Lunes, 26 de diciembre · Número 243
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2016_0000010620

Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación modificación Ordenanza impuesto sobre vehículos tracción mecánica

EDITO

Aprobado definitivamente o acordo do Pleno da Corporación adoptado en data 26 de outubro de 2016, sobre modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, faise público o texto íntegro da ordenanza modificada no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

ORDENANZA FISCAL Nº 1, REGULADORA DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.

 

Artigo 1º. Fundamento legal.

No uso das facultades normativas outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sobre potestade normativa en materia de tributos locais, e de conformidade, asemade, co establecido nos artigos 15 e seguintes, así como no Título II, artigos 92 e seguintes, todos eles do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regúlase mediante a presente Ordenanza fiscal o exercicio das facultades deste Concello sobre o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

 

Artigo 2º. Natureza e feito impoñible.

1.- O Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular pola vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

2.-Considerarase vehículo apto para a circulación o que se matriculou nos rexistros públicos correspondentes e mentres non cause baixa neles. Para os efectos deste imposto, tamén se consideraran aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.

3.-Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ós desta natureza, así como, os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilos.

 

Artigo 3º. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos deste imposto as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.

 

Artigo 4º. Bases e cota tributaria.

1.-De conformidade co previsto no artigo 95. 1 e 4 do Texto Refundido da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o coeficiente de incremento das cotas e tarifas do IVTM aplicable neste Concello serán os seguintes:

 

Potencia y clase de vehículo

Coeficiente

Cota

A) Turismos

-De menos de 8 cabalos fiscais

1,20

15,14

-De 8 ata 11,99 cabalos fiscais

1,20

40,90

-De 12 ata 15,99 cabalos fiscais

1,20

86,33

-De 16 ata 19,99 cabalos fiscais

1,20

107,53

-De 20 cabalos fiscais en adiante

1,30

134,40

B) Autobuses

-De menos de 21 prazas

1,20

99,96

-De 21 a 50 prazas

1,20

142,37

-De mais de 50 prazas

1,20

177,96

C) Camións

-De menos de 1.000 Kg. de carga útil

1,20

50,74

-De 1.000 a 2.999 Kg. de carga útil.

1,20

99,96

-De 2.999 a 9.999 Kg. de carga útil

1,20

142,37

-De mais de 9.999Kg. de carga útil

1,20

177,96

D) Tractores

-De menos de 16 cabalos fiscais

1,20

21,20

-De 16 a 25 cabalos fiscais.

1,20

33,32

-De mais de 25 cabalos fiscais.

1,20

99,96

E) Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:

-De menos de 1.000 e mais de 750 Kg. de carga útil

1,20

21,20

-De 1.000 a 2.999 Kg. de carga útil.

1,20

33,32

-De mais de 2.999 Kg. de carga útil.

1,20

99,96

F) Outros vehículos:

-Ciclomotores

1,40

6,19

-Motocicletas ata 125cc.

1,50

6,63

-Motocicletas de mais de 125cc ata 250cc.

1,40

10,60

-Motocicletas de mais de 250cc ata 500cc.

1,40

21.21

-Motocicletas de mais de 500cc ata 1.000cc.

1,40

42.41

-Motocicletas de mais de 1.000cc.

1,40

84,81

2.-A efectos de aplicación das tarifas e determinación das diversas clases de vehículos, estarase ao disposto no Real Decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro polo que se aproba o regulamento xeral de vehículos e outras disposicións complementarias.

3.- En todo caso, a rúbrica xenérica tractores a que se refire o epígrafe D) do cadro de tarifas comprenderá os tracto-camións e tractores de obras e servizos.

Os vehículos definidos como mixtos, todo terreo, mixtos adaptables, mixto todo terreo, furgoneta mixta, furgón mixto adaptable e semellantes polo literal da clave numérica reflectida na ficha técnica, tributarán como turismo, pola súa potencia fiscal, agás nos seguintes casos:

-Se o vehículo está autorizado para o transporte de máis de nove persoas, incluído o condutor, tributará como autobús.

-Se o vehículo está autorizado para o transporte de máis de 750 kg de carga útil, tributará como camión.

- Os motocarros tributarán como outros vehículos no epígrafe F) segundo a súa potencia fiscal.

-Os vehículos articulados tributarán simultaneamente e por separado o vehículo que leve a potencia de arrastre e o/s remolque/s ou semirremolque/s arrastrados.

- Os vehículos denominados autocaravanas serán considerados como furgonetas aos efectos deste imposto.

Artigo 5º. Exencións.

1. Estarán exentos do imposto:

a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.

b) Os vehículos de representación diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.

Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.

c) Os vehículos respecto dos cales así se derive do disposto en tratados ou convenios internacionais.

d) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria, ou ao traslado de feridos ou enfermos.

e) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida que se refire a letra A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade, en aplicación do disposto na Disposición Adicional 8ª da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, en substitución do termo “minusvalía”, para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as devanditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.

As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultaneamente.

Para os efectos do disposto neste parágrafo, se consideran persoas con discapacidade as que teñan esta condición legal en grao igual ou superior ao 33 por cento.

f) Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do condutor.

g) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos da cartilla de inspección agrícola.

2. Para poder gozar das exención a que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar súa concesión, con anterioridade ao devengo do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matricula, a causa do beneficio e acreditar mediante a presentación da documentación na que consten a realidade do alegado. A notificación na que se resolva a concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia. Esta solicitude deberá renovarse cada ano presentando os documentos necesarios. En caso de presentar a solicitude con posterioridade ao devengo do imposto, a concesión da exención terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.

Xunto coa petición de exención regulada no parágrafo e) do apartado 1 deste artigo os interesados deberán adxunta - la seguinte documentación:

Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:

a’). Fotocopia do certificado de discapacidade (en grao igual ou superior ao 33%) emitido polo órgano competente ou, na súa falta, acreditación da condición de pensionista da Seguridade Social que teña recoñecida unha pensión de incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou utilidade.

b’). Fotocopia do permiso de condución (anverso e reverso). Exhibición do orixinal no momento da presentación.

c’). Fotocopia do permiso de circulación a nome da persoa con discapacidade. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

d’). Fotocopia da póliza de seguro do vehículo no que figure o condutor habitual do mesmo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

e’). Fotocopia DNI.

f’). Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

g’). Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.

h’). Estar empadroado no Concello de Cabanas.

En caso de que o que se solicite sexa unha renovación da exención, tan só deberán aportarse os documentos indicados en a’) e d’). Para o suposto de ter recoñecida unha pensión de incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou utilidade, bastará coa presentación dunha declaración responsable do interesado no que se poña da manifesto o cumprimento de dita condición.

Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por todos os conceptos.

Vehículos destinados ao transporte de persoas con discapacidade:

a’’). Fotocopia do certificado de discapacidade (en grao igual ou superior ao 33%) emitido polo órgano competente ou, na súa falta, acreditación da condición de pensionista da Seguridade Social que teña recoñecida unha pensión de incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou utilidade, no que conste ademais do grao de discapacidade, si a persoa con discapacidade ten necesidade de asistencia de terceiras persoas e si ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.

b’’). Fotocopia do permiso de circulación a nome da persoa con discapacidade. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

c’’). Fotocopia da póliza de seguro do vehículo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

d’’). Fotocopia DNI da persoa con discapacidade e do condutor habitual do vehículo.

e’’). Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

f’’). Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.

g’’). Estar empadroado no Concello de Cabanas.

En caso de que o que se solicite sexa unha renovación da exención, tan só deberán aportarse os documentos indicados en a’’) e c’’). Para o suposto de ter recoñecida unha pensión de incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou utilidade, bastará coa presentación dunha declaración responsable do interesado no que se poña da manifesto o cumprimento de dita condición.

Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por todos os conceptos, así como ao oportuno informe, en caso necesario da policía local.

As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultaneamente.

Artigo 6º. Bonificacións.

1. Establécese unha bonificación do 100 por cento da cota do imposto, para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vinte e cinco anos, contados a partir da data da súa fabricación. Se non se coñecese a data da súa fabricación, tomarase como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data no que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.

Para gozar desta bonificación os interesados deberán solicitar a súa concesión indicando as características do vehículo e matrícula achegando os documentos xustificativos que acrediten o dereito a bonificación.

2. Establécese unha bonificación do 25 por cento da cota do imposto para os vehículos eléctricos e/ou de emisións nulas, con carácter indefinido, en tanto manteñan as circunstancias de motor e emisións sinaladas.

3. Establécese unha bonificación do 25 por cento da cota do imposto durante cinco anos naturais desde a súa primeira matriculación, para os vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diesel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes.

Para poder gozar das bonificacións fiscais recollidas nos puntos dous e tres deste artigo, as persoas interesadas deberán instar a súa concesión acompañando á solicitude a ficha técnica do vehículo e a documentación acreditativa dos requisitos, así como a copia do permiso de circulación aos efectos de acreditar a titularidade do mesmo.

Si se desexa que a bonificación produza efectos no mesmo período impositivo no que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no prazo dun mes desde a matriculación. En caso de que a solicitude se presente con posterioridade, a bonificación producirá efectos para o período impositivo seguinte á data da dita solicitude, e non alcanzará as cotas xeradas con anterioridade a esta.

As bonificacións reguladas no presente artigo non son aplicables simultaneamente. No caso de que o suxeito pasivo teña dereito a dúas ou máis, desfrutará da máis alta.

Artigo 7º. Período impositivo e obriga de contribuír.

1.-O período impositivo coincide co ano natural, agás no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso, o período impositivo comezará o día no que se produza a adquisición.

2.-O imposto percibirase no primeiro día do período impositivo.

3.-O importe da cota do imposto repartirase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa do vehículo.

4.-O pagamento do imposto acreditarase mediante a declaración-liquidación ou recibo debidamente validado pola entidade recadadora.

Artigo 8º. Normas de xestión.

1.-A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria corresponde ó Concello do domicilio no que conste o permiso de circulación do vehículo, e por delegación á Deputación Provincial da Coruña.

2.-No caso de primeira adquisición dun vehículo ou cando este se reformen de maneira que altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, o suxeito pasivo presentará no lugar que determine a Deputación Provincial da Coruña, no prazo de trinta días, contados dende a data da adquisición ou reforma, a declaración-liquidación por este imposto segundo o modelo aprobado pola mesma Corporación. Achegarase a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, o certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou o código de identificación fiscal do suxeito pasivo.

Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante dela. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que a oficina xestora non comprobe que se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto. A autoliquidación formulada polo suxeito pasivo suporá a alta no correspondente padrón do imposto.

3.- No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación en exercicios anteriores, a recadación das correspondentes cotas tributarias realizarase mediante a expedición de recibos en base a un padrón anual no que figurarán todos os vehículos suxeitos ó imposto que figuren inscritos no correspondente rexistro público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste termo municipal.

O padrón do imposto expoñerase ao público por un prazo de vinte días para que os interesados poidan examinalo e, de ser o caso, formular as reclamacións oportunas.

Dita exposición pública anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación colectiva á que se refire o artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Non será necesaria a notificación expresa das modificacións do padrón do imposto cando estas sexan consecuencia de declaracións, documentos ou impresos presentados polo suxeito pasivo.

Artigo 9º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria, e a súa normativa de desenvolvemento.

O incumprimento da condición de uso exclusivo para a persoa ou persoas con discapacidade determinará a perda da exención, sen prexuízo do reintegro do importe da exención aplicada.

Disposición adicional

As modificacións producidas pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou calquera outra norma de rango legal que afecte a calquera elemento do presente imposto será de aplicación dentro do ámbito desta Ordenanza.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal derroga a publicada no BOP do 31 de decembro de 2009, entrará en vigor o día seguinte ó da publicación de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2017, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

Cabanas 21 de decembro de 2016.

O Alcalde

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2016/10620

 

©2009 Deputación da Coruña