Administración Local
Municipal
Cerdido
Modificación da Ordenanza fiscal da taxa pola recollida de lixo
Acordo definitivo de aprobación da modificación da Ordenanza fiscal da taxa pola recollida de lixo, aprobado por acordo do Pleno do dia 22 de outubro de 2019 e dado que non se presentaron alegacións no período de información ao público anunciado no BOP 31/10/2019, entenderase o acordo provisional, definitivamente adoptado, procedendo a súa publicación e o texto íntegro da ordenanza no BOP.
Expediente administrativo: 2019/G014/000001
Trámite da modificación da Ordenanza fiscal da recollida de lizo
Exposición de motivos
Motivado pola unha banda a necesidade de adaptar o texto da Ordenanza reguladora da Taxa polo servizo de recollida de lixo, que data a sua redacción orixinal do ano 1991 á lexislación actual de residuos e o resto do bloque normativo aplicable en materia tributaria e de facendas locais e por outra banda a necesidade de adaptar as cotas tributaria a cantidade que se vaian aproximando a sufragar o custo do servizo, esta Alcaldía propón a adopción do seguinte acordo:
Primeiro.–Aprobar provisionalmente a modificar os seguintes artigos da Ordenanza reguladora da taxa polo servizo de recollida de lixo, que quedan redactados do seguinte xeito:
Artigo 1.–Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 d o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante RDL 2/2004), este Concello establece a “taxa por recollida de lixos”, que rexerá por medio de ordenanza fiscal.
Artigo 2.–Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa de prestación de servizo de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Cerdido.
Quedan fora do ámbito de aplicación da presente ordenanza os residuos que, procedentes de calquera actividade ou servizo, estean incluídos pola normativa legal e regulamentaria de aplicación dentro dos considerados como tóxicos ou perigosos. As obrigas específicas que necesariamente deberán cumprir os produtores ou posuidores desta clase de residuos, serán as establecidas no artigo 20 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de Residuos e Solos contaminados e Lei 10/2008 de 3 de novembro de residuos de Galicia.
2. Entenderase de recepción obrigatoria o servizo prestado a tódalas vivendas, locais e establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados. En consecuencia, todos eles tributan unha cota mínima de dispoñibilidade do servizo.
3. Considéranse, a efectos desta ordenanza, de conformidade co artigo 4.2 da Lei 10/2008 de residuos de Galicia residuos urbanos ou municipais, os xerados nos domicilios particulares, comercios oficinas e servizos, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que, pola súa natureza ou composición poidan asimilarse aos producidos nos anteriores lugares ou actividades.
Artigo 3.–Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos das taxas, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades que presten ou realicen as entidades locais, de conformidade co artigo 23.1 do RDL 2/2004.
En consecuencia, son suxeitos pasivos contribuíntes nesta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria,que ocupen ou utilicen as vivendas, establecementos e instalacións de calquera uso, sexa a título de propietario ou usufrutuario, habitacionista ou arrendatario.
2. Terán a condición de substitutos do contribuínte, nas taxas establecidas por razóns de servizos ou actividades que beneficien ou afecten aos ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios de ditos inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios, de conformidade co artigo 23.2, do citado RDL 2/2004.
Artigo 4.–Responsables.
1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5.–Exencións.
De conformidade co establecido no artigo 24.4 do RDL 2/2004 gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes cuxos ingresos familiares no rebasen o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Para obter dereito á obtención destes beneficios, o interesado deberá estar empadroado e residir na vivenda para a que solicita o beneficio. Precisarase informe dos servizos sociais e acordo da corporación.
Artigo 6.–Cota tributaria.
1.–A cota tributaria consistirá en unha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2.–A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa: conceptos.–Categoría única.
Epígrafe 1.º.–Vivendas.–Por cada vivenda: 60 € (enténdese por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non excedan de dez prazas).
Epígrafe 2.º.–Establecementos turísticos.–Hoteis, hostais, casas rurais, pensións, restaurantes con locais superiores a 120 metros cadrados, 170.00 €.
Epígrafe 3.º.–Establecementos comerciais e mercantís con uso diferente a vivenda con locais superiores a 120 metros cadrados e bares sen comedor: 105,00 €.
Epígrafe 4.º.–Outros establecementos comercias e mercantís con uso diferente a vivenda e cunha superficie menor a 120 metros cadrados: 80,00 €.
As cotas sinaladas na tarifa teñen carácter irredutible e corresponden a doce meses, que se fraccionarán en dúas cotas semestrais.
Cerdido, 17 de decembro de 2019.
O alcalde
Benigno Galego Castro
2019/10136