Jueves, 13 de agosto de 2015 · Número 153
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación modificación ordenanza reguladora da protección do medio natural do concello de Cabanas

E D I C T O

O pleno da Corporación na sesión realizado o 25 de maio de 2015, aprobou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da protección do medito natural do concello de Cabanas. Transcorrido o prazo de información pública sen que se presentasen alegacións, o devandito acordo elévase a definitivo, en virtude do disposto no apartado terceiro do artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril e procédese á publicación da devandita ordenanza.

ORDENANZA REGULADORA DA PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL DO CONCELLO DE CABANAS

PREÁMBULO

Dentro do cadro xeral de competencias establecidas para o municipio, tanto na lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, como a lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, nos artigos 25 e 80 respectivamente, atópanse atribuídas varias que son converxentes polo que ao interese público significa, como son os incendios, a protección civil e o medio ambiente, todos eles en canto contribúen a satisfacer necesidades e aspiracións da comunidade veciñal.

Coa presente norma a Corporación do Concello de Cabanas quere expresar e manifestar o seu compromiso, dentro da súa política municipal, de defensa do medio natural.

É necesario ter un instrumento xurídico eficaz que, con suxeición á xerarquía normativa, permita actuacións que lexitime á administración da entidade local nas tarefas de prevención de incendios e defensa do medio natural.

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 1.-Obxecto e Natureza.

1.- A presente ordenanza dítase segundo as facultades concedidas polos artigos 25 en relación co 84 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, artigo 7 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, artigos 9 e 199 da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e artigo 80 da 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

2.- Constitúe obxecto desta ordenanza a defensa do medio natural, das zonas verdes urbanas, das árbores e das especies vexetais existentes nas rúas, nas prazas e nos demais bens que integran o dominio público municipal, entendéndose por zonas verdes urbanas os solos de titularidade pública destinados a parque, xardín ou arboredo e os de propiedade privada que teñan esa finalidade no planeamento urbanístico aplicable.

Para os efectos deste regulamento tamén se entenden como zona verde os pequenos xardíns situados arredor dos monumentos ou nas illas viarias, as liñas de árbores das beirarrúas e dos paseos e os demais elementos de xardinería da rede viaria ou dos outros bens municipais de uso ou servizo público.

3.- Asemade, este regulamento ten por obxecto a regulación de:

a) Da limpeza obrigatoria de terreos forestais e soares en solo urbano ou de núcleo rural, manténdoos en boas condicións estéticas, de salubridade e de seguridade.

b) De medidas de protección do medio natural.

c) De prevención de incendios no medio rural e na interfaz urbana-rural, mantendo as parcelas libres de maleza.

d) Da corta e saca de madeira.

e) Das plantacións forestais en canto a especies e distancias.

Artigo 2.- Ámbito de aplicación:

A presente ordenanza será de aplicación na totalidade do territorio do Concello, a excepción da zona ocupada polo Parque Natural Fragas do Eume, que terá un tratamento específico segundo o establecido no seu plan de ordenación.

Capítulo II .- DA PROTECCIÓN DE ZONAS VERDES

Artigo 3.- A localización das zonas verdes urbanas axustarase ó que dispoñen as normas de planeamento e deseñarase consonte as regras sobre normalización de elementos construtivos.

Artigo 4.- Conservación de zonas verdes:

O tratamento das zonas verdes aterase ás seguintes regras:

a) Manteranse os elementos naturais, tales como a vexetación orixinaria, os cursos de auga ou as brañas, a configuración topográfica do terreo e calquera outro elemento que se axeite ás características ecolóxicas do lugar.

b) utilizaranse especies vexetais que sexan propias do contorno e compatibles coa tradición e co clima do país.

c) As plantas deberanse atopar en bo estado sanitario e o tamaño deberá se-lo axeitado para o seu desenvolvemento óptimo.

d) Cando as árbores estean preto das edificacións, elixiranse especies que polo seu tamaño ou volume non orixinen unha perda de iluminación nin causen danos nos solos ou infraestruturas.

Artigo 5.- Os titulares de zonas verdes e de formacións ou especies vexetais e arbóreas están obrigados a mantelas en bo estado de conservación.

Artigo 6.- As zonas verdes públicas e privadas deberanse atopar sempre en boas condicións estéticas e de limpeza, e libres de silvas e batumada que poidan ser orixe de lume ou infección.

Artigo 7.-

1.-Os donos de zonas verdes e de formacións vexetais están obrigados a:

a) Realizaren as podas imprescindibles para que as árbores e plantas non sufran deterioración do vigor vexetativo ou aumento de vulnerabilidade ás pragas e enfermidades, e para evita-lo perigo de caída de pólas secas.

b) Daránlle-los tratamentos fito-sanitarios preventivos necesarios para evitar pragas e enfermidades.

c) Daránlle-los correspondentes tratamentos fito-sanitarios no caso de que se produza unha praga ou enfermidade e, se é preciso, arrinca-las plantacións afectadas de xeito inmediato para evita-la propagación da enfermidade.

2.-O Concello requirirá ós interesados para que no prazo máximo de trinta días realicen as operacións anteriores que procedan, e advertiralles da posibilidade de execución subsidiaria, repercutíndolle ao obrigado os custes da execución, sen prexuízo da instrución do correspondente procedemento sancionador.

Artigo 8.- Os titulares de inmobles e de establecementos que dispoñan nas súas instalacións de calquera tipo de plantacións están obrigados a mantelas en bo estado de conservación, e deberán manter limpas as masas arbóreas de ramas, sen que estas se estendan sobre as fincas ou inmobles colindantes

Artigo 9.- Os donos de inmobles que linden coa vía pública e teñan árbores ou vexetais no seu interior están obrigados a mantelos de xeito que non atranquen a utilización das rúas e camiños nin impidan a visibilidade e a iluminación en encrucilladas, interseccións e pasos.

Artigo 10.- As redes de servizos, eléctricas, telefónicas, de sumidoiros ou de distribución de auga, etc., que teñan que atravesa-las zonas verdes deberán facelo de forma subterránea.

Artigo 11.- O USO DAS ZONAS VERDES: Con carácter xeral nas zonas verdes públicas está prohibido:

a) Manipular sen autorización legal calquera clase de árbores e plantas.

b) Camiñar por zonas axardinadas acoutadas.

c) Cortar pólas ou flores das árbores e plantas, cravarlles puntas ou utilizalas como soporte para carteis de publicidade ou para calquera instalación.

d) Botar lixos, refugallos, cascallos, plásticos, papeis ou calquera outro elemento ou substancia que poida dana-las plantacións.

e) Prender lume, a non ser nos lugares que estean expresamente adaptados e autorizados para esa finalidade.

Artigo 12.- Como norma xeral non se permitirá pór tendas nin automóbiles de acampada nas zonas verdes, agás nos lugares especialmente destinados para tal efecto.

Artigo 13.- Tampouco se poderá pór carteis ou realizar calquera tipo de actividades publicitarias nas zonas verdes. Soamente se poderán poñer elementos publicitarios previa autorización do Concello.

Artigo 14.- O acceso e circulación de automóbiles nas zonas verdes, con carácter xeral, soamente se autorizará por vías deseñadas concretamente para esa finalidade.

Artigo 15.-

1.-A realización de xogos e a práctica de deportes nas zonas verdes deberanse desenvolver de xeito que non perturben as características ambientais de acougo e tranquilidade que lles son propias e que non poñan en perigo a integridade das árbores e plantacións nin a seguridade das persoas.

2.-Por esa razón, os xogos e deportes soamente se poderán realizar en áreas especialmente acoutadas cando poidan causar molestias ás persoas, deterioracións nas plantas e árbores ou danos no mobiliario público. Fican prohibidas toda caste de carreiras ou competicións de vehículos a motor.

Artigo 16.-

1.-O mobiliario urbano e os aparellos para xogos infantís das zonas verdes deberán ser utilizados adecuadamente e conforme á súa finalidade. A persoa que os faga obxecto dun uso ou manipulación inapropiados deberá indemniza-los danos e perdas causados, sen prexuízo das responsabilidades administrativas ou penais que sexan procedentes.

2.-Os aparellos para xogos infantís soamente poderán ser utilizados por nenos de idades comprendidas nos sinais indicadores. Están excluídas en todo caso as persoas adultas e os maiores de 16 anos.

CAPÍTULO III.- DA PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL E A PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Artigo 17.-

1.- Ao longo da presente ordenanza, entenderase por titulares de terreos e soares ou propietarios, ás persoas físicas ou xurídicas seguintes: persoas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias de soares en solo urbano e núcleo rural e de terreos agrícolas e forestais e das zonas de influencia forestal, así como os titulares ou concesionarios de infraestruturas públicas emprazadas nos mesmos, titulares de calquera outro dereito real ou persoal, as administracións, entidades ou sociedades que teñan encomendada a competencia sobre a xestión ou cedida a mesma en virtude de algunha das formas contempladas legalmente, e tódalas persoas físicas ou xurídicas responsables dos citados terreos,

2.- As persoas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias de soares en solo urbano e núcleo rural e de terreos agrícolas e forestais e das zonas de influencia forestal, así como os titulares ou concesionarios de infraestruturas públicas emprazadas nos mesmos, teñen a obrigación de mantelos en condicións de limpeza e hixiene adecuadas á súa natureza, libres de silvas, mato e batumada, contribuíndo a previr ou evitar os incendios forestais. Esa obriga deberá ser especialmente observada ó chega-la época de máximo perigo de lume forestal sinalada pola Consellería competente.

3.- Os titulares dos terreos colindantes cos núcleos de poboación rurais, edificacións, cámpings, infraestruturas e áreas recreativas, parques e polígonos industriais, plataformas loxísticas e vertedoiros, así como calquera outra susceptible de ser protexida, procederán á limpeza da maleza dos mesmos antes do 31 de marzo de cada ano.

A limpeza da maleza realizarase nunha franxa de 100 metros ó redor das edificacións mencionadas anteriormente.

4.- Todo propietario de soar quédalle expresamente prohibido manter ou verter neles lixos, residuos de calquera tipo de natureza, entullos ou maleza.

5.- As edificacións para uso residencial, comercial, industrial ou de servizos, e as instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais así como as vivendas vinculadas ás mesmas emprazadas en zona de alto risco de incendios forestais, e as urbanizacións, edificacións e instalacións resultantes da execución de planes de ordenación urbanística emprazadas nas zonas de influencia forestal que non teñan continuidade inmediata coa trama urbana terán que cumprir as seguintes medidas de prevención:

a.- Asegurar a existencia dunha faixa de protección de 50 metros de ancho ó seu arredor, libre de vexetación seca e coa masa arbórea aclarada.

b.- Manter o terreo non edificado da parcela e o viario de titularidade privada libres de vexetación seca e coa masa arbórea aclarada.

c.- Dispoñer dunha rede de hidrantes homologados para a extinción de incendios ou no seu defecto de tomas de auga.

d.- Presentar ante a administración municipal un plan de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Cando os titulares dos bens citados anteriormente non coincidan cos titulares da franxa de protección de 50 metros, establecerase unha servidume forzosa para acceder á mesma, para xestión da biomasa, sendo o menos prexudicial posible para os terreos gravados, non podendo afectar en ningún caso a construcións ou infraestruturas que se sitúen nos mesmos.

En todo caso, as datas e as accións previstas para a xestión da biomasa haberán de ser comunicadas ós titulares da faixa de protección cando non coincidan coas persoas (físicas ou xurídicas) responsables de xestionar a biomasa.

6.- No caso de vías e camiños forestais a limpeza da maleza farase no estado arbustivo e subarbustivo, en dous metros dende a aresta exterior da vía ou camiño.

7.- Os concesionarios de gasolineiras, propietarios de industrias pirotécnicas, de almacéns de materiais inflamables e similares situados a menos de 100 metros dunha zona de monte, manterán a súa propiedade limpa de vexetación en 50 metros desde o perímetro das súas instalación. Se a extensión da propiedade non acadase esta medida a obriga estenderase ata o límite da mesma. No suposto de novas instalación esixirase por parte da administración competente para a súa autorización a existencia desta zona perimetral.

8.- En caso de incumprimento, o Concello poderán notificar, de oficio ou por solicitude de calquera persoa interesada, ós titulares a súa obrigación de executar os traballos necesarios para manter as condicións de limpeza citadas co sinalamento dun prazo de realización, advertíndolles da posibilidade da execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

9.- A concorrencia de dous ou máis propietarios na titularidade dos terreos determinará que queden solidariamente obrigados, e o Concello poderá esixirlles a calquera deles o cumprimento íntegro do deber de conservación, incluídas as obrigas resultantes da execución forzosa, con aplicación de multas coercitivas e/ou execución subsidiaria.

10.- No suposto de solares e terreos sobre dos que pesen herdanzas aínda non partidas e adxudicadas, bastará notificar a un dos herdeiros coñecidos, considerándose a ditos efectos representante da comunidade hereditaria.

11.- Se no prazo de 30 días naturais os citados titulares non levan a cabo a limpeza da maleza, o Concello poderá proceder á execución subsidiaria, repercutindo os custes ás persoas obrigadas, que en todo caso, estarán obrigadas a facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de limpeza de maleza.

Artigo 18.- O incumprimento do deber regulado no artigo anterior poderá comportar a iniciación do correspondente expediente sancionador, coa imposición da multa que corresponda segundo a lexislación aplicable e sen prexuízo das responsabilidades nas que poida incorre-lo responsable no caso de que chegue a declararse o lume.

Artigo 19.- Nos espazos naturais, nas zonas verdes e nos terreos forestais e agrícolas está prohibido botar:

a) Mistos prendidos ou cigarros sen apagar.

b) Lixos, cristais, restos industriais ou calquera clase de obxecto que comporte perigo de lume forestal.

c) Foguetes, globos ou calquera outro trebello que conteña lume ou poida orixinalo, a non ser nas festas locais e sempre coas debidas precaucións e con autorización municipal e da Consellería competente.

Artigo 20.-

1.- Prohíbese o uso do lume nos montes, terreos forestais e zonas de influencia forestal, salvo nos usos permitidos regulamentariamente.

2.-Os excursionistas e grupos de acampadas soamente poderán facer lume nas zonas habilitadas para tal fin. Neste caso adoptarán as máximas precaucións. Aseguraranse da total extinción do lume denantes de abandona-lo lugar.

3.- Durante a época de perigo alto, nos traballos e outras actividades que se leven a cabo en tódolos terreos forestais e zonas de influencia forestal, é obrigatorio, que todo tipo de tractores, máquinas e vehículos de transporte pesado estean dotados de dispositivos de retención antichamas nos tubos de escape, así como de equipamento para a extinción de incendios nos termos que regulamentariamente se establezan.

Artigo 21.-

1.-Fóra da época de máximo perigo, para a utilización do lume en traballos agrícolas e forestais será de cumprimento obrigatorio:

a) A comunicación previa de queima para restos agrícolas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

b) A autorización de queima precisarase para restos forestais, que estean amoreados ou non e con independencia de que estean depositados sobre un terreo agrícola ou forestal.

2.-As queimas autorizadas deberanse facer sempre con suxeición ás normas ditadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, e en concreto:

a) A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.

b) Previamente ao inicio do lume, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos 5,00 m de ancho arredor do perímetro no que se vai queimar.

c) Non se poden facer queimas en días de vento, e se este se levantase trala iniciación da queima suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.

d) Non se abandonará a vixilancia da zona queimada ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

e) Deberase contar con persoal e material abondo para o seu debido control.

f) A comunicación da queima non eximirá das responsabilidades por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de producirse un incendio forestal polo uso do lume cando concorra neglixencia ou imprudencia.

Artigo 22.-

1.- Toda persoa que advirta a existencia ou a iniciación dun incendio forestal estará obrigada a avisar á autoridade competente ou ós servizos de emerxencia e no seu caso colaborar dentro das súas posibilidades na extinción do incendio (teléfono de emerxencias 112).

2.- Toda persoa ou entidade pública ou privada haberá de prestar a colaboración requirida, de acordo coas súas posibilidades, polas autoridades competentes na loita contra os incendios forestais e para a adopción de medidas de prevención e protección.

Artigo 23.-

1.-Se con motivo dos traballos de extinción de lumes forestais fose preciso, a criterio da autoridade que os dirixa, entrar en terreos forestais e agrícolas ou utiliza-los camiños existentes e realizar neles traballos, como por exemplo, abrir devasas de urxencia ou anticipa-la queima, mediante contra-lumes, de determinadas áreas que se xulgue que van a ser consumidas polo incendio, poderanse facer todas esas operacións aínda cando non se poida contar coa autorización dos donos dos terreos. Nestes casos informarase o máis axiña posible á autoridade xudicial para os efectos legais procedentes.

2.-Tamén se poderán utiliza-las augas públicas e privadas nas cantidades que sexan precisas para a extinción do lume, aínda que neste último caso se opoña o seu titular.

CAPÍTULO IV.- DA CORTA E SACA DE MADEIRA.

Artigo 24.- Deberá entenderse por corta e saca de madeira, a totalidade das operacións que teñen por obxecto a obtención e transporte de madeira de tala, incluíndo tanto as operacións previas (desprazamento de vehículos e maquinaria, construción de ramplas ou acceso ás fincas, preparación do terreo, etc.), como as posteriores (preparación e depósito de madeira, carga e transporte).

Artigo 25.- Autorización das cortas.

1.- Será necesaria a autorización ou licenza municipal, sen prexuízo das outras autorizacións administrativas que fosen procedentes de conformidade coa lexislación específica aplicable, para a realización da corta de árbores ou especies que estean integradas en masas e espazos boscosos, arbóreos e parques no Concello de cabanas.

Exceptuase do descrito anteriormente, a realización de cortas para usos propios domésticos, entendendo como tales os que non teñan por destino a súa comercialización.

2.- Será responsabilidade do titular da plantación, do transportista ou do madereiro a corta e saca e a obtención das licencias ou autorizacións que correspondan.

3.- No impreso de solicitude deberán constar os seguintes datos:

- Datos identificativos do propietario forestal: DNI, nome, apelidos, enderezo, teléfono.

- Datos identificativos do madeireiro ou persoa que o represente: Nome e apelidos, DNI, CIF no caso de empresa, domicilio e teléfono.

- Especie de madeira obxecto da corta e cantidade aproximada en Tm.

- Nome da finca ou predio afectado e situación en plano catastral.

- Data prevista de inicio e remate dos traballos.

- Vehículos e maquinaria que se vai a utilizar na operación de corta e saca.

- Lugar de depósito da madeira.

- Vías que se van a utilizar e sistema de limpeza previsto para as mesmas.

-De ser o caso, fotocopia compulsada do permiso, autorización ou licenza de corta expedido pola autoridade competente.

-Fotocopia compulsada do seguro de responsabilidade civil e do recibo bancario conforme está ó corrente de pago, que cubra os eventuais danos que se poidan producir. No caso de carecer de seguro débese de presentar a correspondente fianza.

Os importes da fianza:

-Vehículos cun peso máximo autorizado inferior a 16 Tm, 2000 euros.

-Vehículos cun peso máximo autorizado maior ou igual a 16 Tm, 3500 euros.

4.- Unha vez obtida a preceptiva licenza o interesado deberá comunicar á Policía Local o día de comezo da corta de madeira con indicación do estado en que se atopan as pistas municipais afectadas, e cando rematen os traballos faranse a mesma comunicación á Policía Local para que realice as inspeccións necesarias.

Artigo 26.-

1.- O madereiro será responsable directamente de tódolos danos e prexuízos a persoas e bens que se produzan ou ocasionen con motivo da corta, depósito e transporte de madeira, debendo reparar o dano causado.

Ese dano deberá ser reparado 48 horas despois da retirada da madeira ou 72 horas se coincide en fin de semana, podendo ser inferior o prazo se a Policía Local así o indicase atendendo a causas xustificadas.

2.- O madereiro está obrigado á limpeza e retirada dos residuos da corta de madeira de xeito que as pistas, camiños ou espazos públicos queden en todo momento no mesmo estado de limpeza e conservación que tiñan antes de levarse a cabo as operacións de corta e saca de madeira.

Esta obriga de limpeza deberá cumprirse nun prazo de 48 horas a partir da retirada da madeira ou 72 horas se coincide en fin de semana agás que a Policía Local requira ó responsable facelo nun tempo menor, por razón xustificadas.

3.- Prohíbese o almacenamento de madeira nas vías públicas. Os depósitos de rolla, ramas, podalla ou restos en xeral non poderán invadir a zona de circulación, nin menoscabar a funcionalidade das cunetas, canalizacións, pontes, ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa ás vías.

4.- Prohíbese que os refugallos que non sexan estritamente vexetais, se deixen ou depositen no monte, vías ou lugares non autorizados expresamente. Os residuos asimilables ós urbanos seleccionaranse e depositaranse no contedor municipal adecuado. Os residuos industriais, especialmente, aceites usados, entregaranse a un xestor autorizado.

5.- Prohíbese o depósito de subprodutos resultantes da explotación forestal, tales como biomasa forestal residual, achas, cortiza, resina e todo tipo de restos agrícolas e de produtos inflamables nas redes primarias e secundarias de xestión de biomasa con excepción dos lugares expresamente autorizados por licenza municipal, e no meses de xullo, agosto e setembro deberase salvagardar unha área libre de vexetación de 25 metros ó redor.

6.- Os propietarios dos montes tratarán os restos forestais de maneira que minimicen o risco de incendio, dando prioridade ós tratamentos que supoñan a incorporación dos restos ó ciclo produtivo agroforestal ou ó aproveitamento de biomasa forestal residual nas súas distintas variantes, só cando non se poidan acometer ditos tratamentos procederase á queima dos restos, observando as condicións de comunicación ou autorización regulamentarias.

7.- Transcorridos un prazo de sete días desde que se produciron os danos, a infracción ou a acumulación de restos, o concello poderá realizar con cargo á fianza as operacións de amaño, corrección ou/e retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda, e de exercer as accións oportunas para resarcirse dos custes, se non fora suficiente a fianza.

CAPÍTULO V.- DAS PLANTACIÓNS FORESTAIS.

Artigo 27.- Distancias mínimas a respectar polas novas repoboacións forestais:

1.- Distancias mínimas de plantación:

a) Con parcelas forestales

2 metros

b) Con terrenos ubicados en suelo rústico de especial protección agropecuaria

10 metros

c) Con zonas dedicadas a labrantío, cultivo, prados o pastos no clasificados de especial protección agropecuaria

4 metros cuando se empleen las especies frondosas del anexo 1 y 10 metros en el resto de las especies

d) Desde el límite del dominio público de las vías (autopistas, autovías, corredores, vías rápidas y carreteras convencionales) o ferrocarriles

4 metros cuando se empleen las especies frondosas del anexo 1 y 10 metros en el resto de las especies

e) Con pistas forestales principales

2 metros cuando se empleen las especies forestales del anexo 1; es el resto de las especies; 4 metros en general y 6 metros en los ayuntamientos declarados como zona de alto riesgo.

f) Desde la proyección del conductor más externo, considerando su desviación máxima producida por el viento según la normativa aplicable a cada caso, de la infraestructura eléctrica

5 metros para todas las especies

g) Con cauces fluviales de más de 2 metros de ancho

5 metros cuando se empleen las especies de frondosas del anexo 1, y 15 metros en el resto de especies, a contar desde el dominio público. No será de aplicación en actuaciones de recuperación ambiental

h) Con edificaciones, viviendas aisladas, urbanizaciones, depósitos de basura, parques e instalaciones industriales ubicadas a menos de 400metros del monte y fuera de suelo urbano y de núcleo rural

i) Con suelo urbano, suelo de núcleo rural y suelo urbanizable delimitado

15 metros cuando se empleen las especies frondosas del anexo 1, y 30 metros en el resto de especies

j) Con cámpines, gasolineras e industrias o instalaciones preexistentes en que se desarrollen actividades peligrosas con arreglo a lo establecido en la Ley 1/1995, de 2 de enero, de protección ambiental de Galicia, o en su normativa de desarrollo

25 metros para especies frondosas del anexo 1, y 50 metros para el resto de especies

k) plantación de árboles frutales, arbustos y ornamentales, de porte alto

4 metros de la línea divisoria para todas las especies

l) ) plantación de árboles frutales, arbustos y ornamentales, de porte bajo

2 metros de la línea divisoria para todas las especies

m) Con vías públicas municipales

5 metros para todas las especies

n) Con caminos privados y serventías

2 metros para todas las especies

o) Con fuentes, manantiales y pozos

25 metros para eucaliptos, 5 metros cuando se empleen las especies frondosas del anexo 1 y 10 metros en el resto de las especies

2.- As distancias anteriores non serán de aplicación en parques públicos, xardíns botánicos e no interior de parcelas rústicas ou de núcleos rurais edificados con plantacións de pés illados ou xardíns con sebes e especies arbóreas ornamentais, nin no caso de afectar a árbores singulares.

3.- As distancias mediranse dende o tronco do pé máis próximo á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade. No caso de tendidos eléctricos, as distancias mediranse ata a proxección do condutor máis externo, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente.

- para edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o paramento das mesmas.

- para campins, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o límite das instalacións.

4.- Exceptúase do cumprimento das distancias establecidas nesta ordenanza, no referente ás distancias das plantacións ou repoboacións en terreos colindantes con outras explotacións forestais, sempre que non afecte a elementos ou predios con algún tipo de protección, cando, xunto coa comunicación da plantación realizada ante o Concello, se presente unha declaración de conformidade asinada polos propietarios dos predios colindantes á que vai ser obxecto da actuación.

5.- Queda exceptuado do estipulado neste regulamento a zona ocupada polo Parque Natural Fragas do Eume, que terá un tratamento específico segundo o establecido no seu plano de ordenación.

Artigo 28.- Prohibicións:

1. Prohíbense as repoboacións forestais en solo urbano, de núcleo rural, en solo urbanizable delimitado e no rústico de especial protección agropecuaria, salvo nos casos expresamente contemplados na Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. Prohíbense as repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prado ou pastos, con independencia da súa cualificación urbanística, salvo nos casos expresamente contemplados na Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.

3. Prohíbese a realización de repoboacións forestais con exemplares do xénero Acacia.

4. Prohíbese a existencia de árbores, arbustos, ornamentais e xardíns por fora do límite das propiedades, exista peche da finca ou non, invadindo terreo de domino público local. No caso de plantacións dentro do domino privado, colindantes con dominio público, ou con outros dominios privados, os propietarios aseguraranse de respectar as distancias mínimas establecidas nesta ordenanza e de que o voo das ramas non invadan o dominio público nin outros terreos colindantes.

5. Nos terreos con prohibición de plantación respectaranse as existentes, pero unha vez cortados prohíbese a repoboación, incluíndo os propios xermolos.

6. Quedan prohibidas as reforestacións e novas plantacións intercaladas có xénero Eucalyptus naquelas superficies poboadas con especies do anexo I, incluso con posterioridade o seu aproveitamento ou a súa afectación por un incendio forestal. Esta prohibición non será de aplicación nos casos de rexeneración posterior a plantación ou rexeneración, en piso inferior ou sotobosque, de especies do anexo I.

Artigo 29.- Obrigacións dos propietarios con respecto ás repoboacións.

1. Con fin de garanti-lo efectivo cumprimento desta ordenanza, establécese a obrigatoriedade da comunicación previa da plantación de superficies forestais superiores a 500 metros; en dita comunicación identificarase o propietario, o predio obxecto da plantación, así como a especie e densidade.

2. Os propietarios están obrigados a manter en todo momento a franxa de terreo que se utiliza para marcar as distancias mínimas limpas de maleza, restos e xermolos de árbores.

3. As repoboacións forestais deberán manterse en todo momento limpas en condicións e características axeitadas para a prevención e mellor defensa contra os incendios forestais.

4. Os titulares de fincas que realicen repoboacións forestais colindantes con outras fincas, respectando as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente, deberán manter limpas as masas arbóreas de ramas, sen que estas se estendan sobre as fincas colindantes.

CAPÍTULO VI.- DO RÉXIME SANCIONADOR.

Artigo 30.- Definición das infraccións: constitúe infracción desta ordenanza as accións ou omisións que vulneren o seu contido:

a) non cumprir a orde de execución das obras para manter os terreos, urbanización de iniciativa particular e edificacións ou instalacións en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, e de acordo, coas normas de protección ao medio ambiente, do patrimonio histórico e de rehabilitación, tal como dispoñen, entre outras leis, os artigos 9 a 199 da lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 24 do Regulamento de disciplina urbanística (RD 28/1999 do 21 de xaneiro); a Lei 15/2004, do 29 de decembro, de Modificación da Lei 9/2002, de 30 de decembro; do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan as Medidas Relativas á Prevención de Incendios Forestais, á Protección dos Asentamentos no Medio Rural, á regulación de Aproveitamentos y Repoboacións Forestais; a Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia; a Orde 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para a Xestión da biomasa Vexetal; a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia; a Lei 9/2001, de 11 de agosto de Conservación dá Natureza; así como o resto da lexislación actualmente vixente ou que se aprobe de forma posterior a esta ordenanza.

b) non respectar as medidas preventivas de protección contra incendios forestais incumprindo o deber de manter limpo de maleza ou calquera outro material que facilite a propagación do lume dentro das distancias de seguridade sinaladas nesta ordenanza.

c) realizar plantacións de árbores sen respectar as distancias para as distintas especies, e a nova plantación de árbores dentro da franxa de protección contemplada nesta ordenanza.

d) non respectar o sinalado nesta ordenanza respecto da corta e saca de madeira.

As infraccións ás que se refire os apartados anteriores poderán ser sancionadas con multas coercitivas. En caso de incumprimento dunha orde de execución por infracción desta ordenanza, a administración municipal poderá optar pola execución subsidiaria ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiterables mensualmente ata acadar a execución polo suxeito obrigado.

Artigo 31.- Tipificación das infraccións:

1.- As infraccións desta ordenanza clasificaranse en leves, graves e moi graves:

a) Son infraccións moi graves: accións e omisións que constitúan incumprimento das normas que afecten á seguridade e salubridade das edificacións e terreos, así como o incumprimento das medidas de prevención contra incendios sinaladas nesta ordenanza durante os meses de verán, que supoñan un risco grave contra a seguridade de persoas ou bens en caso de incendio.

b) Son infraccións graves: as accións e omisións que constitúan incumprimento das normas que, relativas a seguridade e salubridade ou ornato que afecten levemente á salubridade/seguridade de persoas e bens, así como as medidas de prevención contra incendios sinaladas nesta ordenanza que supoñan un risco evidente contra a seguridade de persoas ou bens en caso de incendio e a nova plantación de árbores dentro da franxa de protección fixada nesta ordenanza.

c) Consideraranse infraccións leves as infraccións desta ordenanza que non teñan carácter de moi graves ou graves, así como a falta reiterada de atención ás notificacións recibidas polo incumprimento desta ordenanza.

Artigo 32.- Incumprimento: no incumprimento das ordes de execución serán responsables as persoas físicas ou xurídicas contempladas no artigo 17.1.-

Artigo 33.- Sancións: para graduar as multas atenderase aos criterios establecidos na lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, e na lei 43/2003, de 21 de novembro de montes.

A contía das multas:

1.- Sancións por faltas leves: sancionaranse con multas de 100 a 1.000 euros.

2.- Sancións por faltas graves: sancionaranse con multas de 1.001 a 100.000 euros.

3.- Sancións por faltas moi graves: sancionaranse con multas de 100.001 a 1.000.000 euros.

Artigo 34.- Procedemento: o órgano competente para resolución do procedemento sancionador pola comisión de infraccións leves e graves é o alcalde, e a resolución dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do Concello, conforme o que dispón a lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.

Artigo 35.- A potestade sancionadora exercerase segundo o establecido no Regulamento do procedemento do exercicio da potestade sancionadora, aprobado por RD 1398/1993, do 4 de agosto.

Artigo 36.- As multas e sancións impostas ao amparo da presente ordenanza, reduciranse na súa contía nun 50 % no caso de ser aboadas no prazo de 15 días a partir da notificación da multa ou sanción, e se o infractor mostra por escrito a súa conformidade con estas, e renuncia expresamente ao exercicio de toda acción de impugnación no citado prazo.

Artigo 37.- Caducidade: o prazo para resolver o procedemento sancionador será dun ano contado dende a data da súa incoación.

Transcorrido dito prazo sen resolver producirase a caducidade do procedemento.

No suposto de que a infracción non prescribira deberá iniciarse un novo procedemento sancionador.

Artigo 38.- Prescrición: As infraccións moi graves a esta ordenanza prescribirán aos 5 anos, as graves aos 3 anos e as leves ao ano dende que se produciu o feito ou se formulou requirimento de execución.

Artigo 39.- Recursos: contra as resolucións de Alcaldía ou órgano competente en caso de delegación nas que se plasmen ás obras de execución que poñan fin a vía administrativa cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte o da notificación desta resolución, nos termos establecidos nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da presente resolución ou dende que sexa resolto o recurso de reposición no caso de que se formulase con carácter previo, de conformidade co sinalado no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo instrúeselle que contra este acto administrativo poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

ANEXO I

- Coníferas

Pino silvestre: Pinus sylvestris L.

Tejo: Taxus baccata L.

- Frondosas:

Aliso: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.

Arce: Acer pseudoplantanus L.

Abedul: Betula sp.

Fresno: Fraxinus excelsior L.

Fresno de hoja estrecha: Fraxinus angustifolia Vahl

Castaño: Castanea sativa Mill

Castaño híbrido: Castanea x híbrida (resistente tinta)

Cerezo: Prunus aviun L.

Roble: Quercus robur L.

Rebollo: Quercus pirenaica Will.

Alcornoque: Quercus suber L.

Roble albar: Quercus petraea (Matts) Liebl.

Encina: Quercus ilex L.ssp. ballota (Desf.) Samp.

Quercus rotundifolia Lam.

Avellano: Corylus avellana L.

Haya: Fagus sylvatica L.

Olmo: Ulmus glabra Huds.

Ulmus minor Miller.

Laurel: Laurus nobilis L.

Mostajo: Sorbus aria L.

Serbal de los cazadores: Sorbus aucuparia L.

Nogal: Juglans regia L.

Madroño: Arbutus unedo L.

Cabanas 5 de agosto de 2015.

O Alcalde accidental.

Asdo. Manuel González López

2015/8474

©2009 Deputación da Coruña