Luns, 1 de xullo de 2019 · Lunes, 1 de julio de 2019 · Número 122
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2019_0000005151

Administración Local

Municipal

Coirós

Corrreción de anuncio erróneo sobre aprobación definitiva Ordenanza recollida de lixo ou residuos sólidos urbanos de Coirós

A N U N C I O

Aprobación definitiva de modificación de ordenanza fiscal.-

Por error, no BOP de 15 de maio de 2019 número 91) foi publicado anuncio sobre este tema que no correspondía, por non adaptarse ao realmente aprobado polo Pleno Municipal e exposto ao público no BOP de 21 de marzo de 2019. Polo que o texto correcto que se publica é o seguinte:

“O Pleno da Corporación Municipal, o pasado día catorce de marzo de dous mil dezanove, aprobou inicialmente a modificación do apartado 2 do artigo 5 da ordenanza fiscal reguladora da Taxa sobre recollida de lixo ou residuos sólidos urbanos; de Coirós.-

De conformidade co artigo 17 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, foi exposta ao público durante o prazo de 30 días, durante os que ninguén presentou reclamación ou alegación algunha, polo que esta modificación da ordenanza fiscal se considera definitivamente aprobada. Polo tanto o texto do apartado 2 do artigo 5 da ordenanza queda como segue:

“2.- As cotas a aplicar, por ano, serán as siguintes:

- Por cada vivenda ............................................................................. 57.00 €

- Oficinas e despachos ...................................................................... 57.00 €

- Establecimentos comerciais e industriais:

De menos de 200 m2 ......................................................... 142.50 €.

De >200 y <400 m2 ........................................................... 199,50 €

De >400 y <1000 m2 ......................................................... 256,50 €

De >1000 y <5000 m2 ....................................................... 342,00 €

De >5000 m2 .................................................................... 665,00 €

- Bares, Cafeterías e Restaurantes .................................................... 95,00 €.

- Clubs, Salas de Festas e similares ................................................ 285,00 €.”

A presente modificación da ordenanza fiscal, entrará en vigor dende o un de xaneiro de dous mil dezanove unha vez sexa publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.”

 

Coirós, dez de maio de dous mil dezanove

O ALCALDE

Asdo.: Francisco Quintela Requeijo

2019/5151

 

©2009 Deputación da Coruña