Jueves, 27 de julio · Número 141
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000006419

Administración Local

Municipal

Cabanas

Bases convocatoria para selección de operario servizos múltiples

ANUNCIO

Por Resolución da Alcaldía 384/2017, de data 12 de xullo de 2017, procedeuse á aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de operario/a de servizos múltiples do Concello de Cabanas, mediante contrato laboral temporal de interinidade, que a continuación se reproducen:

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN MEDIANTE CONTRATO LABORAL TEMPORAL DE INTERINIDADE DUN POSTO DE OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE CABANAS.

1. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a selección mediante concurso-oposición libre de persoal para cubrir mediante contrato laboral temporal de interinidade o posto vacante de operario/a de servizos múltiples, ata a súa cobertura definitiva por persoal laboral fixo, de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

O posto de traballo de referencia cubrirase en base aos criterios de publicidade da convocatoria, igualdade, mérito e capacidade dos candidatos, segundo o establecido nos artigos 91 e 103 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, Convenio laboral do Concello de Cabanas e demais disposicións de aplicación.

2. Número de prazas e características.

Convócase unha praza da categoría de operario/a de servizos múltiples, vacante na plantilla de persoal laboral fixo do Concello de Cabanas, dotada coas retribucións básicas e complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscribe a praza.

A modalidade de contratación do posto convocado será a laboral temporal de interinidade, que se estenderá até a súa cobertura definitiva por persoal laboral fixo.

As funcións a desenvolver, establecidas na Relación de Postos de Traballo, aprobada pola Corporación na sesión plenaria de data 26 de marzo de 2010, son as que a continuación se reproducen, a xornada completa:

“Desenvolver tarefas correspondentes á apertura e peche, así como traballos de mantemento ordinarios das instalacións municipais ás que se adscriba, na área da carpintería, electricidade, fontanería etc. que pola súa complexidade non esixan de traballadores cualificados. No cumprimento destas funcións estarán baixo a directa dependencia da Concellería Delegada do ramo ou da Alcaldía

- Informar o público sobre dependencias, localización de oficinas etc.

-Apoiar en actos protocolarios e recepcións, canalización do público e visitantes etc., e mesmo acompañamento durante a celebración de actos públicos.

-Vixiar, custodiar, abrir e pechar o pavillón polideportivo e as instalacións deportivas recreativas municipais en xeral, comunicando anomalías e defectos ao servizo de mantemento cando, pola súa complexidade non poidan ser reparadas polo mesmo.

-Axudar en traslados de oficina, arquivos e mobiliario.

-Coidar da orde e convivencia en dependencias públicas e aviso aos responsables cando se producen alteracións.

-Realizar pequenos traballos de mantemento e limpeza, así como reparacións das instalacións e equipos existentes, que poidan ser afrontadas por persoal sen especial cualificación técnica ou profesional.

-Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.”

3. Sistema de acceso.

Establécese o sistema de concurso-oposición libre para a súa provisión.

4. Requisitos para o acceso.

Para poder tomar parte no proceso selectivo as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

a) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter cumpridos o dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias do posto: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

d) Estar en posesión de certificado de escolaridade ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

e) Estar en posesión do permiso de conducir clase B.

f) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha administración pública, nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

g) Acreditación de coñecemento idioma galego: Nivel Celga 2 ou equivalente.

h) Presentación do xustificante de aboamento dos dereitos de exame.

5. Solicitudes.

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas, segundo modelo que se inclúe no Anexo I das presentes Bases, no Rexistro Xeral do Concello de Cabanas ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de oito días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, publicándose tamén no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na páxina web municipal.

Documentación a achegar coa solicitude:

a) Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou tarxeta de residente.

b) Copia cotexada do certificado de escolaridade ou equivalente.

c) Copia cotexada do carné de conducir B.

d) Declaración xurada segundo o modelo adxunto no Anexo III das presentes bases.

e) Xustificante do pagamento da taxa por dereitos de exame.

f) De se-lo caso, documentos acreditativos, debidamente cotexados, segundo o establecido na base 10 da presente convocatoria para a súa valoración na fase de concurso.

g) No seu caso, documento acreditativo, debidamente cotexado, de estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.

6. Dereitos de exame.

As persoas aspirantes que desexen tomar parte nas probas selectivas da presente convocatoria deberán aboar os dereitos de exame por importe de 20,00 euros, de conformidade co disposto no artigo 7 da Ordenanza Fiscal nº 28, Reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, no seguinte número de conta bancaria: ES13-2080-0201-98-3110000052, da entidade Abanca, da que é titular o Concello de Cabanas, no que se deberá expresar os datos persoais da persoa interesada e praza á que opta.

Este importe únicamente será devolto no caso de que a persoa interesada non sexa admitida ao proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo ou por presentar a solicitude fóra de prazo . En ningún caso a presentación e pago da taxa por dereito de exame suporá a substitución do trámite de presentación da instancia.

7. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas ditará Resolución declarando aprobada a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, publicándose no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na páxina web municipal.

Na devandita Resolución concederase, de se-lo caso, un prazo de tres días hábiles, para emendar erros ou emendas nos termos que establece o artigo 68 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. De non presentarse reclamacións a listaxe provisional quedará elevada a definitiva. Na mesma Resolución publicarase a composición, data e lugar de reunión do Tribunal cualificador, así como a data de inicio das probas, publicándose igualmente no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na páxina web municipal.

8. Tribunal cualificador.

O Tribunal cualificador, que estará constituído segundo os criterios establecidos no artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, estará formado polos seguintes membros:

Presidente: Un/ha funcionario/a de Administración Local pertencente a Escala de habilitación con carácter estatal, ou quen legalmente a substitúa.

Secretaria/o: Un/ha funcionario/a da Corporación.

Vogais: Tres funcionarios/as públicos/as pertencentes ao Corpo, Escala ou Categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada, ou quen legalmente os substitúa.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo á autoridade competente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. As persoas aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal Cualificador cando concorran ditas circunstancias, consonte ao artigo 24 da referida Lei.

Todos os membros do Tribunal terán voz e voto. O Tribunal non se poderá constituír nin actuar senón conta coa asistencia de máis da metade dos seus membros titulares ou suplentes, indistintamente; en todo caso requírese a presenza de Presidente e Secretario.

O Tribunal, por medio do seu Presidente, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas cos labores que estimen pertinentes, limitándose estes a prestar colaboración e ás súas especialidades técnicas. Así mesmo, o Tribunal poderá valerse de persoal auxiliar durante o desenvolvemento material dos exercicios.

O Tribunal queda autorizado para resolver cantas dúbidas poidan exporse e para adoptar os acordos que garantan a boa orde da convocatoria, en todo o non previsto polas presentes bases e pola normativa aplicable.

Os acordos do Tribunal só poderán ser impugnados polos interesados nos supostos e na forma establecida nas presentes Bases e na lexislación vixente reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As Resolucións do Tribunal cualificador vinculan á Administración, sen prexuízo de que esta, no seu caso, poida proceder á súa revisión, conforme ao previsto na lexislación vixente reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aos membros do Tribunal, ou asesores do mesmo, que concorran ás súas sesións, aboaránselles indemnizacións por asistencia nas contías establecidas na lexislación vixente.

9. Obriga dos aspirantes do concorrer ás probas.

Os aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal.

10. Características das probas selectivas.

A selección realizarase de conformidade co previsto nas presentes bases polo sistema de concurso-oposición libre.

10.1. Primeira fase: Oposición. Ata 17 puntos.

Primeiro exercicio. Proba de avaliación dos coñecementos das persoas aspirantes sobres os contidos do temario anexo, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 30 preguntas tipo test, con 3 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal sobre os temas que se citan no Anexo II.

As persoas aspirantes disporán dun tempo máximo de corenta e cinco minutos para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a nove puntos, sendo preciso acadar 4,5 puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a.

Unha vez cualificada polo Tribunal a primeira proba, procederase á publicación no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e na páxina web municipal dos resultados obtidos na mesma, outorgado un prazo de dous días hábiles a efectos de reclamacións e alegacións.

Rematado dito prazo, o Tribunal publicará o resultado da puntuación final outorgada na primeira proba da fase de oposición, convocado ás persoas aspirantes que superaran o primeiro exercicio para a realización da segunda proba, sinalando lugar, data e hora para o desenvolvemento do mesmo.

B) Segundo exercicio. Proba práctica, con carácter obrigatorio e eliminatorio. Ata 8 puntos.

Exercicio de carácter práctico que consistirá na realización de dous supostos prácticos relacionados coas funcións e contidos do posto de traballo a desenvolver, en base ao Programa establecido no Anexo II das presentes bases, durante un período máximo de vinte minutos, durante o cal o Tribunal poderá formular preguntas ou aclaracións sobre o mesmo.

Suposto 1: Cunha duración máxima de dez minutos sobre as materias establecidas no Anexo II. Puntuación de 0 a 4 puntos. Será preciso acadar un mínimo de 2 puntos para a superación do exercicio.

Suposto 2: Cunha duración máxima de dez minutos sobre as materias establecidas no Anexo II. Puntuación de 0 a 4 puntos. Será preciso acadar un mínimo de 2 puntos para a superación do exercicio.

Este exercicio cualificarase de 0 a 8 puntos, sendo necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos para non quedar eliminado/a.

Unha vez cualificada polo Tribunal a segunda proba, procederase á publicación no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello de na páxina web municipal dos resultados obtidos na mesma, outorgado un prazo de dous días hábiles a efectos de reclamacións e alegacións.

Rematado dito prazo, o Tribunal publicará o resultado da puntuación final outorgada na segunda proba da fase de oposición, convocado ás persoas aspirantes que superaran o segundo exercicio para a realización da terceira proba para aquelas persoas aspirantes que non acreditaran o coñecemento da lingua galega durante o prazo de presentación de instancias, sinalando lugar, data e hora para o desenvolvemento da mesma.

C) Proba de galego.

Aqueles aspirantes que non acrediten o coñecemento da lingua galega durante o prazo de presentación de instancias, mediante a presentación do correspondente certificado ou título Celga 2 ou equivalente, terán que realizar unha proba de galego, en base ao establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia; consistirá nun exercicio oral que versará sobre as funcións propias do posto. Este exercicio puntuarase como apto/a ou non apto/a.

10.2. Fase de concurso. Ata 6 puntos.

Nesta fase valoraranse os méritos acreditados polas persoas aspirantes que superaran as tres probas da fase de oposición, até un máximo de 6 puntos.

A) Experiencia profesional: Até un máximo de 4 puntos.

- Por cada mes completo de servizos prestados en calquera Administración Pública mediante relación laboral ou funcionarial, desempeñando as funcións recollidas na Relación de Postos de Traballo da praza convocada, 0,10 puntos/mes traballado.

No caso de desempeñar só parcialmente tarefas de mantemento de instalacións ou de vixilancia, a valoración será de 0,04 puntos/mes traballado.

Non se computarán os períodos inferiores a un mes, considerándose a estes efectos, os meses de 30 días

En caso de contratación a tempo parcial valoraranse os servizos prestados de forma proporcional.

Deberá acreditarse mediante certificado de prestación de servizos emitido polo órgano competente da Administración ou contrato de traballo e Informe de vida laboral.

No caso de non detallarse as funcións desenvolvidas na documentación aportada, non será obxecto de valoración.

- Por cada mes completo de servizos prestados en empresa privada mediante relación laboral desempeñando as funcións recollidas na Relación de Postos de Traballo da praza convocada, 0,05 puntos/mes traballado.

No caso de desempeñar só parcialmente tarefas de mantemento de instalacións ou de vixilancia, a valoración será de 0,02 puntos/mes traballado.

Non se computarán os períodos inferiores a un mes, considerándose a estes efectos, os meses de 30 días.

En caso de contratación a tempo parcial valoraranse os servizos prestados de forma proporcional.

Deberá acreditarse mediante Informe de vida laboral e contrato de traballo inscrito no Servizo Público de Emprego.

No caso de non detallarse as funcións desenvolvidas na documentación aportada, non será obxecto de valoración.

B) Formación profesional: Ata un máximo de 2 puntos.

Pola asistencia a cursos sobre materias relacionadas co posto de traballo, sempre que sexan impartidos por Administracións Públicas, Universidades e cursos oficiais derivados do cumprimento de acordos de formación continua das Administracións Públicas dentro da súa labor de formación e capacitación permanente do persoal.

Non serán obxecto de valoración os cursos de informática.

Por cada curso con duración de máis de 100 horas lectivas: 0,50 puntos

Por cada curso de duración de 51 a 100 horas lectivas: 0,40 puntos

Por cada curso de duración de 11 a 50 horas lectivas: 0,25 puntos

Por cada curso de duración igual ou inferior a 10 horas lectivas: 0,10 puntos

Non se valorarán os cursos que non especifiquen o número de horas.

Os méritos do presente apartado acreditaranse mediante copias cotexadas dos correspondentes títulos ou diplomas.

Unha vez cualificada polo Tribunal o resultado da valoración de méritos, procederase á publicación no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello de na páxina web municipal dos resultados da mesma, outorgado un prazo de dous días hábiles a efectos de reclamacións e alegacións.

Rematado dito prazo, o Tribunal publicará o resultado da puntuación final outorgada na valoración de méritos.

 

11. Puntuación final das persoas aspirantes e publicación da relación de aprobados.

Á cualificación obtida polas persoas aspirantes na fase de oposición, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios, engadirse a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.

No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dúas ou máis persoas aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios e, por último a puntuación obtida na fase de concurso, ata que o empate se resolva. De persistir o empate, este resolverase por sorteo.

Determinada a cualificación final das persoas aspirantes, o Tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no Taboleiro de Anuncios do Concello de Cabanas e na páxina web municipal, seleccionándose á persoa aspirante que alcance maior puntuación, mediante proposta de contratación que se elevará ao Presidente da Corporación.

O Tribunal non poderá seleccionar un número superior de aspirantes ao das prazas que se convocan, resultando nulo de pleno dereito calquera acordo que contraviñese o disposto nesta norma.

Confeccionarase unha bolsa de emprego daquelas persoas que superando tódalas probas do proceso selectivo non obtivesen praza, ordenadas de maior a menor puntuación, para a posible cobertura da praza convocada nos supostos de renuncia, baixa médica ou vacacións do/a titular da praza, en tanto a mesma non sexa cuberta de maneira definitiva como persoal laboral fixo a través da correspondente convocatoria.

 

12. Presentación de documentación e formalización do contrato.

Rematado o proceso selectivo o Sr. Alcalde resolverá a contratación do/a aspirante seleccionado/a, así como a formalización do correspondente contrato de traballo laboral temporal de interinidade.

Con carácter previo á formalización do contrato o aspirante seleccionado deberá achegar no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da publicación da cualificación final, a seguinte documentación:

- Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas do posto de traballo que se convoca, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

- Certificación negativa de delitos de natureza sexual, emitido polo Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, do Ministerio de Xustiza.

A non presentación da referida documentación implica a perda dos dereitos adquiridos facultando á Alcaldía-Presidencia para formalizar contrato coa persoa aspirante seguinte da lista final establecida polo Tribunal.

Achegada a documentación pola persoa aspirante proposta, a Alcaldía ditará resolución de contratación e formalizará o correspondente contrato laboral para o comezo da prestación do servizo.

Mentres non se formalice o contrato a persoa aspirante proposta non terá dereito a percepción de cantidade económica algunha.

 

13. Réxime de incompatibilidades.

A persoa aspirante contratada quedará sometida dende o momento da sinatura do presente contrato laboral ao réxime de incompatibilidades que establece a lexislación vixente nesta materia, segundo a regulación establecida na Lei 53/84, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

 

14. Carácter vinculante das bases.

As bases da presente convocatoria vinculan á Administración, ao Tribunal cualificador e ás persoas aspirantes que participen neste proceso selectivo.

 

15. Incidencias.

O Tribunal cualificador do proceso selectivo queda facultado para a interpretación das bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación; para estes efectos poderá adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

 

16. Protección de datos de carácter persoal.

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos de carácter persoal que se faciliten para a participación no presente proceso de selección de persoal incorporaranse a un ou varios ficheiros, cuxo responsable é o Concello de Cabanas, onde as persoas aspirantes poderán exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Mediante a participación no presente proceso selectivo, as persoas aspirantes ao mesmo, consinten o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección de persoal, o rexistro de solicitudes, a cualificación de probas, a avaliación das persoas aspirantes, así como a provisión do posto e elaboración da bolsa de traballo.

Igualmente, as persoas aspirantes prestan o seu consentimento para que os seus datos persoais sexan comunicados mediante a súa exposición no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web municipal, a efectos de dar a publicidade esixida ao procedemento de selección, aos representantes dos/as traballadores/as, así como aquelas cesión autorizadas nunha norma con rango de Lei.

 

17. Réxime Xurídico

Para todo o non previsto nestas Bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletoria o establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e forma establecidos na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.

 

18. Recursos.

Contra a Resolución da Alcaldía que aprobe as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación das presententes bases no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Con carácter potestativo e previo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Sr. Alcalde-Presidente, en virtude do establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia. Si se opta por interpoñer recurso de reposición potestativo non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses a contar dende o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, todo elo sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro que o/a interesado/a considera procedente.

 

Cabanas, 12 de xullo de 2017

O Alcalde,

Asdo: Germán Castrillón Permuy

 

 

ANEXO I

 

MODELO DE SOLICITUDE

 

 

Don/Dona ………………………………………………………………………..........................................…, con DNI número …………………………………… e domicilio a efectos de notificación en ……........................................………………………………………………………………………………………………………………………................................. con número de teléfono …………………………………… e dirección de correo electrónico…………………………………………….......

 

EXPÓN:

 

Enterado/a da convocatoria para a provisión dun posto de operario/a de servizos múltiples do Concello de Cabanas, mediante contratación en réxime laboral temporal de interinidade, considerando que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Bases da presente convocatoria

 

SOLICITA:

 

A súa admisión ás probas de referencia, para o que acompaña a seguinte documentación, declarando coñecer as Bases que rexen a presente convocatoria, polo que se compromete ao seu cumprimento:

 

Copia cotexada do DNI

Copia cotexada do Certificado de Escolaridade ou equivalente

Copia cotexada do carné do carné de conducir B.

Documentos acreditativos, debidamente cotexados, segundo o establecido na base 10 da presente convocatoria para a súa valoración na fase de concurso.

Declaración xurada segundo o modelo adxunto no Anexo III das presentes bases.

Xustificante do pagamento da taxa por dereitos de exame.

No seu caso, documento acreditativo, debidamente cotexado, de estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.

 

 

Cabanas, ………………de ……………… de 2017.

 

Asdo:

 

 

 

 

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CABANAS

 

Cláusula xeral: De acordo co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos persoais facilitados se incorporan e manteñen nun ficheiro titularidade do Concello, coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Os devanditos datos serán tratados de xeito confidencial, podendo ser cedidos só nos casos previstos na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na medida en que a lei o permita, dos seus datos, comunicándollo por escrito ó Concello, achegando copia de documento que acredite a súa identidade.

ANEXO II. Temario.

 

 

Parte xeral

 

1. A Constitución Española de 1978.

 

2. O Estatuto de Autonomía de Galicia.

 

3. O municipio. Territorio e poboación. Organización. Competencias. O Concello de Cabanas. Configuración xeográfica. Termo municipal. Organización municipal. Ordenanzas do Concello de Cabanas.

 

4. O procedemento administrativo local.

 

5. A función pública local. O persoal ao servizo do Concello e a súa clasificación. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Faltas e sancións dos funcionarios públicos. O procedemento disciplinario.

 

 

 

Parte específica

 

6. Albanelería. Identificación de ferramentas e materias máis habituais. Conservación e mantemento de maquinaria e ferramenta. Reparación e conservación de vías urbanas.

 

7. Electricidade. Coñecementos xerais. Funcionamento dunha instalación eléctrica. Instalación de interruptores. Tubos fluorescentes. Reparación de avarías nas luminarias públicas e nas instalacións municipais. Coñecemento de cadros eléctrios e manexo dos mesmos.

 

8. Fontanería. Coñecementos xerais. Materias e ferramentas. Reparacións habituais na conservación de edificios públicos.

 

9. Pintura. Conceptos fundamentais. Clasificación. Ferramentas e materias. Preparación de superficies.

 

10. Mantemento en carpintaría e cerrallería.

 

11. Xardinaría. Maquinaria e ferramenta de xardinaría. Limpeza e coidado de xardíns, plantación, semente, sistemas de rego, podas. Os abonos: tipos, aplicación e dosificación.

 

12. Lei 31/1995, de 8 de novemrbo, de Prevención de Riscos Laborais.

 

 

ANEXO III. Declaración xurada.

 

 

Don/Dona ………………………………………………………………………….............................………………, con DNI número …………………………………….. e domicilio a efectos de notificación en …………………..........................................……………………………………………………………………………………. con número de teléfono……………………… e dirección de correo electrónico……………………………………………................................................,

 

 

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

 

 

Primeiro: Que reúno todos e cada un dos requisitos establecidos nas Bases da presente convocatoria.

 

Segundo: Que non estou incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das previstas na lexislación vixente.

 

Terceiro: Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, e que non me atopo en situación de inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer función similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

E para que conste e produza os efectos oportunos no expediente de selección de persoal temporal, do Concello de Cabanas para o posto de Operario/a de servizos múltiples, asino a presente declaración, baixo a miña responsabilidade.

 

 

Cabanas, …………………, de ………………………de 2017.

Asdo:

 

 

 

 

 

 

 

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CABANAS

 

2017/6419

 

©2009 Deputación da Coruña