Administración Local
Municipal
Boiro
Aprobación definitiva da modificación Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
ANUNCIO DE APROBACION DEFINITIVA DA MODIFICACION ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
En virtude de Decreto dictado por esta Alcaldía-Presidencia no día de hoxe foi elevado a definitivo o acordo adoptado polo Pleno desta Corporación en sesión de data 28/11/2011 relativo á aprobación inicial da modificaicón da Ordeannza Fiscal reguladora do IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIONS E OBRAS, toda vez que, rematado o prazo de 30 días hábiles de exposición pública do expediente, non foron presentadas reclamacións en ningún dos expedientes, motivo polo que, de conformidade co previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, en relación co artigo 17.2 do R.D.Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas locais, se procede á publicación do acordo e das modificacións aprobadas definitivamente.
ACORDO DE APROBACIÓN DEFINITIVO
“Primeiro.- Aprobar inicialmente a modificación do artigo 3.3 da Ordenanza Fiscal nº 5 reguladora do Imposto sobre construcción instalacións e obras, quedando redactado do seguinte xeito:
3.- A tarifa do imposto será a seguinte:
|
Tipo de gravamen |
|
|
Epígrafe 1º.- Actividade de construcción que afecte a bens inmobles de características especiais (BICESPS) |
3,5 % |
|
Epígrafe 2º. Calquera outra actividade de construcción non incluida no epígrafe 1º.- |
2,8% |
Segundo.- Que se publique o anuncio de exposición ao público no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Anuncios da Casa Consistorial e nun diario dos de maior difusión da provincia, para que, durante o prazo de trinta días os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 17.1 e 17.2 do TRLRFL.
Terceiro.- No caso de non presentarse alegacións durante a fase de exposición ao público, en cumprimento do disposto no artigo 17.3 do TRLRFL, o acordo provisional entenderase elevado automaticamente a definitivo sen necesidade de acordo plenario.
Cuarto.- En cumprimento do disposto no artigo 17.4 do TRLRFL, os acordos definitivos refiridos no apartado 3 do mentado artigo, incluíndo os provisionais elevados automaticamente a tal categoría, e o texto íntegro das Ordenanzas e/ou das suas modificacións, terán que ser publicados no BOP sen que entren en vigor ata que se produza tal publicación.
Boiro, 18 de xaneiro de 2012
Asdo. O alcalde-Presidente
Juan José Dieste Ortigueira
2012/567