Martes, 7 de outubro de 2025 · Martes, 7 de octubre de 2025 · Número 191
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2025_0000006438

Administración Local

Municipal

Oleiros

Área Económica

Exposición pública padróns provisionais prestación patrimonial pola prestación dos servizos de auga e tratamento e depuración de augas residuais, taxa de sumidoiro e canon da auga relativos ao 3º trimestre do 2025 zona “A”

ANUNCIO

Aprobación dos padróns da taxa de sumidoiro, das prestacións patrimoniais de carácter público non tributario pola prestación dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable e tratamento e depuración de augas residuais, así como do canon da auga da Xunta de Galicia correspondentes ao 3º trimestre do 2025 relativo ós inmobles sitos na Zona “A” (Parroquias de Iñás, Nos, Dorneda, Liáns (excepto Urbanización Os Regos).

ÓRGANO E DATA DE APROBACIÓN: Resolución da 1ª Tenente de Alcalde-Delegada de Economía e Facenda núm. 2025004877, de data 30 de setembro do 2025, rectificada por Resolución da 1ª Tenente de Alcalde-Delegada de Economía e Facenda núm. 2025004893, de data 1 de outubro do 2025.

LUGAR E PRAZO DE EXPOSICIÓN (artigo 102.3 da Lei 58/2003): Facenda Local (Avda. Francisca Herrera, 3-Oleiros). Prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

PRAZO DE INGRESO EN VOLUNTARIA: Do 1 de outubro do 2025 ao 30 de novembro do 2025. Transcorrido o prazo de ingreso en voluntaria sen que se efectúe o ingreso, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, co recargo, xuros de demora e costas de exacción que procedan. A esixencia do canon da auga pola vía de constrinximento, realizarase pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

RECURSOS CONTRA AS LIQUIDACIÓNS DE TAXAS DE AUGA E SUMIDOIRO: Recurso de reposición ante esta Alcaldía no prazo DUN MES contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de A Coruña. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.

RECURSOS CONTRA AS LIQUIDACIÓNS DE CANON DA AUGA: Reclamación económico administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda da Xunta de Galicia), no prazo DUN MES contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón.

 

Oleiros, a 1 de outubro do 2025

A 1ª Tte. Alcalde-Delegada de Economía e Facenda

Asdo.: Mª. José Varela Neira

2025/6438

 

©2009 Deputación da Coruña