Administración Local
Municipal
Dodro
Anuncio de aprobación definitiva da Ordenanza da taxa por servizo de recollida do lixo
Administración Local
Municipal
Dodro
Anuncio de aprobación definitiva da Ordenanza da taxa por servizo de recollida do lixo
ANUNCIO
Aprobación definitiva da Ordenanza da taxa por servizo de recollida do lixo
O Pleno municipal, na sesión ordinaria que se celebrou o día 17 de xullo de 2014, aprobou provisionalmente a modificación da Ordenanza da taxa por servizo de recollida do lixo.
Logo de transcorrer o prazo de exposición pública do acordo de aprobación inicial da modificación da ordenanza (BOP núm. 145, do 1 de agosto de 2014), ao non se presentar ningunha alegación, considérase aprobada definitivamente, ao abeiro do establecido no artigo 49.c) da Lei reguladora das bases de réxime local.
Consonte co previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e para os efectos da súa entrada en vigor, publícase o texto íntegro da ordenanza fiscal modificada:
ORDENANZA DA TAXA POR SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO
Artigo 1.–Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 3 do Real decreto lexislativó 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a “taxa por recollida do lixo”, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, normas que atenden ó prevenido no artigo 57 do devandito Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2.–Feito impoñible.
1.–Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria da recollida do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos.
2.–A tal efecto, considéranse lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos, os restos e desperdicios de alimentación ou “detritus” procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, “detritus” humanos, e materiais contaminados e corrosivos, perigosos ou aqueles que a recollida ou verquido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
Artigo 3.–Suxeitos pasivos.
1.–Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, de precario, así como propietarios de vivendas ou locais desocupados por temporadas.
2.–Terán a consideración de suxeito substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poden repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.
Artigo 4.–Responsables.
1.–Responderán solidariamente das obrigacións tributaria do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, xeral tributaria.
2.–Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, xeral tributaria.
Artigo 5.–Tarifas.
As tarifas sinaladas teñen carácter irreductible e corresponden a un ano.
No caso de que nunha mesma edificación coexistan distintos tipos de usos, deberase aboar, indistintamente á súa titularidade, a tarifa correspondente a cada un dos usos.
En caso de varias actividades no mesmo local, deberase aboar a tarifa pola actividade que lle corresponda un maior importe.
|
TARIFAS |
PRECIO ANUAL |
|
Vivendas |
59,40 € |
|
Bares, Despachos profesionais, panaderías e outros |
119 € |
|
Mesons, Restaurantes - Café especial Oficinas Bancarias Carpintería, madeira e metal Casas de Turismo Rural |
238 € |
|
Tendas, ultramarinos, comercio en xeral Talleres sen exposición |
142,80 € |
|
Talleres con exposición Hostais Farmacias |
178,50 € |
|
Hoteis ata 10 habitacións |
357,00 € |
|
Hoteis de máis de 10 habitacións |
414 € |
|
Industrias, naves comerciais, fábricas e empresas de transportes Gasolineiras |
380,80 € |
|
Locais non expresamente tarifados |
59,40 € |
Artigo 6.–Devengo.
1.–Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servizo entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida do lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.
2.–O período impositivo coincide co ano natural. Establecido e en funcionamento o referido servizo, as cotas devengaranse o primeiro día de cada ano natural, agás que o devengo da taxa se producíra con posterioridade a dita data, en cal caso a primeira cota devengarase o primeiro día do ano natural seguinte.
Artigo 7.–Declaración e ingreso.
1.–Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data en que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición na matrícula, presentado, ó efecto, a correspondente declaración de alta.
2.–Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos que figuran na matrícula, levaranse a cabo nestas as modificacións correspondentes, que terán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data en que se efectuara a declaración.
3.–O cobro das cotas efectuarase semestralmente mediante recibo derivado da matrícula.
Artigo 8.–Infraccións e sancións.
Para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos arts.183 e seguintes da Lei 58/2003 de 17 de decembro, xeral tributaria, conforme ó que se establece no artigo 11 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Disposicion final
A modificación da presente Ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa
Contra esta aprobación definitiva, pódese interpoñer o recurso contencioso-administrativo, segundo o disposto na lexislación vixente.
Dodro, 10 de setembro de 2014.
O alcalde
Valentín Alfonsín Somoza
2014/9732