Viernes, 4 de noviembre · Número 209
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2016_0000009066

Administración Local

Municipal

Cabanas

Incoación expediente de execución subsidiaria

Incoación expediente de execución subsidiaria.

Secretaría

Incoación de expediente de execución subsidiaria polo estado de abandono dunha finca situada na Rúa de Arriba nº 14, Cabanas, parcela con referencia catastral 8177802NJ6087N0001DG, propiedade de Dª. Mónica Fernández Veiga.

Disciplina urbanística

Expte: 16.01

ANUNCIO

Vista a imposibilidade de notificar á titular da finca, Dª. Mónica Fernández Veiga, situada na Rúa de Arriba nº 14 desta localidade, parcela con referencia catastral 8177802NJ6087N0001DG, a cal se atopa en estado de abandono e polo que foi incoado expediente de orde de execución nº 16.01, procédese a practicar a presente notificación por edito á titular da finca, Dª. Mónica Fernández Veiga, e a cantas persoas descoñecidas puideran ostentar dereitos de propiedade ou de calquera outra índole sobre o referido inmoble.

Acto que se notifica: Resolución de Alcaldía 510/2016, de data 19 de outubro de 2016, na que se dispón o seguinte:

A vista dos antecedentes e fundamentos que anteceden, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Incoar expediente de execución subsidiaria de execución das obras referidas nos antecedentes desta resolución no inmoble con referencia catastral 8177802NJ6087N0001DG, sito en Rúa de Arriba 14, con fronte polo seu linde Norte á estrada AC-141 ás Pontes e no seu linde Sur coa rúa de Abaixo, de conformidade cos antecedentes e fundamentos de dereito anteriormente expostos, consistentes en:

-Roza e limpeza de 501 m2 de terreo, con medios manuais, carga en camión e transporte a vertedoiro autorizado.

-Demolición completa, elemento a elemento, do anexo cunha edificación colindante y/o medianeira.

SEGUNDO. - Dar traslado á propietaria do inmoble, Mónica Fernández Veiga, e a cantas persoas descoñecidas puidesen ostentar dereitos de propiedade o de calquera outra índole sobre o referido inmoble, do orzamento estimado das obras por importe de 1.098,09€, segundo o informe da arquitecta técnico municipal do 16 de febreiro de 2016, transcrito nos antecedentes, a fin de que poida presentar as alegacións oportunas no prazo máximo de dez días dende a notificación desta resolución.

TERCEIRO.- Outorgar á propietaria un novo prazo para que, baixo a súa responsabilidade, leve a cabo a totalidade das obras ordenadas mediante resolución do 8 de xuño de 2016, outorgándolle un prazo de dez días, a contar desde a notificación desta resolución, para achegar o nomeamento de técnico responsable da execución das obras e formular as comunicacións previas ou solicitudes de licenza que sexan procedentes.

CUARTO.- Advertirlles expresamente que, de non dar cumprimento ao disposto no parágrafo anterior, executaranse á súa costa, subsidiariamente, as obras ordenadas mediante resolución de execución subsidiaria que conterá o importe da valoración das obras a realizar, que será liquidado a conta, e requirido o seu pagamento con antelación á realización das obras, á reserva da liquidación definitiva.

De non retirarse os bens mobles e enseres con anterioridade á data fixada para a execución subsidiaria das obras , consideraranse como parte do conxunto a demoler.

QUINTO.- Comunícaselles aos obrigados que, estando advertidos pala Administración dos riscos existentes, serán da súa responsabilidade os danos e prexuízos que se poidan ocasionar.

SEXTO.- Notificar aos interesados a presente resolución, coa advertencia de que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún por tratarse dun acto de trámite.”

Tendo en conta que , en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada, Dª. Mónica Fernández Veiga, que o texto íntegro da Resolución que se notifica se atopa á súa disposición na Secretaría do Concello de Cabanas.

 

Cabanas, 31 de outubro de 2016.

O Alcalde,

Germán Castrillón Permuy

2016/9066

 

©2009 Deputación da Coruña