravemente, o normal tránsito peonil ou de vehículos polos lugares habilitados ó efecto.

42.6. Os actos de deterioro grave e relevante de espazos públicos ou privados de calquera das súas instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, non derivados de alteracións da seguridade cidadá. Constituirán infracción en todo caso as seguintes condutas:

a) A colocación de carteis, pancartas ou adhesivos sobre monumentos ou edificios catalogados ou protexidos, así como romper, arrancar, realizar pintadas ou causar danos na sinalización pública que impidan ou dificulten a súa visión ou comprensión.

b) As pintadas, grafitos, etc, ou os actos vandálicos que provoquen danos sobre monumentos ou edificios catalogados ou protexidos.

c) Incendiar ou provocar lume deliberadamente ou con grave culpa elementos do servizo público, escombros ou desperdicios.

42.7. A desobediencia das indicacións da Policía Local efectuadas en aplicación e exercicio das súas competencias municipais, así como os actos que constitúan falta de respecto e consideración debida á autoridade ou os seus axentes no exercicio das súas funcións, cando non constitúa infracción penal, para o cumprimento dos artigos desta Ordenanza e outras. Así como a desobediencia ó persoal encargado do servizo de urxencias en situacións de risco para a propia integridade física e/ou a de terceiros.

42.8. A reiteración de tres ou máis infraccións graves no transcurso dun ano.

Artigo 43. Sancións.

43.1. As infraccións leves serán sancionadas con multa de 50,00 € ata 500,00 €

43.2. As infraccións graves serán sancionadas con multas de 500,01 € ata 3.000,00 €

43.3. As infraccións moi graves serán sancionadas con multa de 3.001,01 € ata 30.000,00 €

Artigo 44. Reparación de danos.

O acto de imposición das sancións correspondentes previstas nesta Ordenanza comportará, en todo caso, a esixencia ó infractor da reposición da situación alterada ó seu estado orixinario, e os danos ou prexuízos ocasionados polos infractores serán sempre reparados ou resarcidos polas persoas responsables.

Tanto a esixencia de reposición como de abono dos danos será tramitada polo Concello de acordo co establecido no ordenamento xurídico e atendendo á natureza do ben obxecto deteriorado.

O Concello poderá executar, a costa do obrigado, os actos precisos para repoñer as cousas ó estado en que se atopaban antes da infracción, se aqueles non foran desenrolados polo infractor. A esixencia do custe ó obrigado realizarase de acordo co establecido no ordenamento xurídico.

Artigo 45. Persoas responsables.

45.1. Nos actos públicos serán responsables solidarios, o seu organizador ou promotor, e quen solicite a autorización.

45.2. Das infraccións referentes á publicidade exterior será responsable a empresa publicitaria ou no seu caso a persoa física ou xurídica que dispuxese a colocación do anuncio sen a previa licenza ou concesión, ou con infracción das condicións impostas nas mesmas ou dos preceptos da presente ordenanza.

45.3. Os que dispoñan do dereito ó uso das vivendas ou locais serán responsables das infraccións recollidas nos artigos 26, 32 e 36.

45.4. Nos demais supostos, serán responsables directos das infraccións a esta Ordenanza os autores materiais das mesmas.

45.5. Con carácter xeral, serán responsables solidarios dos danos as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado sobre as que recaia o deber legal de previr as infraccións administrativas que outros poidan cometer. No caso de que o responsable sexa menor de idade e concorra naquel algunha causa legal de inimputabilidade, responderán os pais, titores ou os que teñan confiada a custodia legal.

45.6. Cando as actuacións constitutivas de infracción sexan cometidas por varias persoas, conxuntamente, responderán todas elas de forma solidaria.

Artigo 46.-Gradación das sancións.

Para a gradación da sanción que, unha vez clasificada conforme ós artigos anteriores, deba impoñerse, teranse en conta as seguintes circunstancias:

a) A reincidencia, por comisión no termo dun ano de máis dunha infracción da mesma gravidade cando así teña sido declarado por resolución firme.

b) A reiteración, por comisión no termo dun ano dunha infracción de maior gravidade ou dúas de gravidade igual ou inferior cando así teña sido declarado por resolución firme.

c) A intencionalidade.

d) A relevancia ou transcendencia social dos feitos.

e) A natureza e gravidade dos danos causados.

f) A reparación do dano causado con anterioridade á incoación do procedemento.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, aprobada polo pleno da Corporación en data 26 de setembro de 2012, conforme ao disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, entrará en vigor así que transcorra o prazo de 15 días hábiles desde a publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Cabanas, 12 de abril de 2013.

O Alcalde.

Asdo. German Castrillón Permuy.

2013/4794

©2009 Deputación da Coruña