Administración Local
Municipal
Cabanas
Notificación limpeza fincas
Administración Local
Municipal
Cabanas
Notificación limpeza fincas
ANUNCIO
TITULO: Imposibilidade de practicar a notificación
De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, sen que puidese practica-la mesma por ser devolta pola Oficina de Correos, sen ser posible a súa realización por causas non imputables a Administración, emprázase os interesados que se sinala no anexo para concederlles un prazo de 5 días, a partir do día da publicación no BOP, para que:
1º.-De conformidade có artigo 21 da Lei 3/2007 de 9 de abril de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (modificada pola Lei 7/2012 do 28 de xuño) que establece a obrigación de xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados na presente Lei e na súa normativa de desenvolvemento. Ademais, nos primeiros 30 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente Lei. As distancias mediranse desde o límite do chan urbano ou núcleo rural, no seu caso. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse desde o paramento das mesmas.
2º.- Transcorrido devandito prazo volverá un axente da policía municipal para levantar unha nova acta de comprobación. Se transcorrido o prazo concedido nesta notificación constátase na acta que posteriormente se levante que non cumpriu coas obrigacións de xestión da biomasa e talla de árbores indicadas, poderase iniciar o procedemento sancionador contra vostede, no que ademais da sanción económica poderase acordar a execución subsidiaria repercutíndolle os custos segundo o disposto no artigo 99 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
3º A notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio.
Expediente |
Ref. Catastral |
Titular |
014-013-PA |
polígono 13, parcela 201 |
HEREDEROS DE DON JOSE RODRIGUEZ SAAVEDRA |
026-013-PA |
polígono 11, parcela 348 |
DoNa Perfecta Piñeiro Cabalo |
030-013-PA-A |
15015A011012070000GS |
DON FERNANDO LOUREIRO LOUREIRO |
030-013-PA-B |
15015A011012060000GE |
DoNa FILOMENA ANCA DIAZ |
030-013-PA-D |
15015A011006540000GS |
DESCONOCIDO |
Cabanas, 06 de setembro de 2013.
O Alcalde.
Asdo. Germán Castrillón Permuy.
2013/12322