Lunes, 23 de enero · Número 15
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000000397

Administración Local

Municipal

Cabanas

Convocatoria licitación obra execución sentenza edificio O Penso 2ª fase

ANUNCIO

De conformidade co acordo do Pleno da Corporación de data 31 de decembro de 2016, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, con dous criterios de adxudicación, oferta económica e prazo de execución, tramitación urxente, para a adxudicación do contrato de obras “Execución sentenza recurso contencioso administrativo 02/0004055/1993 do edificio O Penso 2ª fase.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabanas

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría

c) Perfil do Contratante: www.cabanas.gal

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: Obras

b) Descrición: “Execución senteza recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 do edificio O Penso 2ª fase”.

c) Codificación: CPV 45210000

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: Urxente

b) Procedemento: Aberto

c) Criterios de adxudicación: oferta económica e prazo de execución.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe neto: 312.624,90 euros

b) Ive: 65.651,23 euros

c) Importe total: 378.276,13 euros

5. Valor estimado do contrato: 312.624,90 euros

6. Aplicación orzamentaria: 1511.69901

7. Prazo de execución: Oito meses

8. Garantías esixidas:

a) Provisional: 9.378,74 euros

b) Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

9. Clasificación do contratista: Non se esixe

10. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais dende o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP.

b) Lugar de presentación: en horario de oficina, de 9 a 14 horas

-Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Cabanas

-Domicilio: Rúa do Concello nº 3

-Localidade e Código Postal: 15.621, Cabanas

-Enderezo electrónico: rexistro@cabanas.gal

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses a contar dende a a apertura das proposicións.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sita en Rúa do Concello nº 3, na data sinalada na cláusula décimo terceira do Prego de Clásulas Administrativas Particulares.

13. Gastos de publicidade.

Os custes orixinados pola publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

14. Obtención de documentación e información

-Dependencia: Oficinas Xerais

-Domicilio: Concello de Cabanas, Rúa do Concello nº 3

-Localidade e Código Postal: Cabanas, 15.621

-Teléfono: 981 49 59 59

-Correo electrónico: secretaría@cabanas.gal

- Perfil do Contratante: www.cabanas.gal

 

Cabanas, 18 de xaneiro de 2017.

O Alcalde,

Asdo: Germán Castrillón Permuy

2017/397

 

©2009 Deputación da Coruña