O Depósito Legal é a obriga de depositar nunha ou varias axencias especificadas, exemplares das publicacións de todo tipo, reproducidas en calquera soporte, por calquera procedemento para distribución pública, aluguer ou venta. Na actualidade os impresores ou produtores de publicacións son os suxeitos obrigados a efectuar o Depósito Legal en España.
Os principais obxectivos do Depósito Legal son:
* A recompilación e preservamento dunha colección nacional de materiais
bibliográficos de todo tipo.
* A redacción e publicación da bibliografía nacional.
* O control estatístico da produción editorial.
* A constitución de coleccións bibliográficas rexionais ou locais.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña ten a obriga de efectuar o
Depósito Legal e o seu número é o C-1-1958.