Martes, 7 de febrero · Número 26
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000000834

Administración Local

Municipal

Cabanas

Convocatoria selección operario servizos múltiples interino

ANUNCIO

Por resolución desta Alcaldía de 2 de febreiro de 2017, acordouse aproba-las bases que rexerán a convocatoria para a contratación dun/ha operario de servizos múltiples do concello de Cabanas, mediante contrato laboral temporal de interinidade e que se transcriben a continuación:

BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONTRATO LABORAL TEMPORAL DE INTERINIDADE DUN OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE CABANAS.

1º.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da convocatoria, a selección mediante concurso-oposición de persoal para cubrir mediante contrato laboral temporal de interinidade do posto vacante de operario de servizos múltiples, ata a súa cobertura definitiva por persoal laboral fixo, de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro. O posto de traballo de referencia cubrirase en base os criterios de publicidade de convocatoria, igualdade, mérito e capacidade dos candidatos, segundo o establecido nos artigos 91 e 103 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Texto refundido da Lei do EBEP aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; Lei 2/2015, de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/95, do 10 de marzo, Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, Convenio laboral do concello de Cabanas e demais disposicións de aplicación.

2º.-Características do contrato.

O contrato laboral temporal de interinidade do posto de traballo será ata a súa cobertura definitiva, a xornada completa coas funcións establecidas na Relación de Postos de Traballo aprobada pola Corporación en data 26 de marzo de 2010 que son as seguintes:

“Desenvolver tarefas correspondentes á apertura e peche, así como traballos de mantemento ordinarios das instalacións municipais ás que se adscriba, na área da carpintería, electricidade, fontanería etc. que pola súa complexidade non esixan de traballadores cualificados. No cumprimento destas funcións estarán baixo a directa dependencia da Concellería Delegada do ramo ou da Alcaldía

- Informar o público sobre dependencias, localización de oficinas etc.

- Apoiar en actos protocolarios e recepcións, canalización do público e visitantes etc., e mesmo acompañamento durante a celebración de actos públicos

- Vixiar, custodiar, abrir e pechar o pavillón polideportivo e as instalacións deportivas recreativas municipais en xeral, comunicando anomalías e defectos ao servizo de mantemento cando, pola súa complexidade non poidan ser reparadas polo mesmo

- Axudar en traslados de oficina, arquivos e mobiliario

- Coidar da orde e convivencia en dependencias públicas e aviso aos responsables cando se producen alteracións

- Realizar pequenos traballos de mantemento e limpeza, así como reparacións das instalacións e equipos existentes, que poidan ser afrontadas por persoal sen especial cualificación técnica ou profesional

- Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico”

As retribucións a percibir serán as establecidas na relación de postos de traballo do concello de Cabanas para o exercicio 2017, aprobada co orzamento para dito exercicio.

O desempeño deste posto de traballo estará sometido ó réxime de incompatibilidades que establece a Lei 53/1984 do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

3º.-Requisitos dos solicitantes.

Para participar nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

b) Ter cumpridos o dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias do posto: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións; a condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

d) Estar en posesión de certificado de escolaridade ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

e) Estar en posesión do permiso de conducir clase B.

f) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha administración pública, nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

g) Nivel de coñecemento idioma galego: Celga 2 (de non ter o título haberá que realizar unha proba o día da proba práctica).

4º.-Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte nesta convocatoria deberán formularse en instancia dirixida o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas, segundo modelo que se inclúe como Anexo I, no rexistro xeral do Concello ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de oito días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, publicándose tamén no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do concello de Cabanas.

Documentación a achegar coa solicitude:

a) Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou tarxeta de residente.

b) Currículo de méritos que posúan e copia cotexada da documentación xustificativa dos méritos alegados, co obxecto de valora-la súa aptitude para o desempeño do posto de traballo. Non se valorarán méritos que non se acheguen coa xustificación requirida.

c) Copia cotexada da documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega segundo o establecido na base terceira ( de selo caso).

d) Declaración xurada Anexo III.

5º.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde-Presidente do concello de Cabanas ditará resolución declarando aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, publicándose no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello. Na devandita resolución concederase, de selo caso, un prazo de tres días para emendar erros ou emendas nos termos que establece o artigo 68 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. De non presentarse reclamacións a lista provisional quedará elevada a definitiva. Na mesma resolución publicarase a composición, data e lugar de reunión do Tribunal cualificador, así como a data de inicio das probas, publicándose igualmente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web.

6º.-Tribunal cualificador.

O tribunal avaliador que estará constituído segundo os criterios establecidos no artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, contará cos seguintes membros:

Presidente: Un/ha funcionario/a de Administración Local pertencente a escala de habilitación con carácter estatal ou quen legalmente a substitúa.

Secretaria/o: Un/ha funcionario da Corporación.

Vogais: Tres empregados públicos pertencentes ao grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada ou quen legalmente os substitúa.

O Tribunal non se poderá constituír nin actuar senón conta coa asistencia de máis da metade dos seus membros titulares ou suplentes, indistintamente; en todo caso requírese a presencia de Presidente e Secretario.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir notificando a autoridade convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 24 da mencionada lei.

O Tribunal terá a categoría correspondente ó establecido no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio e lexislación complementaria.

O Tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que o estimen necesario. Ditos asesores actuaran con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas.

O Tribunal resolverá tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas bases e as súas resolucións vinculan a Administración sen prexuízo de que esta, de selo caso, poida proceder a súa revisión de acordo co previsto no artigo 106 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

7º.-Procedemento de selección.

A selección realizarase de conformidade co previsto nas presentes bases polo sistema de concurso-oposición

7.1. Fase de concurso

A fase de concurso consistirá na valoración dos seguintes méritos, na que se poderá acadar entre 0 e 6 puntos.

a) Experiencia profesional: (Puntuación máxima 4 puntos)

Por cada mes completo de servizos prestados en calquera administración pública mediante relación laboral ou funcionarial en posto de traballo con funcións semellantes ao que aspira: 0,10 puntos, por mes traballado ata un máximo de 2,50 puntos. Non se computarán os períodos inferiores a un mes, considerándose a estes efectos, os meses de 30 días.

Por cada mes completo de servizos prestados en empresa privada mediante relación laboral en posto de traballo con funcións semellantes ao que aspira: 0,05 puntos, por mes traballado ata un máximo de 1,50 puntos. Non se computarán os períodos inferiores a un mes, considerándose a estes efectos, os meses de 30 días.

En caso de contratación a tempo parcial valoraranse os servizos prestados de forma proporcional.

Os méritos do apartado a) acreditaranse mediante copias cotexadas dos seguintes documentos:

1. Informe de vida laboral

2. Contratos de traballo ou certificados de empresa coas funcións desenvolvidas.

En todo caso, a documentación presentada deberá acreditar claramente a data de inicio e finalización efectivas da prestación de servizos.

b) Formación (Puntuación máxima: 2 puntos)

Valoraranse os títulos e cursos de formación e perfeccionamento recibidos relacionados coas funcións propias do posto de traballo a desenvolver, impartidos por organismos ou institucións oficiais dependentes das administración públicas ou homologados por estas, e segundo o establecido no seguinte baremo:

Por cada curso con duración de máis de 100 horas lectivas: 0,50

Por cada curso de duración de 51 a 100 horas lectivas: 0,40

Por cada curso de duración de 11 a 50 horas lectivas: 0,25

Por cada curso de duración igual ou inferior a 10 horas lectivas; 0,10

Non se valorarán os cursos que non especifiquen o número de horas.

Valoraranse en todo caso os cursos sobre seguridade e hixiene no traballo.

Os méritos do apartado b) acreditaranse mediante copias cotexadas dos correspondentes títulos ou diplomas.

Unha vez efectuada polo Tribunal a valoración dos méritos, publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a puntuación obtida na fase do concurso, indicando lugar e hora da realización da fase de oposición.

7.2 Fase de oposición: Probas.

Primeiro exercicio. Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 25 preguntas tipo test, con 3 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal sobre os temas que se citan no Anexo II. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de corenta e cinco minutos para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a.

Segundo exercicio. Consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos relacionados coas funcións e contidos do posto de traballo, realización de tarefas e manexo das ferramentas, maquinaria e materiais utilizados durante un período máximo de quince minutos, durante o cal o Tribunal poderá formular preguntas ou aclaracións sobre o mesmo. Este exercicio cualificarase de 0 a 8 puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos para non quedar eliminado/a

7.3 Proba de galego

Aqueles aspirantes que non presenten certificado que acredite o coñecemento do idioma galego mediante a presentación do correspondente certificado ou título ( Celga 2 ou equivalente), terán que realizar unha proba de galego, en base ao establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, que consistirá nun exercicio oral que versará sobre as funcións propias do posto. Este exercicio puntuarase como apto ou non apto.

7.4 Cualificación final.

A puntuación total de cada aspirante no proceso selectivo virá determinada pola suma dos puntos acadados na fase de concurso e na de oposición, e a proba de galego. A suma total será entre 0 e 24 puntos.

8ª.- Relación de aprobados e presentación de documentación.

Rematada a selección, o Tribunal publicará no Taboleiro de anuncios do Concello a relación de solicitantes pola orde de puntuación obtida por cada un deles, seleccionándose ao aspirante que alcance maior puntuación. O Tribunal non poderá seleccionar un número superior de aspirantes ao das prazas que se convocan, resultando nulo de pleno dereito calquera acordo que contraviñese o disposto nesta norma.

Os supostos de empate resolveranse a favor do de maior puntuación no apartado 7.1.a) e de persistir o empate resolverase a favor do de maior puntuación no exercicio práctico.

A dita proposta elevarase ao Presidente da Corporación para que proceda o seu nomeamento e formalización do contrato.

9ª.- Formalización do contrato.

Rematado o proceso de selección, o Sr. Alcalde resolverá a contratación do/a aspirante seleccionado/a, así como a formalización do correspondente contrato de traballo laboral temporal de interinidade.

Con carácter previo á formalización do contrato o aspirante seleccionado deberá xustificar adecuadamente no prazo máximo de cinco días naturais contados a partir da publicación da cualificación final, que reúne todos e cada un dos requisitos e condicións esixidas, a tal efecto, de non telo feito con anterioridade, deberá presenta-la seguinte documentación:

- Fotocopia compulsada do D.N.I.

- Copia auténtica ou fotocopia compulsada da titulación ou acreditación profesional esixida de non habelo achegado con anterioridade.

- Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.

- Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas do posto de traballo que se convoca, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

A non presentación da referida documentación implica a perda dos dereitos adquiridos facultando á Alcaldía-Presidencia para formalizar contrato co aspirante seguinte da lista final establecida polo Tribunal.

Logo de formalizada a proposta do tribunal e achegada a documentación polo aspirante proposto, a Alcaldía ditará resolución de nomeamento do aspirante proposto e formalizará o correspondente contrato laboral para o comezo da prestación do servizo dentro do prazo de tres días.

O contrato formalizarase co aspirante seleccionado no prazo de oito días naturais dende a data de notificación da resolución da Alcaldía. Mentres non se formalice o contrato, o/a aspirante proposto non terá dereito a percepción de cantidade económica algunha.

10º.-Abstención e recusación.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade cos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

11º.-Recursos.

As presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela ou da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa.

Cabanas, 31 de xaneiro de 2017.

O Alcalde,

Asdo. Germán Castrillón Permuy

ANEXO I.

 

Modelo de solicitude.

 

 

D./Dª................................................................................................................... con D.N.I. nº..............................

e domicilio a efectos de notificación en...................................................................................................................

C.P..................... Teléfono......................................

 

EXPÓN:

Que desexa participar na convocatoria para provisión do posto de traballo de operario de servizos múltiples do Concello de Cabanas mediante contratación en réxime laboral temporal de interinidade, de acordo coas bases da convocatoria aprobadas pola Alcaldía con data 2 de febreiro de 2017.

 

A tal efecto fai constar:

 

Que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base 3ª da convocatoria.

 

Que se compromete, para o caso de resultar seleccionado/a, a respecta-los dereitos das persoas con estrita observancia da Constitución e da Lei.

 

Que acompaña coa presente solicitude os méritos e documentación xustificativa para a súa valoración, así como fotocopia DNI.

 

SOLICITA:

Ser admitida/o a participar no referido proceso selectivo.

Documentación que achega:

Copia DNI

Relación de servizos prestados

............................................................................................................................................................................

............................................................................................................................................................................

 

 

Cabanas, .....de ………………….. de 2017.

 

 

 

 

 

 

 

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS.

ANEXO II

 

4. Programa.

Tema 1. A Constitución. A organización do Estado. A Comunidade autónoma de Galicia

Tema 2. A organización municipal. Competencias dos seus órganos.

Tema 3. Ou concello de Cabanas. Organización. Ordenanzas.

Tema 4. O Procedemento administrativo local. O Rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 5. Ou persoal municipal. Clasificación. Dereitos e deberes.

Tema 6. Albanelería: Tipos de materiais e ferramentas. Reparacións máis frecuentes en conservación de vías urbanas.

Tema 7. A pintura: Conceptos fundamentais. Clasificación. Ferramentas e materiais. Preparación de superficies.

Tema 8. Fontanería: Materiais e ferramentas. Reparacións habituais na conservación de edificios.

Tema 9. Electricidade: Materiais e ferramentas. Reparacións habituais nas luminarias da vía pública e nos edificios municipal.

Tema 10. Maquinaria e ferramenta de xardinería.

Tema 11 Plantación e sementa en xardinería. Regas. Podas.

Tema 12. Os abonos. Tipos de abono. Aplicación e dosificación dos abonos.

 

2017/834

 

©2009 Deputación da Coruña