Castelán
Galego

  |  

www.dacoruna.gal

Martes, 10 de novembro de 2026

BOP

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

Solicitude de altas esporádicas de anuncios para usuarios non rexistrados

Este formulario permite aos usuarios non rexistrados realizar a alta dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

O uso deste módulo é excepcional, mentres o anunciante aínda non está rexistrado na Oficina Virtual do Boletín, e limitado á remisión de 4 anuncios ao ano. En caso de superar os catro anuncios, debe rexistrarse para usar o Acceso a anunciantes.

(Normas de xestión do BOP da Coruña, aprobadas por Resolución da Presidencia número 33.609, do 29 de outubro de 2020, BOP número 184, de 2 de novembro de 2020. Capítulo III: PRESENTACIÓN DE ANUNCIOS).

Para calquera dúbida ou aclaración, non dubide en contactar connosco no enderezo bop@dacoruna.gal ou chamando aos teléfonos 981415025 - 981415023.

Para acceder ao formulario é necesario seleccionar a administración anunciante e confirmar a autorización de sinatura e inserción, dispoñer dun certificado dixital, consentir o tratamento dos seus datos personais e presionar "Acceder ao formulario".

Os datos serán tratados pola Deputación da Coruña con dirección en Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, para xestionar a solicitude de altas esporádicas de anuncios para persoas usuarias non rexistradas do Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais baséase no cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento e os datos poderán ser comunicados ás Administracións Públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obrigación legal.
A Deputación conservará os datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar da finalidade exposta e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.
As personas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se consideran que o presente tratamento incumpre o establecido no RXPD poden presentar unha reclamación ante a AEPD.
Para calquera outra dúbida relacionada coa protección de datos as persoas interesadas poden dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal