Luns, 22 de setembro de 2025 · Lunes, 22 de septiembre de 2025 · Número 180
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2025_0000006083

Administración Local

Municipal

Oleiros

Urbanismo

Acordo de necesidade de ocupación do proxecto de expropiación forzosa de terreos para a execución da obra de senda peonil e ciclista Naval-Canide (Expediente 2024/PLANEAM/000003 - FG Nº 729)

ANUNCIO

Acordo de necesidade de ocupación do PROXECTO DE EXPROPIACIÓN FORZOSA DE TERREOS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE SENDA PEONIL E CICLISTA NAVAL-CANIDE (Expediente 2024/PLANEAM/000003 - FG Nº 729)

Mediante decreto da Alcaldia núm. 2025002946 do 10 de xuño, acordouse declarar a necesidade de ocupación dos bens do proxecto de expropiación de terreos para a execución da senda peonil e ciclista Naval-Canide, asinado polo arquitecto municipal con data 14 de marzo de 2025.

Apróbase tamén definitivamente a relación completa e individualizada dos bens afectados polo expediente expropiatorio. Dita relación xunto co proxecto pode consultarse na web do concello, na área de Urbanismo – Trámites de información pública.

Así mesmo solicítase ás persoas titulares de dereitos afectados que aínda non acreditaron a titularidade das parcelas presenten os correspondentes títulos de propiedade.

 

Oleiros, 12 de xuño de 2025

Ángel García Seoane

Alcalde-Presidente

2025/6083

 

©2009 Deputación da Coruña