Martes, 6 de junio · Número 105
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000004718

Administración Local

Municipal

Cabanas

Bases convocatoria selección persoal limpeza praia

Bases da convocatoria de selección de persoal laboral temporal dentro do Programa de Limpeza de praias marítimas.

ANUNCIO

Bases da convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dentro do Programa de Subvencións da Deputación Provincial da Coruña para a limpeza de praias marítimas durante o exercicio 2017, MA100/2017.

Por Resolución da Alcaldía 272/2017, aprobouse a convocatoria e as bases para a contratación dous capataces e oito peóns, en réxime de persoal laboral temporal, a xornada parcial, para a realización de traballos de limpeza e mantemento na zona da praia e piñeiral da Madalena, Chamoso e Río Castro, mediante a modalidade contractual prevista no artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Procédese á publicación das referidas bases, facendo constar que o prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 

BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL DE VARIOS POSTOS PARA A LIMPEZA DE PRAIAS DO CONCELLO DE CABANAS, DENTRO DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA PARA A LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS DURANTE O EXERCICIO 2017, MA100/2017.

 

1. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da convocatoria, a selección de persoal para a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado, en base os criterios de publicidade de convocatoria, mérito e capacidade dos candidatos, para a realización de traballos de limpeza e mantemento na zona da praia e piñeiral da Madalena, Chamoso e Río Castro, de conformidade co establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/1986, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, Texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, e demais disposicións de aplicación.

En canto a regulación das condicións do contrato estarase ao disposto no Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores.

2. Modalidade de contratación.

A modalidade da contratación será a de contrato laboral de duración determinada a tempo parcial, por obra ou servizo determinado, consonte ao establecido no artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, estando vinculado o referido contrato ao financiamento do servizo por parte da Deputación Provincial da Coruña.

A duración do contrato será de tres meses.

Prazas convocadas: dous capataces e oito peóns ao75% da xornada completa.

As retribucións a percibir son as seguintes:

Capataces: 886,29 euros mensuais, incluído rateo de pagas extra.

Peóns: 673,97 euros mensuais, incluído rateo de pagas extra.

 

 

3. Publicidade.

As bases do presente proceso selectivo publicaranse integramente no Taboleiro de Edictos do Concello de Cabanas, na páxina web do Concello de Cabanas e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Todos os anuncios sucesivos faranse no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello de Cabanas.

4. Requisitos das persoas aspirantes.

Para poder participar no proceso selectivo será necesario reunir os seguintes requisitos xerais conforme ó artigo 56 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro:

a) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e do previsto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, respecto do acceso ao emprego público por nacionais doutros estados.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Estar en posesión de certificado de escolaridade ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

Todos os requisitos anteriores, así como os incluídos na base seguinte, deberanse reunir con referencia ao último día do prazo de presentación de instancias.

5. Presentación de solicitudes.

As persoas que desexen tomar parte nesta convocatoria deberán facelo constar en instancia dirixida ao Sr. Alcalde, segundo o modelo establecido no Anexo I das presentes bases, no Rexistro do Concello de Cabanas, así como nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

No caso de presentar a solicitude nun lugar distinto ao do Rexistro do Concello de Cabanas, as persoas aspirantes deberán remitir unha copia da instancia á dirección de correo electrónico: rexistro@cabanas.gal, no mesmo día da súa presentación nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e sempre que sexa dentro do prazo de presentación de instancias.

Á instancia unirase necesariamente a seguinte documentación:

a) Copia cotexada do DNI ou documento de identificación.

b) Copia cotexada do certificado de escolaridade ou equivalente.

c) Declaración xurada segundo o modelo do Anexo II da presente convocatoria.

d) No seu caso, documentos xustificativos detallados no punto 8.1 das bases da convocatoria para a fase de concurso.

e) No seu caso, documento acreditativo, debidamente cotexado, de estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.

6. Admisión de persoas aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, no prazo máximo de dous (2) días hábiles, o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación ditará Resolución declarando aprobada a listaxe de persoas aspirantes admitidas e excluídas para cada posto, especificando o cumprimento dos requisitos esixidos nas presentes bases, publicándose anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello de Cabanas e na páxina web municipal.

As persoas aspirantes disporán dun prazo non superior a tres (3) días hábiles para a subsanación de deficiencias dende a publicación do anuncio no Taboleiro de Edictos e na páxina web municipal, para presentar as reclamacións oportunas ou emenda de defectos, nos termos do establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles dende o remate do prazo anterior, ou non caso de non necesidade de subsanación de solicitudes, dende a publicación de relación de persoas aspirantes, publicarase a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas nas probas selectivas, publicándose o correspondente anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web municipal, así como o nomeamento dos membros que constituirán o Tribunal Cualificador, a data de reunión do Tribunal para a valoración de méritos, así como indicación do día, hora e lugar en que se realizarán as probas previstas nas presentes bases, publicación que servirá de citación ás persoas aspirantes.

7. Tribunal cualificador.

A designación dos membros do Tribunal, farase na Resolución da Alcaldía pola que se aprobe a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

O Tribunal Cualificador estará constituído por un/unha Presidente/a, un/unha Secretario/a, tres vogais e os seus suplentes.

Tódolos membros do Tribunal deberán contar coa titulación de nivel igual ou superior á esixida para o acceso ás praza obxecto da presente convocatoria. O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente).

En todo caso será precisa a asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo á autoridade competente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. As persoas aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal Cualificador cando concorran ditas circunstancias, consonte ao artigo 24 da referida Lei.

O Tribunal Cualificador quedará facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas presentes bases.

O Tribunal Cualificador poderá dispoñer a incorporación de asesores/as especialistas para as probas que considere pertinentes, que se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente ás cales colaborarán co órgano de selección.

De tódalas reunións que faga o Tribunal levantarse a correspondente acta, subscrita polo/a Secretario/a do mesmo.

8. Sistema de selección.

A selección de aspirantes realizarase a través do sistema de concurso-oposición.

8.1. Fase de concurso. Máximo 9 puntos.

Nesta primeira fase seleccionaranse ata un máximo de cinco aspirantes para as prazas de capataz e vinte aspirantes para as prazas de peóns, segundo a orde de puntuación e de acordo co baremo de méritos que se detalla a continuación.

A valoración dos méritos deberá acreditarse mediante certificados ou copias cotexadas dos correspondentes documentos ou informes sociais.

a) Mulleres que acrediten a condición de vítimas de violencia, 1 punto.

Xustificación mediante informe dos servizos sociais do Concello onde resida ou Resolución xudicial.

b) Existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ou o/a cónxuxe, fillos e fillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento, entre 1 e 2 puntos, de acordo co indicado a continuación:

Unha persoa a cargo: 1 punto.

Dúas ou máis persoas a cargo: 2 puntos.

Xustificación mediante certificado de convivencia e documento acreditativo dos ingresos da unidade familiar.

c) Persoas desempregadas sen ningún tipo de prestación económica, 1 punto.

Xustificación mediante documento xustificativo de estar inscrito no Servizo Galego de Colocación e certificado do INEM.

d) Persoas menores de 35 anos, cunha vida laboral inferior a 1 ano: 1 punto.

Xustificación mediante certificado de vida laboral.

e) Persoas menores de 25 anos, cunha vida laboral inferior a 6 meses: 2 puntos.

Xustificación mediante certificado de vida laboral.

f) Persoas desempregadas de longa duración (mínimo 2 anos): 2 puntos.

Xustificación mediante documento xustificativo de estar inscrito no Servizo Galego de Colocación e informe de vida laboral.

g) Persoas con máis dun ano (e menos de dous anos) en situación de desemprego: 1 punto.

Xustificación mediante documento xustificativo de estar inscrito no Servizo Galego de Colocación e informe de vida laboral.

h) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida pola administración competente unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%: 1 punto.

Xustificación mediante certificado de discapacidade, expedido polo organismo competente.

i) Formación relacionada co posto solicitado, máximo 1 punto.

Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias do posto de traballo a desenvolver, impartidos por Administracións Públicas, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologados por estes. Non serán obxecto de valoración as certificacións expedidas por academias privadas senón se xustifica a homologación pola Administración Pública.

De máis de 10 a 25 horas, 0,20 puntos

De máis de 25 a 50 horas, 0,40 puntos.

De máis de 50 a 100 horas, 0,60 puntos.

De máis de 100 horas, 0,80 puntos.

Xustificación mediante certificado emitido pola Administración, organismo ou institución pública correspondente.

l) Membros activos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, 1 punto.

Xustificación mediante certificado acreditativo emitido polo organismo competente.

m) Dispoñibilidade de carné de conducir clase C: 1 punto.

Xustificación mediante copia cotexada do carné de conducir.

n) Persoas cuxa renda per cápita da unidade de convivencia real non supere o 50% do IPREM, 2 puntos.

Xustificación mediante IRPF 2015 dos membros da unidade familiar.

ñ) Persoas cuxa renda per cápita da unidade de convivencia real estea entre o 50% e o 100% do IPREM, 1 punto.

Xustificación mediante IRPF 2015 dos membros da unidade familiar.

Rematada a valoración publicarase o resultado por orde de puntuación no Taboleiro de Edictos do Concello de Cabanas e na páxina web municipal, por orde e sinalarase a data e hora das probas da segunda fase.

8.2. Segunda fase: Oposición. Máximo 14 puntos.

Nesta segunda fase só poderán participar as persoas que resulten seleccionadas na primeira fase.

Probas:

1. Consistirá na realización dun caso práctico proposto polo Tribunal relacionado cos traballos a realizar; este exercicio cualificarase entre 0 e 1O puntos, sendo necesario acadar unha puntuación mínima de 5,00 puntos.

2. Entrevista persoal sobre as funcións a desenvolver no posto de traballo, que se valorará entre 0 e 4 puntos.

3. En base ao establecido no artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego público de Galicia, respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos básicos en lingua galega terán unha proba de carácter oral, que será cualificada como apto/a ou non apto/a. Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten, coa presentación da instancia, estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.

9. Cualificación final, presentación de documentos e formalización do contrato.

A cualificación final das persoas aspirantes será a suma das puntuacións obtidas na valoración de méritos, proba práctica e entrevista, publicándose o resultado por orde de maior a menor puntuación.

No caso de empate das puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta:

1º. A maior puntuación obtida na proba práctica da fase de oposición.

2º. As persoas que se teñan unha maior antigüidade en situación de desemprego.

 

O Tribunal despois da cualificación dos aspirantes publicará a lista de aprobados, elevando a proposta de contratación ao Sr. Alcalde-Presidente das persoas seleccionadas por orde de puntuación, valorando obxectiva e proporcionalmente os méritos achegados e xustificados. A proposta de contratación non poderá incluír máis persoas que prazas convocadas.

Así mesmo o Tribunal poderá formular proposta ó Sr. Alcalde-Presidente para deixar deserta a convocatoria no caso de que ningún dos aspirantes acredite méritos suficientes.

Confeccionarase unha bolsa de traballo coa relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e non obtiveron praza, ordenadas de maior a menor puntuación. Esta bolsa de traballo servirá para posibles renuncias, substitucións ou baixas que se produzan durante a vixencia do Programa Limpeza de Praias Marítimas MA100, 2017, da Deputación Provincial da Coruña.

Rematada a selección o Tribunal cualificador publicará no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web municipal a relación de aspirantes seleccionados por orde de puntuación.

Os aspirantes seleccionados, previamente á súa contratación, no prazo de tres (3) días naturais dende a súa proposta de nomeamento, deberán xustificar os seguintes requisitos:

- Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio das funcións para as que resultou seleccionado/a.

A non presentación da referida documentación implica a perda dos dereitos adquiridos facultando á Alcaldía-Presidencia para formalizar contrato co aspirante seguinte da lista de puntuación do Tribunal.

Logo de formalizada a proposta do tribunal e achegada a documentación polos aspirantes propostos, a Alcaldía ditará resolución de nomeamento dos aspirantes propostos e formalizará o correspondente contrato laboral para o comezo da prestación do servizo dentro do prazo de tres días.

10. Protección de datos de carácter persoal.

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos de carácter persoal que se faciliten para a participación no presente proceso de selección de persoal incorporaranse a un ou varios ficheiros, cuxo responsable é o Concello de Cabanas, onde as persoas aspirantes poderán exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación

Mediante a participación no presente proceso selectivo, as persoas aspirantes ao mesmo, consinten o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección de persoal, o rexistro de solicitudes, a cualificación de probas, a avaliación das persoas aspirantes, así como a provisión de postos e elaboración das bolsas de traballo.

Igualmente, as persoas aspirantes prestan o seu consentimento para que os seus datos persoais sexan comunicados mediante a súa exposición no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web municipal, a efectos de dar a publicidade esixida ao procedemento de selección, aos representantes dos/as traballadores/as, así como aquelas cesión autorizadas nunha norma con rango de Lei.

11. Normas finais.

Para todo o non previsto nestas Bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletoria o establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e forma establecidos na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.

12. Recursos.

Contra a Resolución da Alcaldía que aprobe as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación das presententes bases no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Con carácter potestativo e previo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Sr. Alcalde-Presidente, en virtude do establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia. Si se opta por interpoñer recurso de reposición potestativo non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses a contar dende o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, todo elo sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro que o/a interesado/a considera procedente.

 

Cabanas, 31 de maio de 2017.

O Alcalde,

Asdo: Germán Castrillón Permuy

 

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE

Don/Dona ……………………………………………………....………………, con DNI número …………......……………… e domicilio a efectos de notificación en …………………………………………………………..................……. con número de teléfono……………………..…………… e dirección de correo electrónico……………………………………………

 

EXPÓN:

Enterado/a da convocatoria para a provisión de dez prazas de persoal laboral temporal para a limpeza de praias, a tempo parcial, para os postos de Peón (8 prazas) e Capataz (2 prazas), considerando que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Bases da presente convocatoria

Peón

Capataz

 

SOLICITA:

A súa admisión ás probas de referencia, para o que acompaña a seguinte documentación, declarando coñecer as Bases que rexen a presente convocatoria, polo que se compromete ao seu cumprimento:

Copia cotexada do DNI

Copia cotexada do certificado de escolaridade.

Declaración xurada segundo o modelo adxunto no anexo II.

No seu caso, documento acreditativo, debidamento cotexado, de estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.

No seu caso, documentos xustificativos detallados no punto 8.1 das bases da convocatoria para a fase de concurso.

 

Cabanas, ………....…..........……de ………...……… de 2017.

 

Asdo:

 

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CABANAS

Cláusula xeral: De acordo co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos persoais facilitados se incorporan e manteñen nun ficheiro titularidade do Concello, coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Os devanditos datos serán tratados de xeito confidencial, podendo ser cedidos só nos casos previstos na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na medida en que a lei o permita, dos seus datos, comunicándollo por escrito ó Concello, achegando copia de documento que acredite a súa identidade.

ANEXO II

Modelo de declaración xurada

 

Don/Dona ………………………………………………………………………, con DNI número ……………………………… e domicilio a efectos de notificación en ………….........................………………………………………………. con número de teléfono…………………………………………… e dirección de correo electrónico……………………………………………, DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

 

Primeiro: Que reúno todos e cada un dos requisitos establecidos na Bases da presente convocatoria.

Segundo: Que non estou incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das previstas na lexislación vixente.

Terceiro: Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, e que non me atopo en situación de inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer función similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

E para que conste e produza os efectos oportunos no expediente de selección de persoal laboral temporal para a limpeza de praias do Concello de Cabanas para o posto de:

Peón

Capataz

asino a presente declaración, baixo a miña responsabilidade.

 

Cabanas, ………....de ………………………de 2017.

Asdo:

 

 

2017/4718

 

©2009 Deputación da Coruña