Miércoles, 27 de julio · Número 141
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2016_0000005010

Administración Local

Municipal

Cabanas

Proposta orde execución

Secretaría

Orde de execución polo estado de abandono dunha finca situada na Rúa de Arriba, n.º 14, Cabanas, parcela con referencia catastral 8177802NJ6087N0001DG.

Disciplina urbanística

Expte: 16.01

 

ANUNCIO

Vista a imposibilidade de notificar á titular da finca, D.ª Mónica Fernández Veiga, con referencia catastral 8177802NJ6087N0001DG, situada na rúa de Arriba n.º 14 desta localidade, a cal se atopa en estado de abandono e polo que foi incoado expediente de orde de execución n.º 16.01, procédese a practicar a presente notificación por edicto á titular da finca, D.ª Mónica Fernández Veiga, e a cantas persoas descoñecidas puideran ostentar dereitos de propiedade ou de calquer outra índole sobre o referido inmoble.

Acto que se notifica: resolución da Alcaldía número 178 /2016, de data 8 de xuño de 2016, na que se dispón o seguinte:

“RESOLVO:

PRIMEIRO.–Formular a seguinte proposta de resolución:

1.º.–Ordenar á titular da finca, Mónica Fernández Veiga, situada na rúa de Arriba n.º 14, Cabanas, parcela con referencia catastral 8177802NJ6087N0001DG, a execución das actuacións estrictamente necesarias para garantir a seguridade, salubridade e ornato público da mesma, valoradas en 1.098,09 euros e consistentes en:

– Eliminación de toda a vexetación herbácea e arbustiva por medio de roza desa vexetación, procedendo ao triturado do material resultante ata que o mesmo poida ser incorporado ao substrato ou, pola contra, eliminar os restos vexetais xerados desta maneira.

– A realización de obras de conservación e a demolición completa, elemento a elemento de anexo cunha edificación colindante e/ou medianeira. A edificación presenta unha estructura de fábrica cuberta de fibrocemento e o seu estado de conservación é ruinoso.

2.º.–Outorgar á propietaria un prazo para a adopción destas medidas de trinta días naturais, prazo que se computará a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución.

3.º.–Notificar esta proposta de orde de execución a propietaria, que terá un prazo de quince días para presentar cantas alegacións, xustificación e documentos estime necesarios, advertíndolle que no suposto de incumprimento da presente orde de execución, e se así se acreditase documentalmente, procederase á execución subsidiaria da mesma ou á execución forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas de 1000 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución das ordenadas actuacións, podendo incluso incoarse o oportuno procedemento sancionador.

4.º.–Advertir á propietaria que en caso de non executar voluntariamente o ordeado, e de optarse pola execución subsidiaria, o importe resultante dos traballos de execución subsidiaria, así como os relativos aos danos e prexuízos ocasionados e que traian causa de aqueles, serán esixidos logo de taxación por vía de constrinximento.

SEGUNDO.–Esta resolución non ten carácter definitivo na vía administrativa, e descoñecéndose o domicilio da propietaria da referida finca, notifíqueselle mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a súa publicación mediante edictos no Boletín Oficial da Provincia e Boletín Oficial do Estado.

O acorda e asina o Sr. alcalde, Germán Castrillón Permuy, en Cabanas, a oito de xuño de dous mil dezaseis, do que eu, Antonio López Vila, como Secretario, dou fe.”

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada, D.ª Mónica Fernández Veiga, que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa a súa disposición na Secretaría do Concello de Cabanas.

Cabanas, 8 de xuño de 2016.

O alcalde

Germán Castrillón Permuy

2016/5010

 

©2009 Deputación da Coruña