Mércores, 17 de setembro de 2025 · Miércoles, 17 de septiembre de 2025 · Número 177
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2025_0000005948

Administración Local

Municipal

Oleiros

Persoal

Convocatoria do proceso selectivo para cubrir os postos de persoal docente para impartir cursos AFD

Convocatoria e bases para a contratación laboral temporal do persoal docente para impartir os cursos AFD e os correspondentes módulos transversais no Concello de Oleiros, aprobadas por resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2025004517, do 11 de setembro de 2025.

1.- Convócanse os procesos selectivos para a selección de docentes para impartir as seguintes accións formativas para persoas desempregadas e os seus correspondentes módulos transversais:

Cursos:

COCIÑA – HOTR0408 (730 h).

ATENCIÓN SOC. SANIT. PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS - SSCS0208 2 edicións, unha en horario de mañá e outra en horario de tarde (370 h cada un dos cursos).

ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA - AGARO0108 (330 h).

Módulos transversais:

INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO - FCOO03

FORMACIÓN PARA A IGUALDADE – FCOXXX24

2.– Os procesos selectivos rexeranse polas bases para a selección do persoal docente para impartir cursos AFD do Concello, aprobadas por resolución da 2ª tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2025003933, do 6 agosto (BOP nº 153, do 13 de agosto de 2025).

3.- As persoas interesadas poderanse presentar para impartir a totalidade de cada curso ou para algún dos módulos formativos, sempre e cando se cumpran os requisitos de titulación e /ou experiencia que figuran nas bases.

4.- Para presentarse aos cursos ou a algún/s dos seus módulos é necesario tramitar unha solicitude por cada acción formativa.

5.- Para presentarse aos dous módulos transversais bastará cunha única solicitude na que se indique tal circunstancia.

6.- De acordo co nivel de titulación mínimo esixido para a participación en cada un dos procesos, o importe da taxa para participar será o correspondente ao subgrupo C1 (19,55 €).

7.- A contratación do persoal seleccionado estará condicionada á obtención por parte do Concello –para cada unha das accións formativas- da subvención prevista na Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 8 de xullo de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de acción formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025-2026 (DOG nº 130, do 9 de xullo de 2025).

8.- A non contratación do persoal seleccionado pola causa prevista no parágrafo anterior será motivo de devolución das taxas por dereitos de exame aboadas para impartir as accións formativas que non se realicen, previa solicitude das persoas interesadas.

9.- O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 

Oleiros, 11 de setembro de 2025.

A segunda tenente de alcalde delegada de Persoal

Margarita Figueroa Vázquez.

2025/5948

 

©2009 Deputación da Coruña