Lunes, 14 de agosto · Número 153
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2017_0000006940

Administración Local

Municipal

Cabanas

Adxudicación contrato obra

ANUNCIO

Anuncio de formalización do contrato administrativo de execución da obra “Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 do edificio O Penso, 2ª fase”.

En data 7 de agosto de 2017 formalizouse en documento administrativo o contrato de execución da obra “Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 do edificio O Penso, 2ª fase”, o que se publica consonte ao prego e aos efectos do artigo 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Entidade adxudicadora

Organismo: Concello de Cabanas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Número de expediente: 28/16.

Perfil do contratante: www.cabanas.gal

Obxecto do contrato

Tipo de contrato: contrato administrativo de obra

Descrición: Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 do edificio O Penso, 2ª fase”.

Código CPV: 45210000

Tramitación e procedemento

Tramitación: Urxente

Procedemento: Aberto

Orzamento base de licitación

Importe neto: 312.624,90 €.

IVE: 65.651,23 €.

Importe total: 378.276,13 €.

Adxudicación

Órgano e data: Pleno da Corporación , 13 de xullo de 2017.

Contratista: Covisam Norte S.L.

Importe total de adxudicación: 260.736,73 €.

Prazo de execución: 117 días naturais.

Data de formalización: 7 de agosto de 2017.

 

Cabanas, 8 de agosto de 2017.

O Alcalde,

Asdo.: Germán Castrillón Permuy

2017/6940

 

©2009 Deputación da Coruña