Administración Local
Municipal
Oleiros
Área Económica
Exposición pública do acordo inicial de modificación das Ordenanzas fiscais 1, 2, 3, 5, 6, 10, 11, 12 e 27 e Ordenanza da prestación patrimonial de carácter público non tributario servizo auga potable (acordo plenario de data 30 de outubro do 2025)
ANUNCIO
Aprobación inicial de modificación de Ordenanzas.
O Pleno do Concello en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de outubro do 2025 adoptou os seguintes acordos:
- Modificación do artigo 7º da Ordenanza Fiscal número 1, reguladora da Taxa por expedición de documentos administrativos.
- Modificación do artigo 5º da Ordenanza Fiscal número 2, reguladora da Taxa por licencias de autoturismos e demais vehículos de aluguer.
- Modificación do artigo 6º da Ordenanza Fiscal número 3, reguladora da Taxa por licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas.
- Modificación do artigo 6º da Ordenanza Fiscal número 5, reguladora da Taxa polos servizos especiais, de extinción de incendios, emerxencias e outros análogos.
- Modificación do artigo 6º da Ordenanza Fiscal número 6, reguladora da Taxa de cemiterio municipal.
- Modificación do artigo 2º da Ordenanza Fiscal número 10, reguladora do Imposto sobre bens inmobles.
- Modificación do artigo 4º e Anexo da Ordenanza Fiscal número 11, reguladora do Imposto sobre construcións, instalación e obras e incorporación de Disposición Adicional.
- Modificación do artigo 1º da Ordenanza Fiscal número 12, reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
- Modificación dos artigos 5º, 7º e 8º da Ordenanza número 15, reguladora da prestación patrimonial de carácter non tributario pola prestación do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e outras actividades conexas a este.
- Modificación do artigo 6º da Ordenanza Fiscal número 27, reguladora da Taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
De conformidade co disposto no artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e nos artigos 49, 65.2 e 70 da Lei 7/1985, reguladora das Bases de Réxime Local, ponse en coñecemento xeral que os citados acordos, co seu respectivo expediente, están expostos ó público na Intervención Xeral do Concello de Oleiros, sita en Avda. Francisca Herrera, 3 – 15173 – Oleiros, en horario de 8:30 a 13:00 horas, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partires da publicación deste anuncio, con fin de que os interesados poidan formular dentro do citado prazo as alegacións ou suxestións que estimen oportunas. No caso de non presentarse reclamacións, os acordos relativos a modificación de ordenanzas fiscais entenderanse elevados automaticamente a definitivos e se procederá á publicación do texto íntegro dos artigos modificados. En canto aos acordos relativos a ordenanzas non fiscais, no caso de non presentarse reclamación entrarán en vigor unha vez publicado o texto íntegro dos artigos modificados e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
Oleiros, a 31 de outubro do 2025
A 1ª TTE. ALCALDE-DELEGADA DE ECONOMÍA E FACENDA
Asdo.: Mª. José Varela Neira
2025/7184