Lunes, 12 de diciembre · Número 233
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2016_0000010210

Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva modificación Ordenanza prezo público actividades

EDICTO

Aprobado definitivamente oacordo do Pleno da Corporación adoptado en data 28 de setembro de 2016, sobre modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de actividades, socio-culturais deportivas e recreativas, faise público o texto íntegro da ordenanza modificada no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ORDENANZA FISCAL NUMERO 20 REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES SOCIO-CULTURAIS, DEPORTIVAS E RECREATIVAS.

Artigo 1. Fundamento e natureza.

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co 41 do Texto Refundido da Ley reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola prestación do servicio de actividades socio-culturais, deportivas e recreativas que se rexerá polo disposto no referido TRLRFL e na presente ordenanza.

Artigo 2. Concepto.

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos socio-culturais, deportivos ou recreativos prestados polo concello de Cabanas.

Artigo 3. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, en concepto de suxeitos pasivos, aquelas persoas que se beneficien dos servicios socio-culturais, deportivos ou recreativos prestados polo concello de Cabanas ós que se refire a presente ordenanza.

Artigo 4. Contía.

A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza será o fixado na seguinte tarifa:

A). Actividades culturais:

- Participación en talleres culturais: palilleiras, artesanía, debuxo, bordado, restauración e outros, o prezo aplicarase en función do número de horas semanais da actividade:

Duración da actividade 1 hora semanal, 7 euros/persoa/mes.

Duración da actividade 2 horas semanais, 14 euros /persoa/mes.

Duración da actividade 3 horas semanais, 21 euros /persoa/mes.

No caso de que varie a duración anterior da actividade, facturarase por períodos de media hora.

- Alfabetización dixital:

Ata 15 horas: 24,80 euros /persoa/ curso.

De 16 a 25 horas: 33,10 euros/persoa/curso.

Máis de 25 horas: 33,10 euros /persoa/ curso, máis 1,60 euros por cada hora a maiores.

B) Actividades deportivas e recreativas:

- Participación en actividades: aerobic, ximnasia, bailes salón, balomán, predeporte, xudo e outros, o prezo aplicarase en función do número de horas semanais da actividade:

Duración da actividade 1 hora semanal, 7 euros/persoa/mes.

Duración da actividade 2 horas semanais, 14 euros /persoa/mes.

Duración da actividade 3 horas semanais, 21 euros /persoa/mes.

No caso de que varie a duración anterior da actividade, facturarase por períodos de media hora.

- Participación en actividades de tenis e pádel: o prezo aplicarase en función do número de horas da actividade:

Duración da actividade 1 hora semanal, 9 euros/persoa/mes.

Duración da actividade 2 horas semanais, 18 euros /persoa/mes.

Duración da actividade 3 horas semanais, 26 euros /persoa/mes.

- Viaxes en barco polo río Eume: 5 euros/persoa/viaxe

C). Actividades musicais:

Clase colectiva 30 euros/persoa/mes.

Clase individual 40 euros/persoa/mes.

Clase individual quincenal 20 euros/persoa/quincena.

D). Cursos e obradoiros:

- Cursos de vela, 60,00 euros/persoa/curso.

- Ludoteca, campamento urbán e outros, 40 euros/persoa/quincena e 65 euros/persoa/mes.

- Cursos de formación de menos de 20 horas, 20 euros/persoa/curso.

E). Outras actividades sociais:

- Programa mencer na escola:

Servizo entre 4 e 5 días/semana, 30 euros/mes con almorzo e 21/euros/mes sen almorzo.

Servizo en 1 e 3 días/semana, 15 euros/mes con almorzo e 10 euros/mes sen almorzo.

Días soltos, 3 euros/día con almorzo e 2,50 euros/día sen almorzo.

Cando sexa necesario material para o desenvolvemento dalgunha actividade ou curso, os participantes terán que achega-lo mesmo pola súa conta segundo se especifique no momento da inscrición, xa que non se inclúe no prezo establecido.

Artigo 5. Obrigación de pagamento.

A obriga de pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, nace dende o día en que se inicie a prestación dos servicios ou actividades relacionados no artigo anterior, mediante a solicitude de participación nos cursos ou actividades sinalados.

Cando por causas non imputables ao obrigado ó pagamento do prezo público, o servizo ou a actividade non se preste ou se desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

Artigo 6. Exencións e bonificacións.

6.1. De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.

6.2. Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 44.2 do referido Texto refundido, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establecénse as seguintes exencións e bonificacións:

a) Estarán exentos do pagamento deste prezo público, os escolares dos centros de ensino do municipio que participen nas actividades escolares organizadas polo Concello de forma específica para os mesmos. Queda excluído o programa mencer na escola.

b) Para as persoas empadroadas neste Concello que participen nas actividades mencionadas nos epígrafes A) e B) do artigo 4, establécense sobre a contía sinalada, as seguintes bonificacións:

- Con carácter xeral unha bonificación do 30 por 100 para persoas empadroadas no Concello de Cabanas.

- Unha bonificación do 10 por 100 para os participantes que sexan membros de familia numerosa.

- Unha bonificación do 10 por 100 para os participantes membros de unidade familiar na que os ingresos per cápita non acaden o IPREM. A estes efectos entenderase como unidade familiar a composta por tódalas persoas que figuren inscritas na mesma folla padroal.

- Unha bonificación do 10 por 100 do prezo público cando participen tres ou máis membros da mesma unidade familiar.

c) Para o programa mencer na escola establécense as seguintes bonificacións:

- Bonificación do 50% do prezo público cando participen 2 ou más membros da mesma unidade familiar.

6.3. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, ou de non existir, a Alcaldía, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

Artigo 7. Requisitos.

O Concello poderá establecer condicións ou requisitos que deben reuni-los participantes para asegura-los riscos inherentes a realización de actividades da desenvolver, así como, as normas de desenvolvemento das actividades aplicando a suspensión temporal ou definitiva ós participantes que as incumpran segundo a gravidade do incumprimento.

Artigo 8. Normas de xestión.

8.1. O pagamento do referido prezo público efectuarase da seguinte forma:

- Para as actividades, ao inicio da actividade aboarase a primeira mensualidade, as seguintes mensualidades aboaranse ao inicio de cada mes, dentro dos dez primeiros días.

- No caso de cursos o pagamento realizarase nunha soa vez no momento de formaliza-la inscrición no curso correspondente.

- O pagamento deste prezo público realizarase preferentemente mediante domiciliación bancaria.

O non pagamento das contías do prezo público no prazo establecido, sen solicitar e obter o seu aprazamento por causas debidamente xustificadas, dará lugar a baixa na participación nas actividades en que participe a persoau usuaria.

8.2. Para aplicación das bonificacións establecidas no artigo 6 os interesados deberán formular a correspondente solicitude no momento de realiza-la inscrición achegando os xustificantes acreditativos de inscrición padronal, ingresos unidade familiar ou inscricións, segundo corresponda.

8.3. No caso de existir varias solicitudes que superen o número de participantes a admitir, darase preferencia aos empadroados no concello de Cabanas, e no caso de entidades ás que teñan a sede social no Concello.

8.4. As débedas polos prezos públicos desta ordenanza poderán esixirse polo procedemento de constrinximento.

8.5. Sobre as contías do prezo público establecido no artigo 4 coas bonificacións do artigo 6, aplicarase o ive que no seu caso corresponda.

8.6. Unha vez iniciada a participación nunha actividade, a baixa no período de desenvolvemento da mesma, salvo xustificación ou acreditación persoal que a xustifique, só se aceptará no mes de xaneiro.

Artigo 9. Actualización de prezos e actividades non tarifadas.

No suposto de que o servizo ou actividade socio-cultural ou deportivo-recreativa a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, bastará con acordo do Pleno da Corporación para o establecemento da contía do prezo público da actividade a desenvolver ou actualizar a súa contía segundo o IPC, a proposta do servizo técnico correspondente co previo informe do Interventor municipal.

Disposición final.

A presente Ordenanza, aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 28 de setembro de dous mil dezaseis, derroga a ata agora vixente publicada no BOP nº 55 do 21 de marzo de 2014, entrará en vigor o día seguinte de publicada no Boletín Oficial da Provincia, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Cabanas, 2 de decembro de 2016.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy

2016/10210

©2009 Deputación da Coruña