Martes, 7 de febrero · Número 26
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000000832

Administración Local

Municipal

Cabanas

Aprobación definitiva Ordenanza fiscal

EDICTO

Non presentándose alegación durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno do Concello adoptado en data 30 de novembro de 2017, sobre modificación da taxa pola expedición de documentación de tenza de animais, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora, cuxo texto íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos termos establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

ORDENANZA FISCAL Nº 25 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZA, RENOVACIÓN, INSCRICIÓNS REXISTRAIS, MODIFICACIÓN E CANCELACIÓNS, POLA TENZA DE ANIMAIS.

 

Artigo 1. Fundamento e natureza.

Conforme ao autorizado polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e, de acordo co previsto nos artigos 15 a 19, 20 a 27 e 57 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, este Concello establece a taxa por expedición de licenza, renovación, inscricións rexistrais, modificación e cancelacións, pola tenza de animais, que se rexerá pola presente Ordenanza, redactada conforme ao disposto no artigo 16 do referido texto refundido.

Artigo 2. Feito impoñible.

O feito impoñible da taxa é a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións reguladas na ordenanza de tenza de animais para a concesión da licenza indicada, a actividade de control que se efectuará nas renovacións que dela deban verificarse, a tramitación, control e custodia que dela se establece e aqueles outros servizos que se recollen nas tarifas desta ordenanza.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos da taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no rexistro municipal e que están obrigados a súa renovación ou afectados polo epígrafe das tarifas.

2. En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda.

Artigo 4. Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5. Dereito á percepción da taxa.

1. O dereito a percibir a taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos aos que se refire o feito impoñible.

2. A non concesión da licenza, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.

Artigo 6. Cota tributaria.

A cota tributaria a aplicar pola taxa reguladora nesta ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes:

1. Licenza de animais potencialmente perigosos: 25 euros.

2. Ficha identificadora individual para animais potencialmente perigosos: 10 euros.

3. Renovación de licenzas: 12 euros.

4. Inscrición no Rexistro de APP: 10 euros.

5. Inscrición no Rexistro de animais de compañía: 5 euros.

6. Modificacións rexistro: 3 euros.

7. Cancelación rexistro: 3 euros.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.

Artigo 8. Ingreso da cota tributaria.

O ingreso da taxa realizarase en réxime de autoliquidación e con carácter previo ao acto que o motiva.

Artigo 9. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións e sancións tributarias, así como das sancións que as mesma corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición adicional primeira.

Quedan excluídos da obriga de obtención de licenza municipal, e polo tanto de aplicación da taxa regulada na presente ordenanza, aqueles exemplares caninos que fosen obxecto de adestramento baixo supervisión directa da ONCE e sexan destinados á guía de persoas invidentes.

Disposición final.

A presente Ordenanza, aprobada incialmente polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 30 de novembro de dous mil dezaseis, cuxa aprobación inicial quedou elevada a definitiva, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partires da súa entrada en vigor, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

 

Cabanas, 1 de febreiro de 2017.

O Alcalde.

Asdo. Germán Castrillón Permuy.

2017/832

 

©2009 Deputación da Coruña